María Victoria Díaz Riva
María Victoria Díaz Riva, nada en Lugo en 1904 e finada en Málaga en 1972,[1] foi unha das primeiras inspectoras de ensino primario de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Lugo, España |
Morte | 1972 (67/68 anos) Málaga, España |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | mestra, inspectora de educación |
Familia | |
Irmáns | Elisa Díaz Riva |
Traxectoria
editarFoi filla de Nicolás Díaz López, profesor de Latín e director do Instituto de Santiago (nado en maio de 1871 en Lugo[2]), e de Sabina Riva Moscoso (nada en 1880 en Ferrol[3]). Tivo tres irmáns que estudaron na universidade compostelá: Manuel e Nicolás Antonio, que fixeron Medicina, e Elisa, que estudou Química.
María Victoria rematou os estudos de Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela en 1923. Posteriormente, iniciou estudos universitarios de Filosofía e Letras[4] na Universidade Central de Madrid graduándose en 1929.[1]
Aprobou a oposición de mestra en 1925 e en 1929 ingresou no corpo de Inspectores de educación primaria, sendo mestra e inspectora de Primeira ensinanza en Oviedo. Dende 1931 foi tamén profesora vinculada ao Instituto-Escuela de Madrid. Ademais, sería unha das pensionistas da JAE, o que lle permitiu ampliar estudos en Bordeos, París e Xenebra. Finalizada a Guerra civil foi depurada e separada do servizo de maxisterio e de inspección en 1940 durante un período de dous anos. En 1942 puido reintegrarse á Inspección educativa e foi destinada á provincia de Málaga, onde permaneceu ata a fin da súa carreira profesiona.[5] [6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Persona - Díaz Riva, María Victoria (1904-1992)". PARES. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 2021-03-04.
- ↑ "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Lugo. Año de 1904" (Arquivo Municipal de Lugo, cartapacio 115, fol. 5v).
- ↑ "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Ferrol para el año de 1882" (Arquivo Histórico Municipal de Ferrol, "Barrio 2º, Calle de San Carlos").
- ↑ "Sección oficial. 16 junio.- R.O. número 837.- Reclamaciones a la lista única de opositoras". El Magisterio Español (en castelán) (Madrid). 2-7-1927. p. 24.
- ↑ Cazorla-Granados, Francisco José (2003). "La pervivencia de La Escuela Nueva en la escuela franquista. La inspectora-jefe María Victoria Díaz Riva (1904-1992)" (en castelán). Universidad de Málaga.
- ↑ Cazorla-Granados, Francisco José; Baena, Rosa María García (2019). "María Victoria Díaz Riva, una pionera entre hombres. La inspectora-jefe de Educación de Málaga y Melilla". Educa Nova: colección de artículos técnicos de educación (9): 121–136.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 133. ISBN 978-84-8341-146-9.