Johann Bernoulli

matemático suizo (1667-1748)

Johann Bernoulli ((tamén coñecido como Jean en francés ou John en inglés), nado en Basilea o 27 de xullo de 1667 en Basilea, finado o 1 de xaneiro de 1748, foi un matemático suízo.[1]

Modelo:BiografíaJohann Bernoulli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1667 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Basilea (Antiga Confederación Suíza) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1748 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Basilea (Antiga Confederación Suíza) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPeterskirche 47°33′34″N 7°35′07″L / 47.55943043, 7.58521891 Editar o valor en Wikidata
RelixiónCalvinismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Basilea - medicina (1683–1694) Editar o valor en Wikidata
Director de teseJakob Bernoulli e Nikolaus Eglinger Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, mecánica, análise matemática, cálculo diferencial, cálculo infinitesimal e física Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Xenebra
Groninga - Groningen
Basilea Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, médico, profesor universitario, académico, físico, científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Basilea (1705–1747)
Universidade de Groningen, hoogleraar (en) Traducir (1694–1705) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresGottfried Wilhelm Leibniz Editar o valor en Wikidata
AlumnosGuillaume de l'Hôpital Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLeonhard Euler, Daniel Bernoulli, Johann Samuel König, Pierre Louis Moreau de Maupertuis e Henricus Casimirus Hoorn (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FamiliaFamilia Bernoulli Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDorothea Falkner Editar o valor en Wikidata
FillosNicolaus II Bernoulli, Anne Catherine Bernoulli, Daniel Bernoulli, Johann II Bernoulli Editar o valor en Wikidata
PaisNicolau Bernoulli Editar o valor en Wikidata  e Margaretha Bernoulli Editar o valor en Wikidata
IrmánsJakob Bernoulli
Nicolaus Bernoulli
Hieronymus Bernoulli Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Dicionario Musical Riemann (1901–1904)
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1612503 WikiTree: Bernoulli-1 Find a Grave: 38244430 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Ilustración en De motu corporum gravium... ( Acta eruditorum, 1713)

Inicialmente estudou medicina. O seu irmán Jakob Bernoulli ensinoulle matemáticas.[1][2] O feito de que ás veces o seu nome apareza numerado débese á existencia dun Johann II Bernoulli, nacido máis tarde na familia.

Co seu irmán Jakob, desenvolveu un traballo que precedeu en moito ao cálculo de Gottfried Leibniz. Foi acusado de ter roubado ideas ao seu irmán Jakob e de expulsar da casa o seu fillo Daniel Bernoulli por gañar un premio da Academia Francesa de Ciencias, polo que el mesmo estaba a competir. Fixo investigacións fundamentais sobre cálculo variacional.

O seu primeiro emprego académico foi en Groningen en 1695 como profesor de matemáticas. Despois da morte de Jakob en 1705, ocupou o seu lugar en Basilea.[1] Fixo moito para divulgar o cálculo na Europa. O seu campo de actividade incluía a física, a química, a astronomía, así como as matemáticas. En ciencia aplicada, contribuíu extensamente á óptica, escribiu sobre a teoría das mareas e a teoría matemática da navegación. Mantívose activo ata uns días antes da súa morte, aos oitenta anos.

Contribuíu aínda en varias áreas da matemática aplicada, incluíndo o movemento dunha partícula nun campo gravitatorio. Estabeleceu a ecuación da catenaria en 1690. Propuxo unha máquina de movemento perpetuo.

En 1697, propuxo un problema que se converteu na base do cálculo de variacións: cal é a curva que une dous puntos dados, de tal xeito que unha partícula pesada móvese ao longo da curva, desde o punto superior ata o punto inferior, no tempo mínimo? Despois de ser publicado, permaneceu sen resposta durante aproximadamente un semestre. Este problema foi recibido pola Royal Society que llo enviou a Isaac Newton pola tarde; Newton devolveuno solucionado á mañá seguinte e, segundo John Conduitt, o problema resolveuse o mesmo día en que foi recibido, antes de que Newton fose durmir esa noite. A solución foi enviada entón a Bernoulli sen identificar o autor, quen ao lelo recoñeceu ao instante ao responsábel, exclamando en latín, tanquam ex ungue leonem (traducido como "o león recoñécese pola súa pouta"), en referencia ao distinto método de Newton.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Johann Bernoulli | Swiss mathematician". Encyclopedia Britannica (en inglés). 
  2. "johann bernoulli". Consultado o 2018-09-22. 
  3. Newton, Isaac (2005-05-01). Observations upon the Prophecies of Daniel, and the Apocalypse of St. John (en inglés). Impresso em 1733 por J. Darby e T. Browne. Produzido em 1991 por Arthur Brouhard Robinson. Cave Junction, E.U.A. ISBN 0-942487-02-8. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar