Eduardo Villardefrancos
Eduardo Villardefrancos Rodríguez, nado na Coruña en 1874 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1939, foi un empresario cinematográfico galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1874 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 1 de novembro de 1939 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ![]() |
Traxectoria
editarFoi fillo de Eduardo Villardefrancos Pardo de Andrade e alumno do pintor Luís Álvarez. Estudou en París Belas Artes. Traballou de profesor de debuxo e foi tamén libreiro, pero en xullo de 1908 abriu na Coruña o salón París. No salón París realizábanse diferentes espectáculos, e posteriormente, dende finais de 1911, adicouse exclusivamente á proxección de filmes. Esta sala foi a primeira sala de cine estable de Galicia, e unha das máis importantes da Coruña durante as primeiras décadas do século XX.[1]
Tamén se adicou á produción e a traballar como operador de filmes, gravando varias reportaxes sobre acontecementos sociais da cidade da Coruña. Algúns dos que se proxectaron foron: La Semana Santa en La Coruña (1911), Torneo de foot-ball (1911), Llegada y salida del tren rápido de La Tribuna y banquete con los periodistas locales (1912), Gran concurso hípico coruñés (1912) ou La botadura del Alfonso XIII (1913).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Entrada “Villardefrancos, Eduardo” na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.