Jesús López Suárez
Jesús López Suárez, coñecido como Gazapo, nado en Ansoar (Fornas, Chantada) cara a 1916 e finado en 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 ![]() Ansoar, España ![]() |
Morte | 1942 ![]() valor descoñecido ![]() |
Outros nomes | Gazapo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Manuel López e Veneranda Suárez Crespo, veciño de Ansoar. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desertou do Batallón 353, estivo fuxido e formou parte do grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada, comandados por Salvador Valcárcel Montenegro. Participou no asalto á sucursal do Banco Pastor en Chantada e ao ómnibus da empresa Montaña. A Garda Civil tamén o acusou de ter participado no asasinato dun garda civil, de dous paisanos e de ferir a un comandante de aviación, un cabo e dous soldados de infantaría e un cabo da Garda Civil. O grupo quedou desfeito trala morte pola Garda Civil de Salvador Valcarcel e outros dous guerrilleiros da partida en Adá o 11 de abril de 1939.[1]
Foi xulgado en Lugo na causa 812/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo Xulgado Militar de Vigo en decembro de 1939 xunto con Benjamín Argiz Fiunte e Victorino Quintana Vázquez.[2] A súa nai, Veneranda Suárez, foi detida en Chantada o 1 de marzo de 1940 por auxilio a fuxidos, pasando ao Cárcere de Lugo de onde saíu en liberdade o 26 de abril.[3] Ese mesmo ano Jesús tomou a decisión de exiliarse, e para facelo entrou en contacto cunha rede de evasión con ánimo de lucro. Desta rede formaba parte Carmen Cervelo Iglesias, que foi procesada en 1941 acusada de auxilio á rebelión por "facilitar o intento de fuga ao estranxeiro de Jesús López Suárez", xulgada en Lugo o 14 de decembro de 1942, foi condenada a 12 anos e un día de prisión. Foi requirido polo xuíz militar de Lugo pola causa 422/41 por atraco a Ricardo Sobrado Fernández, de Sabadelle, e morte do garda civil Rogelio González Coldeiro, xunto con Salvador Gil Moure.[4] Jesús López foi detido pola Garda Civil de Chantada en xuño de 1942.[5] Morreu en 1942, pois a súa testemuña "antes de su muerte" figura na causa 365/42.
Notas
editar- ↑ "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado". Consultado o 04 de agosto de 2020.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-12-1939, p. 2.
- ↑ Ficha de Veneranda Suárez en Represión franquista en Lugo
- ↑ El Progreso, 21-6-1941, p. 3.
- ↑ El Progreso,11-6-1942, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Valencia: Publicacions de la Universitat de València. p. 178. ISBN 978-84-370-9089-4.
- Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 27. ISBN 978-84-8487-635-9.