Clemente Justo Quiroga Vázquez
Clemente Justo Quiroga Vázquez, nado na Peroxa o 23 de novembro de 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1914 ![]() A Peroxa, España ![]() |
Morte | século XX ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Traxectoria
editarVeciño de Vilaboa (Carracedo). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 29 de agosto de 1939, internado na prisión de Ourense saíu en liberdade o 14 de decembro.[1] Formou parte dun grupo guerrilleiro comandado polos irmáns Antonio e Eulogio Rodríguez González que actuou dende 1939 nos Peares e na Peroxa xunto con Salvador Gil Moure.[2] Foi o encargado da execución de Salvador Gil Moure cunha bomba de man na Peroxa, na liña de ferrocarríl Monforte-Vigo, o 7 de febreiro de 1942.[3] Como consecuencia do asasinato, foi detido o 13 de febreiro de 1942 xunto cos enlaces da guerrilla Lino Fernández Rodríguez, Agustín Rodríguez Incógnito e Severo Rodríguez Peleteiro.[4]
Notas
editar- ↑ "Ficha en Represión franquista en Ourense". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2023.
- ↑ La Región, 17-2-1942.
- ↑ El guerrillero desconocido (1945, un maqui en la cárcel de Cuenca).
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.