Leipzig
Leipzig ( son (axuda · info); IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Saxonia - Sachsen ![]() | ||||
Capital de | District Office Leipzig (en) ![]() Kreishauptmannschaft Leipzig (en) ![]() Kreis Leipzig-Land (en) ![]() Leipzig District (en) ![]() Amtshauptmannschaft Leipzig (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Baalsdorf Connewitz Gohlis Grünau Mitte (en) ![]() Grünau-Ost (en) ![]() Innenstadt (en) ![]() Kleinzschocher Knautkleeberg Lindenau Miltitz Möckern Neulindenau (en) ![]() Nordvorstadt (en) ![]() Ostvorstadt (en) ![]() Plagwitz Schleußig Schönau Südvorstadt (pt) ![]() Westvorstadt (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 619.879 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 297,8 km² ![]() | ||||
Bañado por | Elsterflutbett (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 113 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Leipzig (distrito) (pt) ![]() Großpösna (pt) ![]() Brandis (pt) ![]() Borsdorf Markkleeberg (pt) ![]() Pegau Zwenkau Markranstädt (pt) ![]() Taucha (pt) ![]() Krostitz (pt) ![]() Saxónia do Norte (pt) ![]() Jesewitz (pt) ![]() Schkeuditz (pt) ![]() Rackwitz Muldentalkreis (pt) ![]() Delitzsch (pt) ![]() Leipziger Land (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Burkhard Jung (2006–) ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04003, 04357, 04275, 04155, 04157, 04109, 04105, 04229, 04317 e 04159 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0341 ![]() | ||||
Código NUTS | DED51 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 14713000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | leipzig.de ![]() | ||||
![]() |
Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.
A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.
Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Fráncfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.
En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.
División da cidade
editarLeipzig componse de 10 distritos (Stadtbezirk) con 63 barrios históricos.
Os seguintes distritos limitan coa cidade de Leipzig:
Krostitz | Jesewitz | ||
Schkeuditz | Rackwitz | Taucha | |
Borsdorf | Brandis | ||
Markranstädt | Markkleeberg | Naunhof | |
Kitzen | Zwenkau | Großpösna | |
Transportes
editarA cidade dispón desde 1917 de autobuses e tranvías que conectan todos os barrios da cidade entre si. Ademais, estase a construír un metro para certas liñas do tranvía. Leipzig ten tamén un tren suburbano que a conecta coas cidades e vilas próximas dun xeito rápido e efectivo. En 1915 inaugurouse a estación de ferrocarril da cidade, a cal aínda hoxe está en uso e conecta a Leipzig con todo o país. Os aeroportos máis próximos son:
- Aeroporto de Leipzig/Halle, a 15 quilómetros de Leipzig.
- Aeroporto de Leipzig-Altenburgo, a 42 quilómetros de Leipzig.
Persoas destacadas
editarLeipzig é o lugar de nacemento de moitas persoas destacadas, tales como o filósofo e científico Gottfried Wilhelm Leibniz (1646), o compositor Richard Wagner (1813), o historiador da arte Nikolaus Pevsner (1902), o tipógrafo Jan Tschichold (1902), o pintor Max Beckmann o o socialista Karl Liebknecht (1871).
Moitas outras personalidades traballaron durante gran parte da súa vida na cidade, tales como Johann Sebastian Bach, que morreu nella en 1750, e Felix Mendelssohn Bartholdy, o filósofo Friedrich Nietzsche, o premio nobel de física Werner Heisenberg, a política Angela Merkel ou o construtor de automóbiles August Horch.
Die Prinzen é un grupo de música famoso en todo o país, cuxos integrantes estudaron no Conservatorio Superior Felix Mendelssohn-Bartholdy. O grupo comezou a súa carreira musical a finais dos oitenta e foi un dos poucos "produtos" orixinarios da República Democrática Alemá que logrou manter a súa popularidade na Alemaña reunificada. Die Prinzen contan con 14 discos de ouro e 6 de platino (até 2001), entre outros moitos premios.
Till Lindemann, cantante da banda Rammstein, naceu tamén nesta localidade.
Desde outubro de 2010[1] o Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada[2] da Universidade de Leipzig conta cun lectorado de galego [3] e outro de catalán.
Notas
editar- ↑ "Galicia Hoxe (20 de outubro de 2010): Abre un novo centro de estudos galegos en Alemaña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada da Universidade de Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "Blog do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarListaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |