Rally de Ourense de 1994
O Rally de Ourense de 1994 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 24 e o 26 de xuño[1] e o vencedor foi por segundo ano consecutivo o piloto catalán Mia Bardolet.[2]
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally de Ourense, Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally e Tempada 1995 do Campionato de España de Rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 27 (1994) |
Competición | |
Primeiro posto | Mia Bardolet |
Itinerario
editarConstou de 168 quilómetros cronometrados, divididos en dúas seccións e 16 treitos (8 percorridos distintos a dúas pasadas cada un). Tanto a saída como a chegada situáronse no Parque de San Lázaro.[3]
Resumo
editarComezou liderando a carreira José María Bardolet, pero pouco despois colocouse primeiro Oriol Gómez. Con todo, Gómez viuse obrigado a abandonar a falta de 8 treitos, polo que Bardolet recuperou a primeira praza, que xa non perdeu até o final. Detrás del cruzou a meta Luís Climent, de xeito cómodo tras o abandono de Borja Moratal, e en terceira posición rematou Germán Castrillón, que remontou posicións nos últimos treitos, despois de que nos primeiros rompese a dirección e picase unha roda.[2]
Clasificación final
editarPos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | Josep Maria Bardolet | Alex Romaní | Opel Astra GSI 16v | 1:54:23 |
2 | Luís Climent | José Antonio Muñoz | Opel Astra GSI 16v | 1:54:53 |
3 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Escort Cosworth | 1:59:30 |
4 | Miguel Martínez-Conde | Felipe Alonso | Renault Clio Williams | 1:59:39 |
5 | David Guixeras | Jordi Albadalejo | Peugeot 106 Rallye | 1:59:42 |
6 | Jaime Azcona | Julius Billmaier | Peugeot 106 Rallye | 2:00:38 |
7 | Christine Driano | Salvador Belzunces | Citroën AX GTI | 2:00:51 |
8 | Antonio Garrido | José Alfredo Álvarez | Ford Sierra Cosworth | 2:02:06 |
9 | Javier Paz | Manuel García | Ford Sierra Cosworth | 2:02:15 |
10 | Javier Azcona | Juan Louro | Ford Sierra Cosworth | 2:02:56 |
Abandonos | ||||
- | Oriol Gómez | Marc Martí | Renault Clio Williams | - |
- | Arturo Rial | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | - |
- | Borja Moratal | Alfredo Rodríguez | Peugeot 306 S16 | - |
- | Germán Gómez | Juan Barros | Ford Escort Cosworth | - |
Notas
editar- ↑ Javier Figueiredo Pérez. "Rallye de Ourense 1967-2003".
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, F. (27 de xuño de 1994). "Doblete de los Opel en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). p. 38.
- ↑ Arévalo, F. (25 de xuño de 1994). "Un mano a mano Climent-Oriol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55.
Predecesor: Rally de Ferrol |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1994 |
Sucesor: Rally San Froilán |