Jakob II Bernoulli
Jakob II Bernoulli, nado en Basilea o 17 de outubro de 1759 e finado en San Petersburgo o 3 de xullo de 1789, foi un físico e matemático suízo, irmán menor de Johann III Bernoulli.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1759 Basilea, Suíza |
Morte | 14 de xullo de 1789 (29 anos) San Petersburgo, Rusia |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Actividade | |
Ocupación | matemático, físico, profesor universitario |
Empregador | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Familia Bernoulli |
Cónxuxe | Charlotte Euler (1789–1789), morte do cónxuxe |
Pais | Johann II Bernoulli e Susanna Koenig |
Irmáns | Johann III Bernoulli Niklas de Johannes Bernoulli Daniel II Bernoulli |
Parentes | Daniel Bernoulli, tío Nicolaus II Bernoulli, tío |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Biográfico Ruso |
Traxectoria
editarRematados os seus estudos literarios, foi, segundo o costume, enviado a Neuchâtel para aprender francés. Ao seu regreso, licenciouse en Dereito. As primeiras leccións que recibira do seu pai foron continuadas polo seu tío Daniel, e tal foi o seu progreso que aos vinte e un anos foi chamado para asumir as funcións da cátedra de física experimental, debido á avanzada idade do seu tío. Despois aceptou a condición de secretario do conde de Brenner, o que lle brindou a oportunidade de ver Alemaña e Italia. En Italia, fixo amizade con Lorgna, profesor de matemáticas en Verona, e un dos fundadores da Società Italiana para o fomento das ciencias. Tamén foi nomeado membro correspondente da sociedade real de Turín; e, mentres residía en Venecia, foi admitido na academia de San Petersburgo, grazas á amistosa representación de Nicolaus von Fuss. En 1788, foi nomeado un dos seus profesores de matemáticas.
Morreu afogado mentres se bañaba no Neva en xullo de 1789, poucos meses despois do seu casamento cunha neta de Leonhard Euler.
Varios dos seus traballos están contidos nos seis primeiros volumes da Nova Acta Academiae Scientiarum Imperialis Petropolitanae, na Acta Helvetica, nas Memorias das Academias de Berlín e Turín e nas publicacións do seu irmán Johann. Tamén publicou por separado algunhas teses xurídicas e físicas, e unha tradución ao alemán de Mémoires du philosophe de Merian.
Foi un dos últimos membros notábeis da familia Bernoulli.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jakob II Bernoulli |
Bibliografía
editar- Este artigo contén textos da edición de 1911 da Encyclopædia Britannica, dispoñible sen restricións coñecidas de dereito de autor.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Jakob II Bernoulli". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews..
- Fritz Nagel, Sulamith Gehr (Hrsg.) (2012-09-06). "Basler Edition der Bernoulli-Briefwechsel". Universidade de Basilea.