Hits Are for Squares
recompilatorio da banda de rock alternativo Sonic Youth
Hits Are for Squares é un recompilatorio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado por Starbucks Music o 10 de xuño do 2008. O álbum contén 16 temas, os 15 primeiros seleccionados por outros artistas amigos da banda, e o 16, "Slow Revolution", é unha gravación exclusiva da banda para este disco, non dispoñible noutra edición.
Hits Are for Squares | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de Sonic Youth | ||||
Edición | 10 de xuño do 2008 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Starbucks | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O título "Hits Are For Squares" está collido da letra do tema descartado para o álbum Rather Ripped "Eyeliner". O álbum só está dispoñible en cafeterías Starbucks.
Listaxe de cancións
editarTodos os temas son as versións orixinais dos álbums dos que foron extraídos.
- "Bull in the Heather" (seleccionada por Catherine Keener) (do Experimental Jet Set, Trash and No Star)
- "100%" (seleccionada por Mike D) (do Dirty)
- "Sugar Kane" (seleccionada por Beck) (do Dirty)
- "Kool Thing" (seleccionada por Radiohead) (do Goo)
- "Disappearer" (seleccionada por Portia de Rossi) (do Goo)
- "Superstar" (seleccionada por Diablo Cody) (do If I Were A Carpenter)
- "Stones" (seleccionada por Allison Anders) (do Sonic Nurse)
- "Tuff Gnarl" (seleccionada por Dave Eggers & Mike Watt) (do Sister)
- "Teen Age Riot" (seleccionada por Eddie Vedder) (do Daydream Nation)
- "Shadow of a Doubt" (seleccionada por Michelle Williams) (do EVOL)
- "Rain on Tin" (seleccionada por Flea) (do Murray Street)
- "Tom Violence" (seleccionada por Gus Van Sant) (do EVOL)
- "Mary-Christ" (seleccionada por David Cross) (do Goo)
- "World Looks Red" (seleccionada por Chloe Sevigny) (do Confusion is Sex)
- "Expressway To Yr Skull" (seleccionada por The Flaming Lips) (do EVOL)
- "Slow Revolution" (nova gravación exclusiva)