Antonio Colemán
Antonio Pérez-Hugalde Colemán, máis coñecido como Antonio Colemán, nado en 1951 e finado en Ourense o 25 de decembro de 2003, foi un copiloto de rallys, grande impulsor do Rally de Ourense, xunto a Estanislao Reverter
Estatua de Colemán (dereita) e Reverter (esquerda) sentados no Alpinche en Ourense. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
Morte | 25 de decembro de 2003 Ourense |
País de nacionalidade | Galega |
Actividade | |
Ocupación | Copiloto de rallys |
Foi copiloto de varios pilotos, entre eles Peitos,[1][2] e presidente da Escudaría Ourense dende 1983 ata a súa morte en 2003.[3]
Traxectoria
editarAínda que anteriormente interviñera nalgún Rally do Lacón, o seu primeiro rally importante foi o Rally de Ourense de 1970, onde foi copiloto de Moncho Cachafeiro, quedando no posto 26º a bordo dun Seat 850.[4][5] En 1976 comezou a correr como copiloto do ourensán Peitos, debutando a parella no Rally da Coruña, no que lograron a vitoria.[6] Correu con Peitos ata o Rally do Lacón de 1981, onde remataron segundos.[6][7] A continuación foi vicepresidente da Federación Galega de Automobilismo e dende 1983 foi o presidente da Escudaría Ourense, cargo que ocuparía ata o seu falecemento en 2003 a causa dun derramo cerebral.[2] Durante eses anos participou na organización do Rally de Ourense.[3]
Recoñecementos
editarO 23 de xuño do 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce na súa honra e na de Estanislao Reverter, obra do artista Ramón Conde Bermúdez, cos dous sentados no coche de Estanislao, o Alpinche.[8]
Notas
editar- ↑ "Organización do 32 Rallye de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2005. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 "Falece Antonio Colemán, presidente da Escudería Ourense". La Voz de Galicia Ourense. 26 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Presentación da Escudería Ourense na súa web
- ↑ "Clasificación final Rally de Ourense de 1970" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2020. Consultado o 9 de xuño de 2020.
- ↑ "Expectación e interés están garantizados en el Rally de Orense, según su director". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de abril de 1989. p. 44.
- ↑ 6,0 6,1 Rodríguez, Maite (5 de maio de 2019). "Peitos: «Si corro en un rali es con el Escort de Chumbo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020.
- ↑ "Carlos Piñeiro invencible en rallys". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 1981. p. 53.
- ↑ "Unha homenaxe con polémica". La Voz de Galicia Ourense. 28 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2011.