Alfonso Zapico
Alfonso Zapico, nado en Blimea, Samartín del Rey Aurelio, Asturias, 1981, é un historietista e ilustrador español, que traballa fundamentalmente para o mercado franco belga. En 2012, a súa novela gráfica Dublinés foi galardoada co Premio Nacional de Banda deseñada de España.[1]
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() Blimea, España ![]() |
Educación | Ecole Nationale Supérieure des Arts Décoratifs (pt) ![]() Escuela de Arte de Oviedo (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración, Caricatura e banda deseñada ![]() |
Ocupación | artista de banda deseñada, caricaturista, ilustrador, guionista de cómics, creador de banda deseñada ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Sitio web | alfonsozapico.eu ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Biografía
editarTras realizar estudos de ilustración e deseño na escola de arte de Oviedo, os seus primeiros traballos profesionais no mundo da banda deseñada publicáronse en Francia: La guerre du professeur Bertenev (Editions Paquet, 2006), ambientada na guerra da Crimea e que recibiu o Prix BD Romanesque no FestiBD Ville de Moulins no 2007, e o volume colectivo Un jour de mai.
No 2008 publicou Café Budapest, que aborda o conflito árabe-israelí e que foi editado en España por Astiberri e en Polonia (Timof). En xuño de 2008 alcanzaría o Premio Haxtur ao mellor guión. Ademais de banda deseñada, realiza traballos gráficos para diversas editoriais. Colabora así mesmo co diario La Nueva España e outros xornais rexionais, e fíxoo coa revista de banda deseñada en asturiano El Gomeru.
A partir do mes de outubro de 2008 empezou a colaborar co semanario Les Noticies cunha tira titulada Les pites de Grau, que substitúe o espazo que ocupaba outro debuxante asturiano, Ruma Barbero.
En 2009 participou nun volume colectivo xunto cos dibujantes Daniel Acuña, Fernando Baldón, Toni Carbós, Carlos Sofía Espinosa, Javier Fernández, Bernardo Muñoz, Javier N.B., e Rubén e con guión de Javier Cosnava: Un buen hombre, sobre a vida cotiá dos oficiais da SS nas aforas dun campo de concentración.[2]
En 2010, obtivo o Premio Josep Toutain ao Autor Revelación no Salón Internacional de Banda Deseñada de Barcelona por La guerra del profesor Bertenev, editado en España por Dolmen.[3] Para a súa seguinte obra, unha biografía de James Joyce titulada Dublinés, contou coa bolsa AlhóndigaKomik, que lle permitiu residir durante un ano na Maison des auteurs en Angulema (Francia).[4]
Obra
editarAnos | Título | Tipo | Publicación |
---|---|---|---|
05/2005-11/2006 | Les aventures de Manolita Pulgarcita | Serie | "El Gomeru" núm. 5, 7-9 |
2008 | Café Budapest | Novela gráfica | Astiberri |
2009 | La guerra del profesor Bertenev | Dolmen | |
2011 | Imposible mirar para otro lado | Coordinadora de ONG do Principado de Asturias | |
2011 | Dublinés | Novela gráfica | Astiberri |
2011 | La ruta Joyce | Cuaderno de viaje | Astiberri |
2013 | El otro mar | Novela gráfica | Astiberri |
2015 | La balada del norte. Tomo 1 | Novela gráfica | Astiberri |
2017 | La balada del norte. Tomo 2 | Novela gráfica | Astiberri |
2018 | Los puentes de Moscú | Novela gráfica | Astiberri |
Premios
editar- 2008 Premio Haxtur ao "Mellor Guión" por Café Budapest no Salón Internacional de Banda Deseñada do Principado de Asturias
- 2008 Premio Haxtur ao "Finalista máis votado polo Público" por Café Budapest.
- 2008 Nomeado ao Premio Haxtur á "Mellor Historia Longa" por Café Budapest.
- 2009 Premio Haxtur ao "Mellor Historieta Curta" polo traballo colectivo Un buen hombre.
- 2009 Nomeado ao Premio Haxtur á "Mellor Historia Curta" por La guerra del profesor Bertenev.
- 2012 Premio Nacional de Cómic 2012 por Dublinés.
- 2015 Premio Haxtur ao "Mellor guión" por La Balada del Norte.
Notas
editar- ↑ Manrique Sabogal, Winston (22/10/2012). Alfonso Zapico, Premio Nacional de Cómic 2012, por un libro sobre Joyce
- ↑ Serrano, Alejandro (17/11/2009). Un buen hombre, de Javier Cosnava Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Fantasymundo.
- ↑ Graell, Vanessa en 'Hat trick' para 'El arte de volar' para El Mundo, 07/05/2010.
- ↑ Pons, Álvaro (25/03/2011). Zapico, autor revelación do cómic, publica 'Dublinés', "El País".