Vic
Vic[1] é unha cidade e concello catalán situado no interior da provincia de Barcelona, que é capital da comarca de Osona. En 2012 tiña 41.191 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Centrals | ||||
Comarca | Osona | ||||
Capital de | |||||
Capital | Vic (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 49.530 (2024) (1.618,63 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 614 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30,6 km² | ||||
Bañado por | Gurri (en) e Mèder (en) | ||||
Altitude | 498 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | de Sanctis, Heiliger Michael | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Albert Castells (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08500 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08298 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082981 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vic.cat |
Xeografía
editarAtópase no medio dunha planicie que leva a seu mesmo nome Plana de Vic, equidistante de Barcelona e Francia.
É famosa pola súa persistente néboa no inverno provocada por un notable fenómeno de inversión térmica capaz de favorecer mínimas de até -10 °C e máximas próximas aos 0 °C nos episodios máis notables. No verán as tormentas son moi habituais até o punto de inverter o mínimo de precipitacións propio dos climas mediterráneos e favorecer a presenza de especies vexetais coma o carballo pubescente propias dos climas submediterráneos.
Historia
editarDurante os séculos VIII e IX, Vic estivo nas marcas que dividían as forzas francas das islámicas. No ano 1027, o bispo de Vic estableceu a "Paz e Tregua de Deus" que axudou a diminuír as guerras privadas. Durante o século XVII, a cidade foi un dos primeiros focos de rebelión contra a política centralista do rei Filipe V, conflito que terminou converténdose na Guerra de Sucesión.
Na década de 1940 o municipio absorbeu a poboación de Sentfores ou La Guixa.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
12.105 | 15.005 | 16.975 | 25.906 | 30.057 | 31.533 | 38.964 |
Economía
editarAs explotacións gandeiras e as industrias transformadoras do sector primario conviven cun tecido industrial moi diversificado, e cun sector comercial e de servizos en crecemento. É así mesmo cidade universitaria, o que a converte nun núcleo estudantil moi activo que recibe estudantes de toda a comarca de Osona e doutras do interior de Cataluña, sen esquecer un bo número de habitantes da área de Barcelona que acoden á cidade en tren. O seu armazón peonil de rúas no centro histórico está poboado de bares, restaurantes, asociacións, talleres e oficinas que demostran a súa vitalidade económica.
Desde 1989 organiza anualmente o "Mercat de Música Viva de Vic", unha das feiras musicais máis importantes. É unha cidade de Feiras e Mercados, o máis tradicional dos cales é o Mercat do Ram.
Na cidade ten a súa sede a Universidade de Vic.
Localidades irmandadas
editar- Somoto
- Torredonjimeno (2010)
Galería de imaxes
editar-
Templo romano.
-
Homenaxe á Pau i treva, e campanario da catedral de Vic.
Notas
editar- ↑ "Vic". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2165.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vic |
Ligazóns externas
editar- Sitio web do concelloArquivado 15 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)