Estanislao Reverter
Estanislao Reverter Sequeiros, nado en Ourense o 1 de outubro de 1929[1] e finado o 3 de febreiro de 1991, tamén coñecido como Lalao[2], foi un político de UCD, piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense, construtor do Alpinche e un dos pais do automobilismo en Galicia[3].
Estatua de Colemán e Reverter (esquerda) sentados no Alpinche en Ourense. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1929 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 3 de febreiro de 1991 ![]() Ourense, España ![]() |
![]() | |
5 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally, político ![]() |
Deporte | rally ![]() |
Traxectoria
editarDebutou como piloto de carreiras en 1955 no Trofeo FASA Renault cun Renault 4/4. Competiu durante toda a súa carreira coa Escudería Ourense, que dirixiu entre 1968 e 1980[4], e coa que participou como organizador do Rally de Ourense. Tivo como copilotos a Antonio Colemán, Jorge Glass, Ventura, Eloy Rodríguez, Vázquez, Facas, Antonio Reverter, José Luis Sala e Luis Reverter.
En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar, pero o seu nomeamento foi impedido polo gobernador civil por mor das afinidades republicanas da súa familia.
En 1977 foi elixido deputado nas primeiras eleccións xerais, sendo o número 3 na lista da UCD pola provincia de Ourense. En 1979 deixou o seu escano, ao remate da lexislatura, e posteriormente deixou tamén a UCD como consecuencia duns problemas económicos.[Cómpre referencia] Tamén foi expulsado pola mesma razón, en 1980, da executiva da Federación Española de Automobilismo[5].
Alpinche
editar- Artigo principal: Alpinche.
O "Alpine-Porsche" foi un vehículo construído por Reverter no seu taller de Ourense, mesturando a carrozaría do Alpine A110 e o motor dun Porsche[6]. A súa matrícula era OR-31516. Foi alcumado nun inicio como "Realpor" (acrónimo de Reverter, Alpine e Porsche), e logo bautizado como Alpinche. Despois da súa primeira versión feita en 1971, contou con catro evolucións diferentes[7], provocadas xeralmente por accidentes ou golpes, e nas que Reverter buscaba sempre melloralo. Foi utilizado en probas de rally por Reverter, José Pavón e Beny Fernández. Deixou de usarse en 1975, tras un accidente no Rally del Sherry, e foi restaurado en 2022.[8]
Carreira
editarAno | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1970 | Privado | Porsche 911 R | VNA 10 |
RBX 2 |
ESP 5 |
2VI 4 |
CDS 2 |
CLB 1 |
5º | 277 | |
1971 | Privado | Porsche 911 R | CBR 3 |
6º | 240 | ||||||
Alpinche | PDA 3 |
RAC 3 |
BOS 2 |
||||||||
1972 | Privado | Alpinche | FIR 7 |
SHE 3 |
CLB 1 |
RBX 1 |
BOS 3 |
CDO 1 |
5º | 352,6 | |
1973 | Privado | Alpinche | 5NA 3 |
RBX 1 |
ESP 2 |
12º | 178 | ||||
1974 | Privado | BMW 2002 | FIR 4 |
CLR 3 |
CDO 4 |
ESP 3 |
2VR 4 |
5º | 330,2 | ||
Alpinche | CLB 3 |
5NA 4 |
|||||||||
1975 | Privado | BMW 2002 | CLB 1 |
8º | 124 |
- 1955 - Renault 4/4: Trofeo FASA Renault (1ª carreira)
- 1956 - Seat 1400: San Cristóbal (antecedente do Rally de Ourense) (3º)
- ???? - Seat 1400: II rally dos Pireneos, (19º)
- 1962 - BMW 700S: Rally Montecarlo
- 1963 - BMW 700S: Rally Montecarlo
- 1964 - Gogomovil: Rally Rías Baixas
- Abarth 1000 Biálbero: Rally la Massana
- 1965 - Abarth 1000 Biálbero. Rally Montecarlo
- Austin Cooper S: Rally Camiño de Santiago
- Ford Cortina Lotus: VI Rally Deux Catalognes (1º?)(Campionato de España e Francia)
- Biálbero: Rally das Camelias (Portugal) (3º), Rally RACE (2º)
- 1966 - Austin Cooper S: Rally Montecarlo
- 1967 - Glas 1304 TS: 6 Horas de Barcelona
- 1969 - Porsche 911R: 12 Horas de Barcelona (8º)
- Porsche 911S: Subida a Chantada (1º)
- 1970 - Porsche 911R: Rally Vasco Navarro, Rally Príncipe de Asturias, Ourense (Accidente), Rally Costa del Sol (2º)
- Renault 8 Proto: Rally da Coruña (Ret)
- Abarth OT 2000: Rias Baixas (2º)
- 1971 - Alpinche: Rías Baixas (3º) Rally RACE, Rally Príncipe de Asturias, Rally de Ourense
- 1972 - Alpinche: Rally Luis de Baviera, Rally Bosch, Rally Sherry, Rally Príncipe de Asturias (1º)
- Sport 1600: Rally Montecarlo
- 1973 - Alpinche: Rally de Ferrol, Rías Baixas, Rally Luis de Baviera
- Mini Cooper: Montecarlo
- 1974 - Alpinche: 500 km nocturnos de Alacant;
- BMW: Rias Baixas (3º)
- BMW 2002: Rally 2000 virajes
Homenaxes
editarFoille concedida a medalla de prata ao Mérito Deportivo. Trala súa morte en 1991, o Rally de Ourense pasou a chamarse Rally de Ourense, memorial Estanislao Reverter.
En 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce feita por Ramón Conde Bermúdez en homenaxe a Reverter, Antonio Colemán e o Alpinche. Alí celebraron o título de campións de España de rallys do 2009 Sergio e Diego Vallejo, en homenaxe á Escudería Ourense.
Notas
editar- ↑ Ficha na Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.
- ↑ Figueiredo Pérez, J.: Rallye de Orense 1967-2003, p. 221. 2003. ISBN 84-609-0907-7.
- ↑ "Antonio Zanini: ‘Habría que inventar otro Estanislao Reverter para Ourense’" Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine., entrevista en La Región, 20 de xuño de 2008 (en castelán).
- ↑ Figueiredo Pérez, J.: Rallye de Orense 1967-2003, p. 329-330, anexo I. 2003. ISBN 84-609-0907-7.
- ↑ "Presuntas graves irregularidades de Reverter en la Federación gallega", artigo de Ignacio Lewin en El País, 14 de decembro de 1980 (en castelán).
- ↑ "El Alpinche". Estanislao Reverter.
- ↑ Entrevista a Reverter (en castelán).
- ↑ Andrés H.-Cachalvite (21 de abril de 2022). "El Alpinche: Una obra de arte que vuelve a rugir en Ourense". La Región.
- ↑ http://www.estanislaoreverter.com/gl/palmares.htm
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Artigo de Rafael Cid na revista Magazin Motor nº 32 (marzo de 2001).
- Figueiredo Pérez, Javier. Figueiredo Pérez, Javier, ed. Rallye de Orense 1967-2003. 06-01-2004. p. 352. ISBN 84-609-0907-7. (en castelán)