Galicia Diplomática
Galicia Diplomática foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1882 e 1893.
Galicia Diplomática | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista semanal de Archivos y Bibliotecas, Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencia y Artes, apareceu o 9 de xullo de 1882. Foi a primeira revista histórica de Galicia. Fundada e dirixida por Bernardo Barreiro, entre os seus colaboradores estaban José Villaamil Castro, Alfredo Vicenti, Pablo Pérez Costanti, Pedro Rodríguez, Francisco María de la Iglesia, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal. Tiña unha sección literaria na que se reproduciron cantigas, poemas e biografías. Publicou gravados de Enrique Mayer.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galicia Diplomática |
Bibliografía
editar- "Galicia Diplomática". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 222. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
editar- Paz-Andrade, Valentín (2 de setembro de 1982). "A centenaria fazaña cultural da Galicia Diplomática". La Voz de Galicia.