Rally Princesa de Asturias
O Rally Princesa de Asturias Cidade de Oviedo é un rally que se celebra anualmente en Asturias dende 1964, organizado polo Automóvil Club Principado de Asturias (ACPA). É puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys e o Campionato de Asturias de Rallys e no pasado tamén o foi para o Campionato de España de Rallys e o Campionato de Europa de Rally (1983-1986, 1993-1998, 2004-2005, 2009-2012) e o Intercontinental Rally Challenge (2008-2009). A sede do rally sitúase xeralmente en Oviedo aínda que nalgunhas edicións trasladouse a Cangas del Narcea.
Tipo | rally |
---|---|
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1964 – |
A proba naceu en 1964 baixo o nome de Rally Gran Premio de Oviedo. Posteriormente pasou a denominarse Rally Cidade de Oviedo ata a década de 1970, cando se cambiou por Rally Príncipe de Asturias Cidade de Oviedo, nome que mantivo ata 2015, cando adoptou o nome actual.
Historia
editarComezou a celebrarse en 1964, sendo unha das probas máis antigas celebradas en España. Naquela primeira edición a inscrición ascendía a 800 pesetas, cun importe en premios de 30.000 pesetas.
A proba é puntuable para o Campionato de España e o de Asturias e foino para o Campionato de Europa. O 19 de xullo de 2007 confirmouse o acordo con Eurosport para a inclusión no calendario do Intercontinental Rally Challenge, do que formou parte en 2008 e 2009.
En abril de 2013, o Rally Príncipe de Asturias caeu do calendario debido á falta de apoio institucional,[1] pero días despois do anuncio da súa cancelación, a organización anunciou a celebración da proba tras obter o apoio do concello de Cangas del Narcea.[2]
O 29 de xuño de 2013 celebrouse o primeiro "Rally Formula Príncipe de Asturias", cuxo obxectivo era recadar diñeiro para o rally. O evento celebrouse no circuíto "Toño Fernández" na parroquia de Cibuyo, no concello de Cangas del Narcea, e os días 14, 15 e 16 de setembro celebrouse a 50ª edición do rally,[3][4] cuxo gañador foi Luis Monzón (Mini John Cooper Works WRC), seguido de Sergio Vallejo (Porsche 997) e Óscar Palacio (Porsche 911).[5]
En 2015, debido aos cambios ocorridos na xefatura de Estado, decidiu cambiar o nome do evento por Rally Princesa de Asturias Ciudad de Oviedo, así como cambiar o epicentro do evento á cidade de Oviedo, despois de dúas edicións celebradas en Cangas del Narcea.[6]
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ Nacho Villarín. "Última Hora: Asturias se queda sin 'Príncipe'". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2015. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Villarín, Nacho. "El 'Príncipe' salva sus bodas de oro" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ López, Pipo (1 de maio de 2013). As, ed. "El Príncipe de Asturias podrá celebrar su 50 aniversario" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ "El Rally Príncipe de Asturias celebrará su 50 edición". As (en castelán). 1 de mayo de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ Curuxa Rallye, ed. (15 de setembro de 2013). "Oscar Palacio y Agustín Ramos, terceros en el 50º Rallye Príncipe de Asturias" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ "El Rallye Príncipe de Asturias cambia de nombre" (en castelán). 22 de maio de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ www.revistascratch.com. "Triste victoria de Joan Vinyes en el 49 Rallye Príncipe de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 11 de octubre de 2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Casaprima Collera, Adolfo (1999). El Príncipe de los rallyes (Historia del Rallye Ciudad de Oviedo-Príncipe de Asturias, 1964-1998). (en castelán). Casaprima Editor.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rally Princesa de Asturias |
- Sitio web oficial (en castelán).
- Rally Princesa de Asturias en www.ewrc-results.com (en inglés).