Johann III Bernoulli
Johann Bernoulli ou Johannes Bernoulli, tamén coñecido como Johann III Bernoulli, nado en Basilea o 4 de novembro de 1744 e finado en Berlín o 13 de xullo de 1807 foi un matemático suízo.
Os nomes de varios membros da familia aparecen numerados debido á existencia de varios matemáticos da familia Bernoulli que comparten o mesmo nome. O avó de Johann chamábase Johann I Bernoulli e o seu pai Johann II.
Traxectoria
editarFillo de Xoán II Bernoulli, os seus coñecementos enciclopédicos xa eran evidentes de neno. Ingresou na universidade, obtivo, aos catorce anos, o doutoramento en Dereito.
Fillo, neto e sobriño de matemáticos, estudou a materia coa súa familia e foi convidado, con 19 anos, a impartir un curso na Academia de ciencias da Prusia.[1]
O rei Federico II chamouno para dirixir e reactivar o observatorio astronómico da Academia, un papel no que non tivo moito éxito.
Baseándose nas súas observacións escribiu varios traballos sobre astronomía, aínda que ningún deles alcanzou unha notoriedade significativa. Curiosamente, os seus informes sobre as súas viaxes a Alemaña tiveron máis repercusión.
Publicou numerosos artigos matemáticos no Diario de Leipzig de Matemática Pura e Aplicada, que abranguían as áreas de probabilidade, teoría de ecuacións e decimais repetidos.
Obras
editar- Recueil pour les astronomes. 3 volumes a 1 volume suplementar, Berlim 1771–1779
- Reisen durch Brandenburg, Pommern, Preussen, Curland, Russland und Pohlen in den Jahren 1777 und 1778. Volume I, Leipzig 1779
- Sammlung kurzer Reisebeschreibungen. 18 volumes, Berlim 1781–1878
- Archiv zur neueren Geschichte, Gegraphie, Natur- und Menschenkenntnis. 8 volumes, Leipzig 1783–1788
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann III Bernoulli |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Johann III Bernoulli". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews..