Iván Ares
Rubén Iván Ares Roel, nado en Cambre[1] o 5 de marzo de 1985, máis coñecido como Iván Ares é un piloto de rally galego, que foi campión de España en 2017 e campión de Galicia en 2011 e 2014.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1985 (39 anos) Cambre, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Ademais foi subcampión de España en tres ocasións (2015, 2018 e 2019) e tres veces campión galego de autocross (2004, 2005 e 2011).
Traxectoria
editarInicios
editarPertence a unha familia con tradición no automobilismo galego. Seu pai, Santiago Ares, foi catro veces campión galego de autocross, seu irmán Santiago tamén competiu en dito campionato, ao igual que os seus curmáns Jorge Roel e Miguel Suárez, este último tamén piloto de rallys de asfalto.[2]
Debutou como piloto de carcross no 2001, acadando o campionato galego da modalidade en 2004, 2005 e 2011 e foi subcampión de España en 2005 e 2006.[1] Neses anos participou en dous eventos en Galicia e Asturias como copiloto e logo saltou ao rally como piloto gañando o Volante RACC Galicia Júnior no 2007.
Campionato galego (2006-2014)
editarDebutou como piloto de rally no Rally Cidade de Narón no 2006 a bordo dun Fiat Punto HGT e con José Ramón Seoane como copiloto, con resultado de abandono. Despois participou no Rally Botafumeiro cun Peugeot 206 XS. Ao ano seguinte completou a tempada completa do campionato galego co 206, logrando como mellor resultado un segundo posto no Rally Ourense-Baixa Limia, o seu primeiro podio no certame.[3] Esa tempada rematou en 6ª posición final e gañou o Volante RACC Galicia. Ao ano seguinte debutou no campionato de España disputando case todas as citas do calendario. O seu mellor resultado foi un décimo quinto no Rally de Sierra Morena. Ao ano seguinte só participou no Rally Sur do Condado cun Mitsubishi Lancer Evo VIII e no Rally de Ferrol do nacional acadando o cuarto lugar.[4] En 2010 afrontou de novo o campionato galego pero sumou varios abandonos e só logrou rematar no Rally do Cocido cun terceiro posto[5] e no Rally San Froilán cun segundo.[6]
Na tempada 2011 logrou a súa primeira vitoria no Campionato de Galicia de Rally cunha vitoria no Rally do Cocido.[7] Repetiu en Noia[8] e despois de tres podios (Ulloa, Narón e San Froilán), cambiou de cara ao Rally Serra da Groba onde se inscribiu cun Porsche 997 GT3 RS 3.6 logrando a vitoria.[9][10] Na última cita, o Rally Botafumeiro, logrou un novo podio, quedando segundo por detrás de Víctor Senra. Estes resultados permitíronlle proclamarse campión galego por primeira vez, xunto ao seu copiloto José Antonio Pintor. Na tempada 2012, con Álvaro Bañobre de copiloto, afrontou de novo o campionato co Porsche acadando resultados máis modestos, sendo os seus mellores postos os tres segundos postos en Narón, Sur do Condado e Ribeira Sacra. Rematou o ano en cuarta posición no campionato. Participou en tres probas nacionais sumando dous abandonos (Canarias e Rías Baixas) e repetiu o cuarto lugar en Ferrol.
Na tempada 2013 mantivo unha pelexa con Luis Vilariño polo título galego. Ares gañou en Serra da Groba, Ulloa e Sur do Condado, e sumou outros catro segundos postos. Non obstante o abandono na Ribeira Sacra, onde Vilariño foi segundo, e a posterior cancelación do Botafumeiro impedíronlle loitar polo título ata o final, quedando finalmente segundo.[11] A tempada seguinte foi case redonda, sendo primeiro en todas as probas nas que participou (Cocido, Noia, Cidade de Narón, Sur do Condado, San Froilán e Ribeira Sacra) excepto no Botafumeiro, onde foi segundo. Deste xeito conseguiu o seu segundo título galego case sen oposición.[12][13] A principios de outubro correu en Portugal o Rally Fafe Montelongo, terceira proba do Campionato de Europa de Rally, logrando subir ao podio en terceira posición, a catro segundos do gañador, o ruso Alexei Lukianuk e a unha décima do segundo, o francés Yoann Bonato.[14]
Campionato de España (2015-actualidade)
editarPorsche (2015-2016)
editarEn 2015 deu o salto ao Campionato de España cun programa completo, mentres que ao campionato galego só acudiu a catro citas, gañando as catro. No nacional logrou o seu primeiro podio cun terceiro posto na Vila de Adeje.[15] Subiu ao podio en Sierra Morena e nas Rías Baixas, e en Ourense conseguiu a súa primeira vitoria.[16] Uns días despois en Ferrol repetiu a fazaña sumando o seu segundo triunfo nacional.[17] Un terceiro e un cuarto posto nos dous eventos asturianos e de novo a vitoria na última cita, o Rally Comunidade de Madrid, permitíronlle acadar o subcampionato de España.[18]
En 2016 correu os dous primeiros eventos do campionato galego, Noia e o Cocido, con dúas vitorias, pero abandonou o campionato despois de que a Federación Galega de Automobilismo decidise limitar a potencia dos Porsche coa colocación dunha brida no turbo.[19] No campionato nacional disputou varias probas con diferentes monturas: Canarias e Adeje cun Ford Fiesta R5, Ferrol e Ourense co Porsche, Princesa de Asturias cun Škoda Fabia R5, e Llanes cun Subaru BRZ. Acadou a vitoria no Rally Princesa de Asturias, sendo o segundo galego en logralo 44 anos despois da vitoria de Estanislao Reverter co Alpinche,[20] e finalizou a tempada en 9º lugar.
Hyundai (2017-actualidade)
editarEn 2017 adquiriu un Hyundai i20 R5 co que se enfrontou ao campionato de España ao completo, con José Antonio Pintor como copiloto. Subiu ao podio nas catro primeiras probas do ano e logo gañou as cinco seguintes: Ferrol, Princesa de Asturias, Llanes, Cantabria (onde se asegurou matematicamente o título)[21] e o Mediterráneo[22] para rematar o ano cun terceiro posto en Madrid que lle permitiu gañar por primeira vez o campionato de España, así como darlle o primeiro título no certame a Hyundai, na súa primeira participación.[23][24]
En 2018, outra vez con Hyundai, enfrontouse de novo ao nacional, logrando a vitoria na primeira cita, o Rally do Cocido. Foi cuarto en Serra Morena tras unha mala elección de pneumáticos, rompendo unha racha de 11 podios consecutivos (e establecendo un novo récord no campionato)[25] e regresou ao podio nas Canarias, onde foi terceiro. Foi segundo en Villa Adeje por diante de Miguel Ángel Fuster, con quen estaba en loita por liderar o campionato. En Ourense e Alacant gañou pero logo fallou en Ferrol e Oviedo, onde Ares conseguiu o terceiro e segundo posto respectivamente. O podio no Rally Princesa de Asturias permitiulle ao de Hyundai poñerse máis líder no campionato e proclamouse campión por segundo ano da FIA Iberian Rally Trophy.[26] Nas seguintes catro probas conseguiu catro segundos postos, polo que o título foi parar a Fuster, con 16 puntos máis que Ares.[27]
En 2019 afrontou de novo o campionato de asfalto co apoio de Hyundai. A súa primeira cita do ano foi o Rally da Coruña onde repetiu o triunfo acadado o ano anterior.[28] A primeira carreira do nacional foi a de Serra Morena, proba onde gañou Pepe López mentres Ares rematou na segunda posición.[29] Nas Canarias substituíu o seu habitual copiloto José Antonio Pintor por David Vázquez,[30] co que logrou outro segundo posto.[31] En Adeje, coa ausencia de Pepe López, conseguiu a primeira vitoria e situouse líder do campionato.[32] En Ourense sufriu unha avaría que o obrigou a se retirar,[33] mais volveu gañar no Cocido, recuperando o primeiro posto tras o abandono de Pepe por unha saída de pista.[34] En setembro acudiu á localidade italiana de Maggiora para participar na última cita do Campionato de Europa de Kart Cross. Logrou a vitoria aos mandos dun Semog Bravo co que partira dende a segunda fila da grella de saída.[35][36]
En xullo disputouse a 50ª edición do Rally de Ferrol, onde Ares non puido con Pepe López, que gañou a proba por diante do de Cambre.[37] No Rally Princesa de Asturias, tanto Iván Ares como Pepe López tiveron que abandonar por accidente,[38] mentres que na outra proba asturiana, en Llanes, o triunfo foi para Pepe, seguido por Ares, que levou a cabo unha gran remontada tras picar unha roda.[39][40] A mediados de outubro, Ares rematou en segunda posición o Rally de Cantabria, por detrás de Surhayen Pernía e por diante de Pepe López, colocándose así con 26 puntos de vantaxe sobre López, a falta de dous rallys.[41] Con todo, unha avaría mecánica no Rally de La Nucía-Mediterráneo e a vitoria de Pepe López deixouno sen posibilidades de gañar o campionato, que foi parar ao madrileño.[42] Xa sen opcións, gañou o último rally da tempada, o da Comunidade de Madrid, asegurando así o subcampionato e dándolle a Hyundai a vitoria no campionato de construtores.[43]
En 2020 non competiu ata xullo, por mor da pandemia por coronavirus que paralizou todos os campionatos. Volveu á competición no Rally de Zamudio, o primeiro rally disputado na Península Ibérica despois da interrupción e a primeira proba do campionato vasco.[44] Alí estreou un novo Hyundai i20 R5, que adquirira uns meses antes para substituír o coche co que correra os tres anos anteriores.[45][46] O dominio de Ares foi absoluto sendo o máis rápido en todos os treitos e sacándolle máis dun minuto ao segundo clasificado, Iván Muñoz.[47][48] Dúas semanas despois deu comezo o campionato de España, coa disputa do 53º Rally de Ourense. O coche de Ares mantívose case toda a carreira en terceiro lugar, pero lonxe dos tempos de Pepe López e José Antonio "Cohete" Suárez. Con todo, unha roda picada deste último fixo que Ares rematase na segunda posición final a case un minuto de López.[49] En agosto, no 51º Rally de Ferrol, tampouco foi quen de seguir o ritmo de López e Suárez, acabando en terceira posición,[50] resultado que repetiu nos tres seguintes rallys nos que participou: o Rally Fafe Montelongo, do Campionato de Europa de Rally, e os rallys Princesa de Asturias e La Nucía-Mediterráneo, do nacional de asfalto.[51][52][53] A continuación gañou o Rally Illas Canarias e quedou segundo no Rally Comunidade de Madrid, finalizando o campionato na terceira posición.[54]
Palmarés
editarResultados no Campionato de España
editarAno | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | RACC Motorsport | Peugeot 206 XS | VIL Ret |
CNR | CAN 25 |
RBX 23 |
OUR | FER Ret |
PRA 17 |
LLA | SMO 15 |
CBR 21 |
SHA 13 |
||
2009 | RMC Motorsport | Mitsubishi Lancer Evo X | VIL | CNR | CAN | RBX | OUR | FER 4 |
PRA | LLA | SMO | CBR | SHA | ||
2012 | Iván Ares | Porsche 997 GT3 RS 3.6 | CNR Ret |
CAN | RBX Ret |
OUR | FER 4 |
PRA | LLA | SMO | MAD | - | 0 | ||
2015 | Peña Autocross Arteixo | Porsche 997 GT3 RS 3.6 | ADE 3 |
CNR 4 |
SMO 2 |
RBX 2 |
OUR 1 |
FER 1 |
PDA 3 |
LLA 4 |
MAD 1 |
2º | 256,5 | ||
2016 | Peña Autocross Arteixo | Ford Fiesta R5 | CNR 18 |
ADE 2 |
SMO | 9º | 126,5 | ||||||||
Porsche 997 GT3 RS 3.6 | FER 3 |
CAN | OUR 2 |
||||||||||||
Škoda Fabia R5 | PDA 1 |
||||||||||||||
RACE | Subaro BRZ | LLA 17 |
MED | MAD | |||||||||||
2017 | Yacar Racing | Hyundai i20 R5 | SMO 3 |
ECI 2 |
ADE 2 |
OUR 2 |
FER 1 |
PDA 1 |
LLA 1 |
CAN 1 |
MED 1 |
MAD 3 |
1º | 322,8 | |
2018 | Hyundai Motor España | Hyundai i20 R5 | COC 1 |
SMO 4 |
CNR 3 |
ADE 2 |
OUR 2 |
FER 3 |
PDA 2 |
LLA 2 |
CAN 2 |
MED 2 |
MAD 2 |
2º | 262 |
2019 | Hyundai Motor España | Hyundai i20 R5 | SMO 2 |
CNR 2 |
ADE 1 |
OUR Ret |
COC 1 |
FER 2 |
PDA Ret |
LLA 2 |
CAN 2 |
MED Ret |
MAD 1 |
2º | 244 |
2020 | Hyundai Motor España | Hyundai i20 R5 | OUR 2 |
FER 3 |
PDA 3 |
MED 3 |
CNR 1 |
MAD 2 |
3º | 122 |
Resultados no Campionato galego
editar
Predecesor: Alberto Meira |
Campión de Galicia de Rallys 2011 |
Sucesor: Pedro Burgo |
Predecesor: Luis Vilariño |
Campión de Galicia de Rallys 2014 |
Sucesor: Alejandro Pais |
Predecesor: Cristian García Martínez |
Campión de España de Rallys 2017 |
Sucesor: Miguel Ángel Fuster |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Ivan Ares.Sitio web oficial". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2011.
- ↑ López, Alba; G., P. (9 de agosto de 2016). "El coche familiar de los Ares". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2020.
- ↑ "Iván Ares logra su primera victoria en el Volante RACC Galicia" (en castelán). 9 de outubro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Rally Ferrol: Mitsubishi EVO Cup" (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "XVI Rallye do Cocido" (en castelán). 15 de marzo de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Victoria en el Rali San Froilán de Sergio Vallejo y Moncho López" (en castelán). 6 de setembro de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "17º Rally Cocido 2011". 11 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Rally de Noia 2011" (en castelán). 11 de abril de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Crónica I Rallye Serra da Groba 2011" (en castelán). 30 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ www.laopinioncoruna.es. "Iván Ares, campeón gallego tras vencer en el Serra de Groba". Consultado o 1 de diciembre de 2011.
- ↑ "Vilariño gana el Campeonato Gallego de Rallys" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ Pablo Villar (6 de setembro de 2014). "Rallye San Froilán: Iván Ares se proclama campeón gallego por segunda vez". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 6 de setembro de 2014.
- ↑ "Iván Ares, Bicampeón Gallego de Rallyes" (en castelán). 7 de setembro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares y David Vázquez firman una estelar actuación en Fafe". Faro de Vigo (en castelán). 4 de outubro de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2020.
- ↑ "Fuster gana el Rally Villa de Adeje y se sitúa líder del CERA" (en castelán). 11 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares vence en el Rallye de Ourense" (en castelán). 13 de xuño de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares consigue su segundo triunfo en el Nacional bajo la lluvia de Ferrol" (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "El gallego Iván Ares vence en el Rally de Madrid". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de novembro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares abandona o Campionato Galego". Televisión de Galicia. 25 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares gana el Rally Princesa". RTPA (en castelán). 11 de setembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares, Campión de España de Rallys". El Progreso. 21 de outubro de 2017. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares suma su quinto triunfo seguido con el Hyundai i20 R5" (en castelán). 6 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Entrevistamos a Iván Ares, campeón del Nacional de Rallyes de Asfalto en 2017" (en castelán). 16 e marzo de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Hyundai i20 R5: más que un coche de rallyes" (en castelán). 10 de agosto de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Fin al récord histórico de podios de Iván Ares en el Campeonato de España de ralis de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Ares-Pintor revalidan el FIA Iberian Rally Trophy" (en castelán). 18 de setembro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Miguel Fuster suma su sexto título de campeón de España". As (en castelán). 24 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Ares y Pintor ganan el rali de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares, segundo no Rally de Sierra Morena". CRTVG. 24 de marzo de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares y José Pintor; nueve años y más de cincuenta rallyes juntos" (en castelán). 6 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Ares y Pernía suman nuevos podios en el Islas Canarias" (en castelán). 6 de maio de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares gana el rali Villa de Adeje". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "La bomba de gasolina deja a Iván Ares fuera de carrera en el Rallye de Ourense" (en castelán). 8 de xuño de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares saca tajada del Cocido". Marca (en castelán). 22 de xuño de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ Durán, David (23 de setembro de 2019). "Iván Ares también triunfa en Kart Cross a nivel europeo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "Iván Ares vence en Italia en una prueba del Europeo de autocrós". La Voz de Asturias (en castelán). 23 de setembro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "Rali de Ferrol: Pepe López se impone en su duelo con Iván Ares" (en castelán). 20 de xullo de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Vídeo: Así fue el abandono de Iván Ares cuando marchaba segundo en el Princesa de Asturias". La Región (en castelán). 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares remonta y ya es tercero en Llanes" (en castelán). 28 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Pepe López se impone en el Rallye Villa de Llanes" (en castelán). 28 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Pernía vence en casa con doblete de Hyundai" (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2019.
- ↑ "Iván Ares abandona en el rali de La Nucía y Pepe López se lleva el Nacional de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2019. Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ "Iván Ares pone el broche en Madrid" (en castelán). 23 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2019. Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ "El Rallye de Zamudio será el primer rallye en la península" (en castelán). 3 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Iván Ares recoge su nuevo Hyundai i20 R5 en Alemania" (en castelán). 6 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Iván Ares presenta o seu novo coche, co que agarda "loitar polo campionato de España"". CRTVG. 14 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (11 de xullo de 2020). "Iván Ares gana en todos los tramos del rali de Zamudio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Clasificación Rally Zamudio 2020". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2020.
- ↑ "Pepe López, ganador del Rallye de Ourense". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xullo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2020.
- ↑ "Pepe López aguanta o acoso de Suárez e gaña o Rally de Ferrol". CRTVG. 22 de agosto de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ "Suárez gana por tercer año consecutivo el Rally Princesa de Asturias" (en castelán). 25 de outubro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Iván Ares, terceiro no Rally da Nucía". La Opinión A Coruña. 9 de novembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Iván Ares y David Vázquez firman un tercer puesto en el Rali Fafe Montelongo". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Iván Ares termina tercero en el Campeonato de España en el rali Islas Canarias". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de maio de 2018. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ san Froilan 2011[Ligazón morta]
- ↑ Botafumeiro 2011[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Iván Ares |
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 07 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- Resultados de Iván Ares (en castelán).