Víctor de Silva Posada
Víctor de Silva Posada, nado en Mondoñedo o 25 de abril de 1858[1] e finado na mesma vila o 27 de decembro de 1925,[2] foi un escritor, historiador e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1858 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Morte | 27 de decembro de 1925 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, xornalista ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarEspecializado en estudos históricos. Colaborou en El Hermandino e foi redactor de La Juventud e El Reparador de Mondoñedo. Publicou artigos en El Diario de Lugo, La Mañana, Galicia Diplomática, La Voz de Galicia, El Regional, Diario de Pontevedra, El Lucense, El Eco de Vivero e Galicia Recreativa. O seu “Episcopologio Mindoniense”, que comezou a publicarse por capítulos en El Lucense en 1891, quedou ás portas de ver a luz como libro. Militou no Partido Liberal e foi concelleiro de Mondoñedo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Sociedade Económica de Amigos del País. Foi soterrado no Cemiterio Vello de Mondoñedo.
Notas
editar- ↑ El Regional, 20-1-1908, p. 2.
- ↑ El Regional, 29-12-1925, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 30–34. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 28 de maio de 2024.