Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller
O sábado 10 de marzo de 2018 levouse a cabo o primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que será realizado na cidade de Ourense en colaboración coa concellería de Igualdade da cidade. Este evento foi unha das actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia, que se cumpre o 8 de marzo. Nel traballouse na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un wikimaratón é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que inclúan unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.
Cando, onde e como
editarA actividade tivo lugar o 10 de marzo de 2018 na Biblioteca Pública de Ourense, podes ver aquí a súa localización.
Comezou ás 10:30 e desenvolveuse durante toda a mañá (máis abaixo podes ver o programa).
Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir de forma presencial. Así, amais de editar, é posible coñecer outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto.
Programa de actividades
editarPrograma provisional
- 10:30 - 11:30 Obradoiro de iniciación á edición na Galipedia
- 11:30 - 12:15 Wikimaratón de artigos
- 12:15 - 12:30 Pausa para café
- 12:30 - 13:30 Wikimaratón de artigos
- 13:30 - Wikitorta quince aniversario da Galipedia
Información para participantes
editarCuestións xerais
editarTanto se optas por achegarte ata Ourense, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.
Non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches no programa que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.
E tampouco fai falta que cargues co teu equipo: no local temos á nosa disposición ordenadores de sobremesa para que poidamos traballar a gusto. Pero se estás moi afeito ao teu portátil, tamén podes traelo: nós fornecerémosche a conexión á rede sen fíos para que poidas traballar.
Recomendación ós novos editores: levar xa creado o propio usuario.
- Accedendo á páxina principal e, na parte superior dereita, premendo en Crear unha conta
- Cubrir os campos solicitados (os únicos obrigatorios son o nome e contrasinal), e tras premer en Crear a conta xa tes o teu usuario.
- Importante: Non esquecer o voso nome de usuario e o contrasinal.
As compañeiras da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela fixeron un pequeno videotitorial que pode serche de axuda para abrir conta en Galipedia e facer o teu rexistro como participante no wikimaratón. Pódelo consultar acó e tamén nesta mesma páxina, á esquerda.
Unha cousa que si podes traer, e sería moi interesante, é algún libro sobre as biografías de mulleres nas que imos traballar. Hai varias recompilacións dispoñibles con información sobre o tema, e moitos libros que profundizan na vida e obra de moitas delas. Toda esta información é de moita utilidade para achegar contido ós artigos e tamén para usar como fonte para engadir as referencias axeitadas.
Tamén é importante que teñas en conta a Política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia.
Axudas co galego
editarOs artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.
Artigos propostos
editarPara coordinarnos, e non facer varias veces o mesmo traballo, o mellor é que antes de comezar a traballar nun artigo lle poñas o aviso {{En uso}}. Para iso só tes que editar o artigo dándolle á pestana editar a fonte, engadas ó comezo o texto {{En uso}} e premas no botón Publicar os cambios (debaixo da ventá) para gardar esa modificación. Deste xeito aparecerá unha mensaxe de aviso de que ese artigo xa está a ser modificado. Cando remates as túas edicións, lembra eliminar o aviso do mesmo xeito. |
Podes participar de varias maneiras:
- Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
- Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos recursos que poñeremos ao teu dispor.
Se queres podes propor máis artigos modificando estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.
Cando remates de amañar ou crear un artigo, por favor, engade na columna de "Notas" o texto {{Feito}} para poder saber de forma sinxela o traballo que fixemos neste wikimaratón.
Galegas
editar- Véxase tamén: Wikipedia:Wikiproxecto galegas.
Nesta lista engadiremos os artigos sobre mulleres galegas sobre os que podemos traballar. Uns xa existen e poden revisarse e ampliarse, e outros non existen e habería que crealos.
Tamén podes atopar outros artigos a crear en Álbum de Mulleres.
Hai outras listas máis no Wikiproxecto galegas. Unha delas é de galegas que non teñen artigo na Galipedia pero si nas wikipedias doutras linguas. Podes facer unha tradución dos artigos das outras linguas.
Artigo | Avisos | Provincia | Notas | |
---|---|---|---|---|
1 | Inés de Castro | faltan referencias | ||
2 | Ángeles Alvariño | coruñesa | ||
3 | Antonia Ferrín | ourensá | ||
4 | Manuela Barreiro Pico | formato wiki | luguesa | |
5 | Rita Fernández Queimadelos | pontevedresa | ||
6 | Carme Adán | |||
7 | Obdulia Díaz | ourensá | Novo artigo Feito! Foto da escultura "Torre do Baño" na praza de Saco y Arce, Ourense Feito! | |
8 | Irmás Touza | ourensá | Feito!, novo artigo (ver libro Memoria de Ferro na sección biblioteca do wikimaratón) | |
9 | Marián López Fernández-Cao | pontevedresa | Feito!, novo artigo | |
10 | Asunta Rodríguez | lucense | Feito!, novo artigo | |
11 | Magis Iglesias | pontevedresa | Feito!, novo artigo | |
12 | María Lama Trigo | pontevedresa | Feito!, novo artigo | |
13 | Eva Veiga | coruñesa | ||
14 | Leticia Iglesias | ourensá | Feito!, novo artigo | |
15 | Helena de Carlos | ourensá | ||
16 | Fátima Rodríguez | coruñesa | Feito!, novo artigo | |
17 | Asunción Montijano | lucense | Feito!, novo artigo | |
18 | Paula Gallego | coruñesa | Feito!, novo artigo | |
19 | Cuqui Piñeiro | pontevedresa | Feito!, novo artigo | |
20 | Docha Rioboo | coruñesa | artigo en es.wiki | |
21 | Sofía Oriana Infante | coruñesa | Feito!, novo artigo | |
22 | Silvia Penide | coruñesa | artigo en es.wiki | |
23 | Sabela Arias Castro | curto de máis | luguesa | artigo en es.wiki |
24 | Ana Arias Saavedra | luguesa | ||
25 | Carmen Babiano | faltan referencias Feito! | coruñesa | artigo en es.wiki |
26 | María Abel Diéguez | atleta olímpica (Lugo 1974) GEG | ||
27 | María Dolores Acevedo | luguesa | escritora rosa (Lugo 1932) GEG | |
28 | Paloma Acuña Fernández | directora dos Museos Estatais (Vigo 1946) GEG Feito!, novo artigo | ||
29 | Ágape | nobre que propagou as doutrinas gnósticas GEG | ||
30 | Matilde Albert Robatto | coruñesa | escritora (Mugardos 1940) GEG | |
31 | Rosario Álvarez de Sotomayor | pintora (Oleiros 1921) GEG Feito! | ||
32 | Ángeles Barreiro Rico | GEG | ||
33 | María Victoria Díaz Riva | Álbum da JAE | ||
34 | Carmén López-Cortón | Álbum da JAE | ||
35 | Sofía Novoa | Álbum da JAE | ||
36 | Paz Parada Pumar | Álbum da JAE | ||
37 | Olga Moreiras Tuni | Novo artigo Feito! Álbum da Ciencia | ||
38 | Carmen Arias López | Álbum da Emigración | ||
39 | Elsa Fernández González | Álbum da Emigración | ||
40 | Juana Rouco Buela | Álbum da Emigración | ||
41 | Josefina Fernández Mosquera | historiadora | ||
42 | Eva Carrera | Colección Afundación | ||
43 | Almudena Fernández Fariña | Colección Afundación | ||
44 | Ana García Pan | Colección Afundación | ||
45 | Ana Legido Soto | Colección Afundación | ||
46 | Celsa Ferrín Moreiras | ourensá | ||
47 | Olimpia Valencia | incluír máis referencias (Galiciana) | ourensá | Feito! |
48 | Carmen Gurriarán | ourensá | Feito!, novo artigo (soprano.resumo biográfico acó e outra fonte) | |
49 | María Martinón Torres | ourensá | Feito!, novo artigo (paleoantropóloga) | |
50 | Carmen Blanco | escritora luguesa | Feito! | |
51 | Eugenia Pereira Rodríguez | crear | ourensá | Feito!, novo artigo (primeira licenciada en Farmacia en Santiago en 1922) |
52 | Pilar Wirtz Molezún | crear | coruñesa | monxa da Compañía de María e editora de Encrucillada |
53 | Carmen Agulló Díaz | ourensá | Feito!, novo artigo | |
54 | Aurora Gil | coruñesa | Feito!, novo artigo | |
55 | A banda da Loba | Feito!, novo artigo | ||
56 | Chelo García-Cortés | ourensá | Feito!, novo artigo | |
57 | María Cofán Soto | ourensá | Feito!, novo artigo | |
58 | Irene Milleiro Díaz | pontevedresa | Feito!, novo artigo | |
59 | Amalia Sofía Osorio Delgado | ourensá | Feito!, novo artigo | |
60 | María del Rosario Álvarez | coruñesa | Feito!, novo artigo |
Outros artigos
editarAquí podes ver unha lista de artigos sobre os que tamén podemos traballar no wikimaratón, os artigos foron escollidos porque son de calidade ou bos na Wikipedia en castelán ou inglesa.
Artigo | Avisos | Notas | |
---|---|---|---|
1 | Día Internacional da Muller | Actualizar co paro internacional de mulleres 2018 | |
2 | Margaret Brown | Calidade en es.wiki | |
3 | Mariya Spiridónova | Cómpre revisar transcrición nomes rusos | Calidade en es.wiki |
4 | Isabel II do Reino Unido | Calidade en es.wiki | |
5 | Harriet Tubman | curto de máis | Calidade en es.wiki |
6 | Alfonsina Storni | traducir citas | Calidade en es.wiki |
7 | J. K. Rowling | Calidade en es.wiki | |
8 | Mary Shelley | Calidade en es.wiki | |
9 | Sarah Trimmer | Calidade en es.wiki | |
10 | Juana Inés de la Cruz | Calidade en es.wiki | |
11 | Lady Gaga | Calidade en es.wiki | |
12 | Madonna | precisa referencias | Calidade en es.wiki |
13 | Thalía | Calidade en es.wiki | |
14 | Aspasia | Calidade en es.wiki | |
15 | Isabel Bowes-Lyon | Calidade en es.wiki | |
16 | Golda Meir | Calidade en es.wiki | |
17 | Hatshepsut | Calidade en es.wiki | |
18 | María Tareixa I de Austria | Calidade en es.wiki | |
19 | Reinado de Isabel II de España | Calidade en es.wiki | |
20 | Hildegard von Bingen | Calidade en es.wiki | |
21 | Ablación de clítoris | mellorar o formato wiki | Calidade en en.wiki |
22 | Lynn Margulis | ||
23 | Jane Goodall | ||
24 | Rosalind Franklin | Calidade en de. e he.wiki | |
25 | Virginia Woolf | ||
26 | Ada Lovelace | faltan referencias | |
27 | Tareixa, condesa de Portugal | ||
28 | Valentina Tereshkova | Cómpre aumentar contido | |
29 | Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel | Revisar Feito! | Calidade en en.wiki e bo en fr.wiki |
30 | Barbara McClintock | faltan referencias, ampliar | Calidade en es.wiki e en.wiki |
31 | Guilhermina Suggia | ampliar |
Nas columnas "Wiki es" e "Wiki en" podemos poñer unha ligazón á versión do artigo nesas linguas, indicando se alí está marcado como artigo bo ou de calidade. Os artigos non teñen ningunha orde predeterminada.
Axuda para a edición
editar- Axuda:Introdución
- Páxina de axuda do editor visual
- Presentación de introdución ó Editor Visual
- Wikipedia:Citar as fontes
- Wikipedia:Libro de estilo
- {{Biografía}}
- Wikipedia:O que é un artigo de calidade
Recursos de apoio
editar- Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega
- Wikipedia:Wikiproxecto mulleres
- Wikipedia:Wikiproxecto galegas
- Wikipedia:Wikiproxecto feminismo
- Entradas do Dicionario de mulleres galegas
- Cid Galante, Rosa María: Historia das nosas mulleres ourensás blog
- Cen mulleres galegas, na páxina web do CEIP Manuel Sueiro.
- Muller e Ciencia de Galicia
Apúntate!
editarSe che apetece participar nesta xornada, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).
- Elisardojm (presencial)
- Maria zaos (presencial)
- Estevoaei (presencial)
- Viascos (presencial)
- Moniquiña (en liña)
- Agremon (presencial)
- Chairego_apc (en liña)
- Lissall (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 17:13 (UTC) (en liña ou presencial)
- Amélie Place (presencial)
- Lles (por decidir)
- AVazVel (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:38 (UTC) (en liña)
- MAGHOI (en liña)
- Sobreira e asumo que Oliveira que me leva
- --Aliciaperalejo2 (conversa) 2 de decembro de 2020 ás 18:48 (UTC)(en liña)
A biblioteca do wikimaratón
editarNesta sección imos engadir libros que poidan ser de interese para ser a fonte dos artigos que se creen, ou melloren, e cos que se poderán achegar as referencias ós contidos. Podes engadir a bibliografía que consideres que pode ser de axuda para traballar os contidos do wikimaratón, e se tes a posibilidade de traelo ó evento. Todo o que queira pode colaborar achegando libros de interese, que teña na casa, ou que colla na biblioteca pública que teña máis a man.
Título | Autor | Ano | Editorial | Quen o achega | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Liña do tempo. As mulleres na historia (2010), Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade. | 2010 | Comisión de Igualdade | En liña | ||
Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista… | Pérez Pais e Mariño Costales | 2013 | Comis. de Igualdade | En liña | |
Historia de las mujeres en Occidente. Vol.5 : El siglo XX | Duby, G. e Perrot, M. (eds) | 1993 | Taurus | María Zaos | |
Cinco llaves del mundo secreto de Remedios Varo | 2015 | Imaginatio Vera | María Zaos | ||
Mulleres destacadas de Galicia | Alvarellos, Enrique | 1993 | Alvarellos Editora | Dispoñible na biblioteca de Ourense. | Podes pedir aquí copia dalgún artigo. |
Dicionario de Mulleres Galegas | Marco, Aurora | 2007 | A Nosa Terra | Elisardojm | Podes pedir aquí copia dalgún artigo. |
Gran Enciclopedia Galega, en DVD | VVAA | 1974- | Elisardojm | ||
Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria | Gurriarán, Ricardo | 2007 | Comis. de Igualdade | María Zaos | En liña |
Llinares García, Mar (2010). Historia das mulleres en Galicia: Prehistoria. Historia antiga. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7807-4. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1] | |||
Pallares Méndez, Carmen (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade media. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7812-8. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1] | |||
Rey Castelao, Ofelia; Rial García, Serrana (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade moderna. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7808-1. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1] | |||
Pernas Oroza, Herminia (2011). Historia das mulleres en Galicia: Época contemporánea. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7822-7. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1] | |||
Ménage, Giles (2009). Historia de las mujeres filósofas. Herder. ISBN 978-84-254-2581-3. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 1 MEN his | |||
Folsing, Ulla (1992). Mujeres premios Nobel. Alianza. ISBN 84-206-0600-6. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 06 FÖL muj .Tamén un exemplar no depósito | |||
Castarnado, Toni (2011). Mujeres y música : 144 discos más que avalan esta relación. 66 rpm. ISBN 978-84-941250-3-4. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura 78 CAS muj | |||
Patiño Regueira, Antón (2005). Memoria de ferro. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-30-0. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura C (ES-gal) PAT mem [FL] Válido para ás irmás Touza | |||
Pioneiras do deporte en Galicia | Cristina López Villar | 2018 | Deputación da Coruña | Elisardojm | |
MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega (ed.). "Documentarios sobre mulleres galegas". | En liña |
Resultados
editarHoubo once persoas editando de forma presencial, das cales catro eran mulleres.
Comezamos a xornada con algúns problemas técnicos de conexión á Wi-Fi que fomos amañando. Logo de agradecer ó concello de Ourense e á Biblioteca Pública a súa colaboración para a realización do evento, comentamos a Política de espazo amigable para os eventos a Fundación Wikimedia.
Despois desta introdución pasamos a facer un obradoiro de introdución á edición explicando os cinco piares da Galipedia, e como engadir ligazóns, referencias e imaxes ós artigos usando o editor visual. Os participantes foron probando cada unha das cousas na súa páxina de usuario e fomos resolvendo as dúbidas que foron aparecendo.
Fixemos unha pequena parada para repoñer forzas cunhas rosquillas de Ponteareas e despois explicamos a tarefa a realizar, puxemos a disposición dos asistentes a biblioteca do wikimaratón (á cal esquecéusenos facerlle unha foto que ben merecía), e comentamos un par de notas a ter en conta na tradución de artigos doutras Wikipedias.
O traballo foi avanzando de forma constante e amena, apareceron máis dúbidas e algún problema co artigo de Exeria xa que estaba semibloqueado (os admin que estabamos alí non nos decatamos de desbloquealo para que o puidesen editar de tan concentrados que estabamos, sentímolo!!). Pero iso non foi impedimento para seguir creando e mellorando outros artigos.
Mentres máis atarefados nos atopabamos, varios medios de comunicación pasaron pola sala da biblioteca para facer fotos do frikimaratón e entrevistar a algún dos participantes. Podedes ver algunhas destas novas nas ligazóns de "Mencións nos medios", "Posteriores ó evento".
Ó final do evento case non nos da tempo de probar a wikitorta, con tanta concentración na edición esquecérasenos a celebración dos quince anos da Galipedia! Preparamos a torta, prendemos as candeas e gozamos do doce que ben mereciamos, á saúde do proxecto e por outros quince anos máis!!
Artigos creados e amañados:
- Aurora Gil
- Irmás Touza
- A banda da Loba
- Asunción Montijano
- Candelaria Pérez (inventora)
- Candelaria Pérez (militar)
- Magis Iglesias
- Paula Gallego
- Leticia Iglesias
- María Lama Trigo
- Eugenia Pereira Rodríguez
- Carmen Gurriarán
- María Martinón Torres
- Virginia Gutiérrez de Pineda
- María Currea
- María de Maeztu
- Chelo García-Cortés
- Carmiña Navia Velasco
- María Abel Diéguez
- Irmás Mirabal
- María Cofán Soto
- Docha Riobóo
- Amalia Sofía Osorio Delgado
- Betty Williams
- Sofía Oriana Infante
- Obdulia Díaz
- Catarina de Medici
- María del Rosario Álvarez
- Fátima Rodríguez
- Paloma Acuña Fernández
- Irene Milleiro Díaz
- Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo
- Carmen Blanco García, melloras e ampliación do artigo
- Olimpia Valencia, engadidas referencias
- Olga Moreiras Tuni
Mencións nos medios
editarPrevias ó evento
editar- Ourense acollerá o 10 de marzo un wikimaratón para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas, anuncio na web do concello de Ourense.
- M.j. Álvarez (1/3/2018). "Un 'wikimaratón' propone incluir biografías de mujeres gallegas en la Galipedia". Faro de Vigo (en castelán).
- La Galipedia cumple 15 años y lo celebra "visibilizando" a la mujer, nova en Faro de Vigo
- García López, Cristina: A tarde, Radio Galega, 1 de marzo de 2018 (a partir de 30'18").
- “Wikimaratón" de biografías femeninas, La Región. Vídeo en Youtube.
- A Galipedia cumpre 15 anos regalando coñecemento en galego en Gciencia
- Ourense acollerá un “wikimaratón” para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas, no xornal dixital osil.com
- Ourense acollerá o 10 de Marzo un wikimaratón, en TeleMiño e na súa canle de Youtube Ourense acollerá o 10 de Marzo un wikimaratón e en Vimeo Ourense acollerá o 10 de Marzo un wikimaratón 28.2.18 en teleame.com Ourense acollerá o 10 de Marzo un wikimaratón 28 2 18
- Galipedia, 15 anos de coñecemento libre en lingua galega, nova en Galicia Confidencial
- "A Galipedia é unha fonte fiable de información", outra nova en Galicia Confidencial
- Wikimaratón en Ourense el 10 de marzo para introducir mujeres gallegas en la Galipedia, nova en Ourense dixital
- Galipedia, premio Xoán Manuel Pintos 2018, xa recolle información de todas as parroquias da provincia, nova en pontevedraviva.com
- Nova na páxina de Facebook "A memoria das mulleres"
- Nova na páxina oficial en Facebook do concello de Ourense
- Una Wikimaratón en la ciudad para poner en valor la figura de mujeres ourensanas relevantes, redirección da nova de La Región
- Un 'wikimaratón' propone incluir biografías de mujeres gallegas en la Galipedia, nova en makemefeed.com dende Faro de Vigo
- Quince anos de difusión do galego en Internet, nova no Consello da Cultura Galega
- A Galipedia celebra este mes os seus quince históricos anos de vida, nova en Código Cero
- A Biblioteca de Ourense celebra o día 10 un Wikimaratón para encher de mulleres a Galipedia, outra nova en Código Cero
- Ourense acollerá o 10 de marzo un ‘wikimaratón’ para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas, nova en galiciasurourense.es
- “Wikimaratón" de biografías femeninas, nova na versión en papel do xornal La Región (precisa subscrición para a súa visualización)
- Wikimaratón do Día internacional da muller, nova en turismo.gal
- “Wikimaratón" de biografías femeninas http://www.laregion.es/articulo/ourense/wikimaraton-ciudad-poner-valor-figura-mujeres-ourensanas-relevantes/20180228141147774597.html … vía @LaRegion, nova en Twitter en #Galipedia
- Wikimaratón do Día internacional da muller na web da Biblioteca Pública de Ourense
- Nova en Chuza!
- Wikimaratón, nova en páxina 8 en Barrios
- Wikimaratón do Día internacional da muller, evento en cultura.gal. Tamén foi distribuída unha ligazón a esta nova a través do Boletín de Cultura da Xunta de Galicia
- La Galipedia cumple 15 años y lo celebra con la "visibilización" de la mujer, nova en La opinión
- A Galipedia cumpre 15 anos e celébrao "visibilizando" á muller, nova en Faro de Vigo
- A Galipedia chega aos 15 anos con optimismo e novos retos de futuro, nova en Praza Pública
- Galipedia, la Wikipedia en gallego, cumple hoy 15 años, nova en Voltaico (La Voz de Galicia)
- Wikimaratón: Día Internacional da Muller, nova en bibliolucus
- 1º wikimaratón do Día Internacional da Muller, nova en Vouaxenda
Posteriores ó evento
editar- Veinte mujeres para feminizar la Galipedia, nova no Faro de Vigo
- La Biblioteca Municipal acoge la Wikimaratón, vídeo en La Región
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller |
Outras páxinas
editar- Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018 24/02/2018
- Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 20/2/2018.
- Wikipedia:Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego 8/11/2014.
- Wikipedia:Primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC 16-17/4/2015
- Wikipedia:Primeiro editatón en Vigo 28/2/2015
- Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller 9/8/2019
<<< Evento anterior: 20/2/2018, Santiago de Compostela. 2º wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia |
1º wikimaratón do Día Internacional da Muller 10/3/2018, Ourense |
Evento seguinte: 20/10/2018, Ourense. >>> Wikimaratón Grupo Nós |