Tempada 1910/11 do Deportivo da Sala Calvet
A tempada 1910/11 foi a quinta tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet.
Tempada 1910–11 | |||
Presidente | ![]() | ||
---|---|---|---|
Estadio | Campo de Riazor | ||
|
Resumo da tempada
editarO Deportivo da Coruña iniciou a tempada 1910/11 cun partido amigable en beneficio da asociación El Niño Descalzo. Inicialmente, o Real Club Coruña era o outro equipo convidado, pero rexeitou a invitación, polo que o Deportivo enfrontouse finalmente ao Victoria de Ferrol, o club da Construtora Naval, empatando a dous goles.[1][2]
Tanto o Deportivo como o Coruña inscribíronse en 1910 por primeira vez no Campionato de Galicia que viña organizando en Vigo o Vigo FC e disputaron antes unha eliminatoria previa para decidir o representante coruñés no torneo, que sería o que antes chegase ás dúas vitorias. No primeiro encontro, disputado o 9 de outubro, saíu triunfante o Coruña, cun gol de Sindo, mentres que unha semana despois, nun tenso e violento partido, non se pasou do empate (1-1). Finalmente, o 23 de outubro xogouse en Riazor un terceiro encontro, no que o Deportivo aliñou a Ramos, Ancos, Rodilla, José de Llano, Ocaña, Rajoy, Johnson, Ángel Rodríguez, Manuel Álvarez, Félix de Paz e Mejuto. Nun partido de novo duro e violento, a vitoria foi para o conxunto de Monelos, grazas a un solitario gol de Monasterio.[3]
En 1911 o Deportivo inscribiuse na primeira edición da Copa Urzaiz, competición organizada polo Vigo FC, á que se apuntaron outros tres clubs coruñeses: Galicia, Real Club Coruña e María Pita. Estes dous últimos acabaron retirándose, polo que o Deportivo xogou contra o Galicia unha eliminatoria para decidir o representante coruñés na competición. Despois de que o árbitro lle anulase dous goles ao Galicia, este equipo deixouse marcar varios goles como protesta, rematando o encontro cunha goleada por 9-0 a favor do Deportivo.[4][5] Con todo, o Deportivo non chegou a disputar a Copa Urzaiz, pois a súa petición de adiar o seu encontro, programado para esa mesma semana, foi rexeitada.[4]
En febreiro de 1911 o conxunto coruñés enfrontouse a un equipo formado por mariñeiros ingleses dos cruceiros lixeiros Liverpool e Gloucester, que viñan de derrotar a varios clubs da provincia de Pontevedra, e conseguiu unha memorable vitoria por 3-0.[6][7][8] Uns días despois o Deportivo recuperou a Copa Gabino Bugallal, organizando unha segunda edición cun regulamento aprobado pola Federación Española. Inscribíronse, ademais do Deportivo, os coruñeses Galicia, Everton, Celita e María PIta, o santiagués Gimnasio, o ferrolán Victoria e o betanceiro Brigantino.[9]
O Deportivo iniciou a súa andadura no torneo xa en semifinais, derrotando por 4-0 ao Gimnasio, cun triplete de Paco Macho.[10] Antes da continuación do torneo, o Deportivo afrontou outros compromisos, e en abril xogou en dúas ocasións ante o Vie au Grand Air du Médoc francés, sendo este o primeiro club estranxeiro ao que se enfrontou na súa historia, pois os equipos ingleses contra os que xogara anteriormente eran tripulacións de diferentes buques.[11] Nun campo de Riazor ateigado cuns 3.000 espectadores, o Deportivo conseguiu a vitoria por 3-2 no primeiro encontro e un empate ao día seguinte.[11]
A finais de abril chegou á Coruña o Racing Club de Irún para disputar dous amigables contra o Deportivo, encontros que tiveron unha gran repercusión na cidade, enchendo o campo de Riazor dous días seguidos.[12] No primeiro deles, no que debutou co club galego Pinto de Carvalho, o primeiro futbolista portugués da historia do club, adiantouse o Deportivo cun gol de Macho, antes de que o Racing lle dese a volta ao marcador con dous goles e de que de novo Macho puxese o empate definitivo.[13] No segundo partido, o Racing goleou por 4-0 aos coruñeses, sendo todos os goles obra do histórico Patricio Arabolaza, ata que o partido se suspendeu trala grave lesión de Baldomero Martínez, que sufriu unha rotura de tibia e peroné.[14]
Os seguintes partidos do Deportivo foron amigables contra o María Pita (vitoria por 3-0) e contra o Fortuna de Vigo. O partido contra os vigueses, programado para o día 15 de xuño, suspendeuse aos 15 minutos por mor da intensa choiva caída sobre o campo de Riazor, mesmo motivo que obrigou á suspensión do encontro ao día seguinte, tras 5 minutos de xogo.[15] A continuación participou na Copa da Asociación da Prensa da Coruña, xunto a Fortuna e Vigo, torneo que foi gravado polo cineasta Eduardo Villardefrancos para o seu filme Torneo de foot ball, un documental estreado un mes despois no Salón de París da Rúa Real e que supón a segunda gravación en vídeo dun partido de fútbol en España.[16] No primeiro encontro o Deportivo caeu ante o Vigo por 1-2, mentres que no segundo o Fortuna derrotou ao outro conxunto vigués. A Asociación da Prensa establecía un terceiro partido para decidir o campión, pero o Fortuna emprendeu a viaxe de regreso a Vigo, considerando que o título era xa seu, pois derrotara ao club que gañara ao Deportivo. Máis tarde a Federación Española declarou vencedor ao Fortuna, aínda que o trofeo quedou en mans do Deportivo.[17]
O 2 de xullo disputouse en RIazor a final da Copa Gabino Bugallal entre o Deportivo e o Everton, resultando vencedor o primeiro por 5-1. A continuación o Deportivo xogou sete encontros amigables, destacando as súas vitorias contra os cadetes da Academia de Infantería de Toledo e contra Gimnástica de Madrid.[18] Xa en agosto caeu goleado por 5-0 diante do Fortuna de Vigo no campo de Bouzas, nun encontro correspondente á Copa López Seoane.[19]
Persoal
editarXogadores
editarPos | Nac | Nome |
---|---|---|
POR | Rogelio Ramos | |
DEF | Rodilla | |
DEF | Ancos | |
DEF | Wiilson | |
MED | José de Llano | |
MED | Jack Johnson | |
MED | Manuel Ocaña | |
MED | Ángel Rodríguez | |
MED | Samuel Campbell | |
MED | Ramón Portela | |
MED | Rosendo Silva | |
MED | Pinto de Carvalho | |
DIA | Virgilio | |
DIA | Macho | |
DIA | Parra | |
DIA | Manuel Álvarez | |
DIA | Ramón Blanco-Rajoy | |
DIA | Mejuto | |
DIA | César Pita | |
DIA | Antonio Portela | |
DIA | Félix de Paz | |
DIA | Antonio Catoira | |
DIA | José Rodríguez | |
DIA | Vicente González | |
DIA | Eduardo Silva | |
DIA | Barreiro | |
DIA | Joaquín Pérez |
Xunta directiva
editarCargo | Nome |
---|---|
Presidente | José Longueira Díaz |
Vicepresidente | Sixto Pedregal |
Tesoureiro | Francisco Domínguez |
Contador | Virgilio Rodríguez |
Secretario | Salvador Fojón |
Partidos
editarVitoria
Empate
Derrota
Amigables
editarA beneficio de El Niño Descalzo 11 de setembro de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Victoria | A Coruña | ||
17:00 | Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||||
5 de febreiro de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 8 – 1 | María Pita | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
13 de febreiro de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 3 – 0 | HMS Liverpool + HMS Gloucester | A Coruña | ||
16:15 | Virgilio 10?' 89' Macho 30?' |
Informe | Estadio: Riazor | |||
5 de marzo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Ferrol FC + Victoria | A Coruña | ||
Parra 50?' 70?' | Informe | ? 55?' ? 75?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Iribarren | |||
16 de abril de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 3 – 2 | VGA Médoc | A Coruña | ||
16:30 | Macho 10?' Virgilio 25' Manuel Álvarez 32' |
Informe | Morand 43' Gasqueton 85' |
Estadio: Riazor Asistencia: 3.000 Árbitro: Félix de Paz | ||
17 de abril de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 1 – 1 | VGA Médoc | A Coruña | ||
16:30 | Manuel Álvarez 88' | Informe | Gasqueton 68' | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||
30 de abril de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Racing de Irún | A Coruña | ||
Macho 3' 89' | Informe | Rodríguez 10?' ? 70?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Viyella | |||
1 de maio de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 4 | Racing de Irún | A Coruña | ||
17:00 | Informe | Arabolaza 10?' 20?' 30' 70?' | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | |||
28 de maio de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 3 – 0 | María Pita | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
15 de xuño de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | –[n 1] | Fortuna de Vigo | A Coruña | ||
Estadio: Riazor | ||||||
- ↑ O partido suspendeuse aos 15 minutos por mor da choiva e adiouse ao día seguinte.
16 de xuño de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | –[m 1] | Fortuna de Vigo | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
- ↑ O partido suspendeuse aos 5 minutos por mor da choiva.
9 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Vilagarcía FC | A Coruña | ||
17:40 | Virgilio 35' 53' | Informe | Pepe Rodríguez 45' Castelao 80' |
Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||
16 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 4 – 1 | Academia de Infantería de Toledo | A Coruña | ||
18:20 | Virgilio 12' 78?' Macho 14' 75?' |
Informe | ? 10?' | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||
17 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 6 – 3 | Academia de Infantería de Toledo | A Coruña | ||
18:30 | Virgilio 11' 20' 43' 73' 77' Macho 60?' |
Informe | Oliva 21' Buruaga 25?' 56' |
Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||
23 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 1 | Gimnástica de Madrid | A Coruña | ||
Informe | Espinosa 19' | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||||
24 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 5 – 3 | Gimnástica de Madrid | A Coruña | ||
18:41 | Manuel Álvarez 20?' 80?' (p.) Virgilio 41' 60' Barreiro 75' |
Informe | Espinosa 25?' Morales 30?' Saura 30?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Preston | ||
30 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 1 | Gimnástica de Madrid | A Coruña | ||
Informe | Saura 25?' | Estadio: Riazor Árbitro: Iribarren | ||||
Copa López Seoane 8 de agosto de 1911 | Fortuna de Vigo | 5 – 0 | Deportivo da Sala Calvet | Vigo | ||
? 15?' ? 30?' ? 50?' ? 65?' ? 80?' |
Informe | Estadio: Bouzas Árbitro: Briand | ||||
Campionato de Galicia (Vigo)
editarPrevia 1 9 de outubro de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 1 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
16:15 | Informe | Sindo 62' | Estadio: Riazor | |||
Previa 2 16 de outubro de 1910 | Real Club Coruña | 1 – 1 | Deportivo da Sala Calvet | Oza | ||
15:30 | Ancos 10?' | Informe | Mejuto 70?' | Estadio: Monelos | ||
Previa 3 23 de outubro de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 1 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
16:00 | Informe | Monasterio 25?' | Estadio: Riazor | |||
Copa Urzaiz
editarPrevia 26 de xaneiro de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 9 – 0 | Galicia | A Coruña | ||
13:45 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
Copa Gabino Bugallal
editarSemifinais 2 de abril de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 4 – 0 | Gimnasio | A Coruña | ||
17:20 | Macho 10?' 30?' 70?' Portela 20?' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | |||
Final 2 de xullo de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 5 – 1 | Everton | A Coruña | ||
16:30 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
Copa Asociación da Prensa da Coruña
editar24 de xuño de 1911 | Deportivo da Sala Calvet | 1 – 2 | Vigo | A Coruña | ||
17:00 | Joaquín Pérez 46' | Informe | Ancos 30' Hawthorne 60' |
Estadio: Riazor Árbitro: Pepe Rodríguez | ||
Notas
editar- ↑ Ventureira 2022, p. 117.
- ↑ "De Sport". El Correo de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 1910. p. 2. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 118-119.
- ↑ 4,0 4,1 Ventureira 2022, p. 126.
- ↑ "Notas de Sport". El Noroeste (en castelán). 27 de xaneiro de 1911. p. 2. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Los partidos de ayer - Foot-ball y rugby". El Noroeste (en castelán) (5566). 14 de febreiro de 1911. p. 1. Consultado o 28 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Partidos de football y de rugby". El Eco de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 1911. p. 1. Consultado o 2 de decembro de 2024.
- ↑ Ventureira 2022, p. 128.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 128-129.
- ↑ "Campeonato provincial". El Noroeste (en castelán) (5614). 3 de abril de 1911. p. 1. Consultado o 28 de xaneiro de 2025.
- ↑ 11,0 11,1 Ventureira 2022, p. 131.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 132-133.
- ↑ "Notas de sport". El Noroeste (en castelán) (5631). 1 de maio de 1911. p. 1. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Racing-Deportivo". El Noroeste (en castelán) (5632). 2 de maio de 1911. p. 1. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, p. 135.
- ↑ Ventureira 2022, p. 142.
- ↑ Ventureira 2022, p. 137.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 139-141.
- ↑ "Notas de sport". El Noroeste (en castelán) (5731). 9 de agosto de 1911. p. 1. Consultado o 31 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.