Raquel Peláez
Raquel Peláez Gusano, nada en Ponferrada no ano 1978, é unha xornalista e escritora española especializada en temas de consumo, cultura de masas e antropoloxía urbana.[1][2] Desde 2020, é a subdirectora da revista de moda, beleza, tendencias e famosos S Moda de El País.[3][4]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 ![]() Ponferrada, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela London College of Communication ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Posteriormente, cursou un máster en Mercadotecnia polo London College of Communication entre 2007 e 2009.[5] Comezou o seu labor profesional en xornais rexionais como o Diario de León, onde estivo entre 1997 e 1998, e despois en La Voz de Galicia. En 2009, comentou a traballar na edición española da revista estadounidense Vanity Fair, onde chegou a redactora xefa de Vanity Fair dixital entre 2017 e 2019.
Tamén no 2019 entrou a traballar para a revista de moda, beleza, tendencias e famosos S Moda de El País como redactora xefa. Ao ano seguinte, en maio de 2020, Peláez foi nomeada subdirectora.[4][6] Desde o 12 de novembro de 2024, ocupa a columna da contraportada de El País dos martes.[7] A substitución produciuse tras a saída do escritor Fernando Aramburu desta tribuna, que levaba desde abril de 2022.[8][9]
Peláez é autora de ¡Quemad Madrid! (o llevádme a la López Ibor), en referencia á clínica psiquiátrica dirixida polo médico Juan José López Ibor. Foi un libro publicado en 2014 pola editorial Libros del K.O.` no que trata en profundidade os artigos escritos no seu blog sobre a vida na cidade, e dá conta de coñecidos personaxes talles como David Summers, Joaquín Sabina, Esperanza Aguirre ou Javier Marías, entre outros.[10][11] As ilustracións están a cargo do historietista Alfonso Zapico.[12]
En 2019, publicou Londres-Libro de viaje, ilustrado por Inma Serrano. Neste libro, e despois de vivir en Londres durante varios anos, Peláez confeccionou un retrato interior da sociedade londiniense e os seus habitantes, as paisaxes das súas rúas e o seu atractivo turístico.[13]Posteriormente, en 2024, publicou Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España, un ensaio cun estilo humorístico e crítico onde explora as contradicións e superficialidades do fenómeno pijo en España, facendo un retrato desenfadado pero incisivo sobre as desigualdades e o culto ás aparencias na sociedade.[14][15][16]
Recoñecementos
editarPeláez foi seleccionada para participar no proxecto No me cuentes cuentos,[17] unha iniciativa conxunta da consultora de comunicación Prodigioso Volcán e a newsletter de información xeral Kloshletter. Trátase dun libro de relatos infantís cuxas protagonistas son mulleres españolas e no que Peláez ocupouse da figura de Concepción Arenal.[18]
Obra
editar- 2014 – ¡Quemad Madrid! (o llevadme a la López Ibor). Libros del K.O. Madrid. ISBN 9788416001224.[19][12]
- 2019 – Londres: libro de viaje. Ilustrado por Inma Serrano. Tintablanca. Madrid. ISBN 978-84-949894-6-9.[20][13]
- 2024 – Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España. Blackie Books. Madrid. ISBN 978-8410025233.[21][13]
Notas
editar- ↑ K.O, Libros del. "Raquel Peláez". Libros del K.O. (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
- ↑ "Londres" (en castelán). Consultado o 2023-04-15.
- ↑ SER, Cadena (2021-12-14). "Raquel Peláez, subdirectora de S Moda: 'Hay mucho estilo en el Bierzo'" (en castelán). Consultado o 2023-04-16.
- ↑ 4,0 4,1 "Quiénes somos" (en castelán). Consultado o 2023-04-16.
- ↑ K.O, Libros del. "Raquel Peláez". Libros del K.O. (en inglés). Consultado o 2025-01-30.
- ↑ "Sofía Ruiz de Velasco, directora de S Moda ~ Mujeres&Cia". Mujeres y Cia (en castelán). 2020-03-24. Consultado o 2023-04-16.
- ↑ "Primera columna de Raquel Peláez en la contraportada de El País (12/11/2024).".
- ↑ Fernando Aramburu (5/11/2024). "Despedida". El País (en castelán).
- ↑ "Fernando Aramburu, nuevo columnista de El País". El País.
- ↑ "La 'antiguía' del Madrid que pasa desapercibido". El Mundo (en castelán). 2014-07-06. Consultado o 2023-04-16.
- ↑ ¡Quemad Madrid!. tiposinfames.com (en castelán). Consultado o 2023-04-16.
- ↑ 12,0 12,1 "¡quemad Madrid! (libro del 2014). Escrito por Raquel Pelaez. ISBN 9788416001224" (en castelán). 2022-11-26. Consultado o 2023-04-16.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "Londres - libro de viaje". Consultado o 2023-04-15.
- ↑ Gracia, Jordi (2024-09-18). "‘Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España’: cayetanos, fachalecos y otras especies" (en castelán). Consultado o 2024-11-14.
- ↑ "Lee “Quiero y no puedo”. Raquel Peláez en Bookmate" (en castelán). Consultado o 2024-11-14.
- ↑ Pablo-Ignacio de Dalmases. "“Lo pijo, como todo lo aspiracional, es una cuestión de símbolos” (Raquel Peláez, “Quiero y no puedo”)". CatalunyaPress.es (en castelán). Consultado o 2024-11-14.
- ↑ "Cuentos". No me cuentes cuentos (en castelán). Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "Concepción Arenal, pionera del feminismo" (en castelán). 2018-09-25. Consultado o 2023-04-15.
- ↑ Peláez, Raquel (xuño de 2014). ¡Quemad Madrid! : (o llevadme a la López Ibor) (Primera edición ed.). ISBN 978-84-16001-22-4. OCLC 883317998. Consultado o 2023-04-15.
- ↑ Serrano, Inma (2019). Londres : libro de viaje. Tintablanca. ISBN 978-84-949894-6-9. OCLC 1135875981. Consultado o 2023-04-15.
- ↑ Pelaez, Raquel (2024). Quiero y no puedo: Una historia de los pijos de España. Blackie Books. ISBN 978-8410025233. Consultado o 2024-09-16.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigos de Raquel Peláez en Vanity Fair.
- Artigos de Raquel Peláez en El País.