Mia Bardolet
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Josep Maria Bardolet, nado en Vic o 22 de febreiro de 1964, é un expiloto de rally catalán, máis coñecido como Mia Bardolet.
![]() Bardolet 1992 | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (ca) Josep Maria Bardolet Casellas ![]() 22 de febreiro de 1964 ![]() Vic, España ![]() | |||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de rally, piloto de automobilismo ![]() | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | rally ![]() | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
1993 | Campionato de España de Rallys (1º) | |||||||||||||||||||||||||
1991 | Campionato de España de Rallys de Terra (1º) | |||||||||||||||||||||||||
1986 | Q27986645 ![]() | |||||||||||||||||||||||||
1985 | Q28711640 ![]() | |||||||||||||||||||||||||
1985 | Q28711636 ![]() ![]() |
|||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Gañou o Campionato de España de Rallyes de Terra 1991 e o de Asfato en 1993, e o Grupo N en 1989.
Traxectoria
editarInicios
editarComezou a competir a principios da década dos 80, primeiro no Campionato Zanini-Racing e logo no Campionato Catalán de Rally.
Máis tarde, en 1985 gaña Volant RACC con un Renault 5 Copa e ao ano seguinte en 1986 pasa a ser piloto semioficial de Citroën onde conducindo un Citroën Visa GTI gañou o Campionato Catalán en 1986 logo de conseguir dúas vitorias.
Posteriormente, en 1987 repetiu título e disputou por primeira vez unha proba nacional, fóra de Cataluña, o Rallye Valeo e disputou en 1988 o Campionato de España de Asfalto, como piloto semioficial de Citroën, cambiando a un Citroën AX Sport, a partir do 4º rallye.
Anos en Ford
editarEn 1989 chegoulle a grande oportunidade e ficha por Ford España, para pilotar un Ford Sierra Cosworth Gr:N, co reto de reeditar para Ford, o título Nacional do Gr:N, conquistado un ano antes polo seu compañeiro Jesús Puras. Bardolet domina o campionato, e faise co título a falta dunha proba, finalizando cuarto na clasificación Xeral Absoluta.
En 1990 pasa a ser o piloto Nº1 de Ford España, e pilota o Ford Sierra RS Cosworth Gr:A, no Nacional de Asfalto. Consegue dúas vitorias no apartado Nacional, Rallye Cataluña e Rallye Valeo, pero con 4 abandonos, e cun coche en clara desvantaxe con respecto o Lancia Delta de Jesús Puras, finalizou de novo cuarto o final da tempada. Ese mesmo ano participou no Campionato de Rallyes de Terra, co novo Ford Sierra Cosworth 4X4, conseguindo gañar no primeiro rallye, o Rally de Alacant, e tamén no Rally de Talavera, esta coa futura arma de Ford Motorsport, o Ford Escort RS Cosworth, sendo esta a 1ª carreira e a 1ª vitoria do Escort Cosworth a nivel mundial.
En 1991 Ford, centrouse no Campionato de Terra, e con un inicio moi forte, conseguiu manterse líder, para finalmente proclamarse Campión de España de Rallyes de Terra. Ese mesmo ano tamén correu dúas probas de asfalto, Osona con Ford España e no Cataluña-Costa Brava co equipo oficial Ford Motorsport Q8 Team, sendo esta o seu debut no Mundial de Rallyes.
1992 tivo un inicio prometedor. Coa participación en terra co novo Escort RS Cosworth, gañou as dúas primeiras carreiras, pero estando en fase de preparación do novo coche, Ford Motorsport, preferiu centrarse en usar especificacións de Grupo A, sendo esta unha clara desvantaxe, fronte os seus rivais que usaban especificacións Proto, finalizando o ano subcampión detrás de Gustavo Trelles. O final de ano, Ford decide centrarse en circuítos, ofrecéndolle un volante, cousa que el declina, polo que termina a súa relación con Ford.
Opel
editar1993 foi o ano do regreso o Nacional de Asfalto. Tras dous rallyes celebrados, ficha por Opel para pilotar o novo Opel Astra GSI 16V F2. Rapidamente se adapta o coche e encadea 3 vitorias seguidas, o que fai que se xogue o título co seu compañeiro Climent na última proba, Rallye da Coruña, vencendo o rallye e conseguindo o título de Campión de España de Rallyes de Asfalto. Ese título valeulle para, neses intres, ser o 2º piloto tras Antonio Zanini, en conseguir o título nos dous Campionatos de Rallye en España.
En 1994 segue con Opel, pero ese ano dada a superioridade do seu rival Oriol Gomez a bordo dun Renault Clio Willians, e o baixo rendemento das súas rodas Dunlop, solo puido gañar unha carreira, e finalizou en 3ª posición. O final de ano Opel, decide abandonar os rallyes, e pasarse a circuítos, ofrecéndolle ser piloto de circuítos para 1995, e volve a declinar outra vez a oferta, xa que el se sente piloto de rallyes, polo que o final de ano queda sen asento, e empeza a pensar na retirada.
Os anos seguintes participou nalgunha proba de terra cun Citroen ZX de Zanini Racing, e tamén no Rallye de Cataluña 1996, a bordo dun Seat Ibiza Kit Car de Seat Sport, para axudar a Seat a conseguir o título do Mundial de 2 Litros F2
Nos seguintes anos continua a súa relación con Seat, participando en Rallyes de Regularidade, dentro do equipo SEAT Coches Históricos.
Palmarés
editarTítulos
editarAno | Campionato | Automóbil |
---|---|---|
1989 | Campionato de España de Asfalto Grupo N | Ford Sierra Cosworth |
1991 | Campeonato de España de Rally de Tierra | Ford Sierra Cosworth 4X4 |
1993 | Campeonato de España de Rally de Asfalto | Opel Astra GSI 16v |
Resultados Campionato de España de Rally
editarAno | Equipo | Automóbil | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986 | Citroën Competición | Citroën Visa GTi | CBR 5 |
COB | PAL 13 |
SMO | LLA | CAN | ECO | PDA | SFR | CAT | VAL | |||
1987 | Citroën Competición | Citroën Visa GTi | CBR 3 |
ARO 8 |
SMO | CAJ | LLA | ECO | CAN | PDA | SFR | CAT Ret |
VAL 6 |
|||
1988 | Citroën Competición | Citroën Visa GTi | CAT 4 |
SMO Ret |
ARO 6 |
8º | 664 | |||||||||
Citroën AX Sport | CAJ | LLA 8 |
CAN | PDA Ret |
SFR 4 |
COI Ret |
VAL 13 |
|||||||||
1989 | Ford Race Marlboro | Ford Sierra RS Cosworth | CAT 5 |
SMO 3 |
SAN 6 |
CAJ Ret |
LLA Ret |
OUR 3 |
OSO 2 |
PDA 4 |
ISC | ECO | VAL 5 |
4º | 1116 | |
1990 | Ford Race Marlboro | Ford Sierra RS Cosworth | CAT 1 |
SMO 2 |
CAN 3 |
CAJ Ret |
VLL Ret |
OUR 2 |
OSO 3 |
PRA Ret |
CAN 3 |
ECI Ret |
VAL 1 |
4º | 1076 | |
1991 | Q8 Team Ford | Ford Sierra Cosworth 4x4 | CAN | ECO | CAN | CAJ | LLA | OUR | OSO 1 |
PDA | VAL | CAT 1 |
||||
1992 | Ford Motorsport | Ford Sierra Cosworth 4x4 | ECO | ISC | CAN | MED | LLA | OSO | SFR | CER | PDA | OUR | CAT Ret |
MAD | ||
1993 | Opel Team España | Opel Astra GSi 16V | COI | CAN | LLA 1 |
OUR 1 |
FRO 1 |
SAG 4 |
RBX | PDA Ret |
LIN | CAT 2 |
COR 1 |
IDT | 1º | 948 |
1994 | Opel Team España | Opel Astra GSi 16V | COI 2 |
ADE 4 |
CAJ 3 |
SMO 2 |
LLA 3 |
OUR 1 |
SFR 6 |
SAG | PDA Ret |
RBX | CAT | COR | 3º | 877 |
Campionato de España de Rally de Terra
editarAno | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1990 | Ford Race Malboro | Ford Sierra Cosworth 4X4 | ALI 1 |
LR Ret |
LLE 6 |
LUG 3 |
VIG 3 |
MUR NP |
MAD 7 |
2º | 118 | |
Ford Escort RS Cosworth | TAL 1 |
|||||||||||
1991 | Ford España Ertoil | Ford Sierra Cosworth 4x4 | CCL 1 |
ALI 1 |
LUG 2 |
GIJ 1 |
VIG 1 |
COR 2 |
LLE NP |
MAD 2 |
1º | 153 |
1992 | Ford Motorsport | Ford Escort RS Cosworth | MIJ 1 |
LLE 1 |
LLE 2 |
CAN 4 |
COR 2 |
LUG Ret |
LUG 2 |
MAD 2 |
2º | 139 |