Salvador Gil Moure
Salvador Gil Moure, coñecido como Carolo, nado en Arcos (Chantada) cara a 1913 e finado na Peroxa o 7 de febreiro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Arcos, España ![]() |
Morte | 7 de febreiro de 1942 ![]() A Peroxa, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, explosión ![]() |
Outros nomes | Carolo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarVeciño de Gomesende. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Formou parte dun grupo guerrilleiro comandado polos irmáns Antonio e Eulogio Rodríguez González que actuou dende 1939 nos Peares e na Peroxa xunto con Clemente Justo Quiroga Vázquez, e do que formaban parte os enlaces Lino Fernández Rodríguez, Agustín Rodríguez Incógnito e Severo Rodríguez Peleteiro.[1] Cando os irmáns Rodríguez González marcharon a Cataluña en agosto de 1941, quedou ao mando do grupo. Foi requirido polo xuíz militar de Lugo pola causa 422/41 por atraco a Ricardo Sobrado Fernández, de Sabadelle, e morte do garda civil Rogelio González Coldeiro, xunto con Jesús López Suárez.[2] Foi condenado pola propia guerrilla por roubar aos labregos e morto por unha bomba de man na Peroxa, na liña de ferrocarríl Monforte-Vigo, o 7 de febreiro de 1942.[3][4]
Notas
editar- ↑ La Región, 17-2-1942.
- ↑ El Progreso, 21-6-1941, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.
- ↑ El guerrillero desconocido (1945, un maqui en la cárcel de Cuenca).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 24. ISBN 978-84-8487-635-9.