La Mañana (A Coruña)

xornal editado na Coruña entre 1888 e 1902

La Mañana foi un xornal editado na Coruña entre 1888 e 1902.

La Mañana

Editar o valor en Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeA Coruña
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal
Na rede
Galiciana: 2781
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Xornal de tendencia conservadora, órgano oficioso de Aureliano Linares Rivas, apareceu en febreiro de 1888. Subtitulado Diario Liberal-Conservador dende 1896. Foron os seus directores Eladio Rodríguez González, Pedro Seoane Varela (1895), Ventura García Rivera (1896), Vicente Pardo Tenreiro e Adolfo Lahorra (1902).[1] Editábase nos obradoiros do propio xornal. Cesou a súa publicación a finais de xullo de 1902, sendo substituído por Diario de La Coruña.[2]

  1. Diario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 4-8-1902, p. 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar