Beck
Bek David Campbell, nado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 1970, é un músico, compositor, cantante, multiinstrumentista e produtor musical estadounidense, máis coñecido como Beck Hansen. Fíxose famoso a principios dos anos 90 co seu estilo experimental e lo-fi, dándose a coñecer por crear colleges musicias de xéneros moi variados. Musicalmente abarcou folk, funk, soul, hip hop, electrónica, rock alternativo, country, e psicodelia. Beck publicou 14 álbums de estudio (tres deles a través de selos independentes), ademais de varios sinxelos non aparecidos en discos e un libro de partituras.
Nome orixinal | (en) Beck Hansen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Bek David Campbell 8 de xullo de 1970 (54 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, intérprete de banxo, cantautor, guitarrista, artista urbano, compositor, produtor |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Rock alternativo, anti-folk, hip hop alternativo, indie rock, Lo-fi, música psicodélica e Soul |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra, voz, teclado, baixo, Batería, Harmónica, sitar, Banjo, slide, guitarra de 12 cordas, Glockenspiel, vocoder, Mbira, melódica e beatboxing |
Selo discográfico | XL Recordings Bong Load Custom Records Sonic Enemy Geffen Records DGC Records Interscope Records Flipside |
Familia | |
Cónxuxe | Marissa Ribisi (2004–2019) |
Pais | David Campbell e Bibbe Hansen |
Irmáns | Channing Hansen |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | beck.com |
Beck medrou nos Ánxeles facendo hip-hop e folk na súa adolescencia e comezou a actual a nivel local en cafeterías e clubs. Mudouse a Nova York en 1989 e involucrouse no movemento anti-folk da cidade. Regresou aos Ánxeles a principios dos 90 e gravou o seu sinxelo "Loser", que se converteu nun éxito en todo o mundo en 1994, e publicou o seu primeiro gran álbum, Mellow Gold, ese mesmo ano. Odelay, editado en 1996, encabezou as enquisas dos críticos e gañou varios premios. En 1998 publicou Mutations, influenciado polo country, e en 1999 o influenciado polo funk Midnite Vultures. O acústico Sea Change de 2002 amosaba un Beck máis serio, e o de 2005 Guero regresaba á produción baseada en samplers de Odelay. The Information de 2006 estaba inspirado no electro-funk, hip hop, e psicodelia; Modern Guilt de 2008 inspirábase na música pop dos 60; e o influenciado polo folk Morning Phase de 2014 gañou o Grammy ao álbum do ano. O seu álbum de 2017, Colors, gañou os premios Grammy de mellor álbum alternativo e ao mellor álbum gravado. O seu décimocuarto álbum de estudio, Hyperspace, foi editado o 22 de novembro de 2019.
Co seu collage pop de estilos musicais, irónicas letras e posmodernos arranxos usando samples, caixas de ritmos e efectos de sons, Beck foi aclamado pola crítica e polo público ao longo de toda a súa carreira e é considerado un dos músicos máis peculiares do rock alternativo dos anos 90 e 2000. Dous dos discos máis populares e aclamados de Beck son Odelay (1996) e Sea Change (2002). Odelay foi nomeado Álbum do Ano pola revista estadounidense Rolling Stone e pola británicas NME e Mojo. Odelay tamén foi nomeada ao premio Grammy ao Álbum do Ano. Os dous álbum aparecen na lista dos 500 mellores álbums de todos os tepos da Rolling Stone. Beck tamén colaborou con distintos artistas e fixo contribucións a varias bandas sonoras.
Traxectoria
editarBeck é fillo do director, compositor e arranxador canadense David Campbell, e da artista visual e antifa "estrela" de Andy Warhol, Bibbe Hansen.[1] A súa avoa materna era xudía, mentres que o seu pai, o artista Al Hansen, era noruegués e pioneiro do movemento artístico de vangarda Fluxus. O avó paterno de Beck era un ministro presbiteriano, mentres que por parte de nai a súa avoa era xudía; a súa nai tamén era de ascendencia norueguesa e sueca. Cando os seus pais se separaron cando tiña 10 anos,[2] Beck estivo coa súa nai e o seu irmán nos Ánxeles, onde foi influenciado pola diversidade musical da cidade.
Primeiras actuación e edicións
editarDespos de deixar o instituto a mediados dos anos 80, Beck viaxou por Europa e desenvolveu o seu talento como músico da rúa. En Alemaña pasou un tempo co seu avó Al Hansen. A finais da década chegou a Nova York, onde se relacionou co movemento anti-folk, influenciado polo polo punk.
No ano 1988 Beck gravou un casete titulado Banjo Story, que dende entón está dispoñible como bootleg. Regresou aos Ánxeles co cambio da década e viviu nun pendello traballando en empregos pouco cualificados mentres seguía desenvolvendo o seu estilo musical. Beck tamén tocou en varios locais dos Ánxeles, dende clubs de punk ata cafeterías, e incluso nas rúas. Durante ese tempo coñeceu a Chris Ballew, fundador de The Presidents of the United States of America, e ámbolos dous actuaron na rúa como dúo durante un tempo. Algunhas das súas primeiras gravacións conseguíunas traballando con Tom Grimley nos Poop Alley Studios, unha parte de WIN Records.
En 1993 Beck editou o seu primeiro álbum de estudio, Golden Feelings, a través do selo de Peter Hughes Sonic Enemy. Inicialmente foi lanzado só en casete (aínda que máis parte apareceu unha edición limitada en CD). Estímase que só se fabricaron entre 500 e 700 copias, sendo un traballo moi difícil de conseguir. AllMusic.com describiría posteriormente ao álbum como "un extremadamente interesante, entretido, e humorístico documento que demostra que dende un principio, o truco de Beck baseábase na experimentación".
Álbums independentes
editarEn 1993 Beck asinou un contrato con Bong Load Custom Records (propiedade deTom Rothrock, Rob Schnapf e Bradshaw Lambert). A súa primeira edición para a discográfica foi "Loser", unha colaboración entre o produtor de hip hop Carl Stephenson e Beck. A canción foi toda unha sensación cando o presentador de radio Chris Douridas púxoa en Morning Becomes Eclectic, o principal programa musical da radio universitaria de Santa Monica (California), KCRW. Esta exposición na radio e a posterior actuación ao vivo o 23 de xullo de 1993, levou a unha guerra entre selos para asinar con Beck. Finalmente, o artista elixiu Geffen Records, que lle daba permiso para a edición de dous álbums independentes mentres durase o contrato. De todas as discográficas que lle ofreceron a Beck asinar con el, Geffen foi a que menos cartos lle daba, pero a que lle deixaba maior liberdade creativa.
O 22 de febreiro de 1994 Flipside Records editou Stereopathetic Soulmanure. Era un disco extenso con 25 temas, que contiña os favoritos dos seareiros "Satan Gave Me a Taco", "Rowboat" e "Thunderpeel", así como pistas faladas sen sentido, ruído e gravacións ao vivo. Johnny Cash gravaría posteriormente "Rowboat" e incluiríaa no seu álbum de 1996 Unchained. Cash diría que a canción "soaba como algo que podería ter escrito ou feito nos 60, cando estaba pasando por unha época estraña".
En marzo de 1994, Geffen editou a estrea de Beck cun grande selo, Mellow Gold. O álbum converteu a Beck nun éxito entre o grande público, recibindo as mellores puntuacións posibles nas revistas Spin e Rolling Stone e en AllMusic.
O 27 de xuño, o selo de Olympia K Records editou o álbum One Foot in the Grave, o terceiro disco de Beck en 1994. O traballo contaba cun bo número de destacados músicos da escena independente como Calvin Johnson de Beat Happening, Chris Ballew de The Presidents of the United States of America ou os membros de Built to Spill Scott Plouf e James Bertram.
Beck comezou nese ano unha xira por todo o mundo, facendo unha aparición no escenario principal do festival Lollapalooza de 1995.
Odelay
editarBeck, que se sentía como se estivese "constantemente tratando de demostrar a súa valía",[3] sofreu una reacción violenta, e os escépticos denunciárono como un impostor autoindulxente e a última oportunidade da mercadotécnia.[4] No verán de 1994, Beck estaba pasando un momento difícil e moitos dos seus compañeiros músicos pensaron que perdera o rumbo.[2] Ao incrible éxito do video musical de "Loser" e da xira mundial, Beck reaccionou crendo que a atención non podería durar, o que resultou nun estatus de "one-hit wonder". Nalgúns concertos o público foi agasallado con vinte minutos de reggae ou Miles Davis ou iteracións de jazz-punk de "Loser".[5] Nun festival en California rodeouse dun combo artnoise. O batería prendeu lume aos seus pratos; o guitarrista principal "tocou" a súa guitarra coas cordas contra o corpo; e Beck cambiou a letra de "Loser" para que ninguén puidese cantar.[2] "Non podo dicirche cantas veces estaba mirando caras que me miraban con total perplexidade, ou simplemente sinalando e sacudindo a cabeza e rindo, mentres actuaba durante ese período", recordou posteriormente.[6] A pesar diso, Beck gañou o respecto dos seus compañeiros, como Tom Petty e Johnny Cash, e creou toda unha onda de bandas decididas a recuperar o son Mellow Gold.[7] Sentindo que os seus lanzamentos anteriores eran só coleccións de demos gravadas ao longo de varios anos, Beck desexaba entrar no estudo e gravar un álbum de forma lineal continua, o que se converteu en Odelay.[6]
Beck mesturou country, blues, rap, jazz e rock en Odelay, froito dun ano e medio de febril “cortar, pegar, estratificar, dobrar e, por suposto, mostraxe”.[8] Cada día os músicos comezaban dende cero,[9] traballando moitas veces en cancións durante 16 horas seguidas.[8] A concepción de Odelay reside nun álbum de estudo inacabado no que Beck se embarcou despois do éxito de "Loser", facendo unha crónica do momento difícil que viviu: "Houbo un ciclo de todos morrendo ao meu redor", recordou máis tarde.[7] Estaba constantemente gravando e, finalmente, montou un álbum de melodías populares sombrías e orquestradas; un que, quizais, "podería ser un éxito comercial xunto con traballos de temática semellante de Smashing Pumpkins, Nine Inch Nails e Nirvana".[7] En vez diso, Beck sacou unha canción del, "Ramshackle" (a que que pecha Odelay), e arquivou o resto (aínda que "Brother" e "Feather In Your Cap" lanzáronse despois como caras b).[2][7] Beck foi presentado aos Dust Brothers, produtores do álbum de Beastie Boys Paul's Boutique, cuxa produción baseada en cortar e pegar e con moitos samplers adaptábase á visión de Beck dun álbum máis divertido e accesible. Despois de que un executivo discográfico explicase que Odelay sería un "enorme erro", pasou moitos meses pensando "que o arruinara para sempre".[5]
Odelay publicouse i 18 de xuño de 1996, foi un gran éxito comercial e foi aclamado pola crítica. O disco conseguiu varios sinxelos exitosos, como "Where It's At", "Devils Haircut", e "The New Pollution",[10] e foi nomeado ao premio Grammy a Álbum do Ano en 1997, gañando o Grammy a Mellor Álbum de Música Alternativa e tamén a Mellor Interpretación Vocal Masculina de Rock por "Where It's At". Durante unha atareada semana en xaneiro de 1997, conseguiu as súas nomeacións aos Grammy, apareceu nos programas Saturday Night Live e Howard Stern, e fixo unha aparición de última hora en The Rosie O'Donnell Show. O entusiasmo combinado deulle a Odelay unhas segundas ás, o que lle permitiu conseguir unha base de seguidores máis ampla e unha maior exposición.[11] Beck gozou do éxito de Odelay, pero, ao igual que varios executivos de Geffen, estaba desconcertado por el. Moitas veces era recoñecido en público, o que o facía sentir estraño. "É simplemente raro. Non me parece ben. Non me parece natural. Non creo que estivera feito para iso. Nunca fun bo niso", dixo máis tarde a Pitchfork.[6] Odelay vendeu dous millóns de copias e puxo fin ás críticas que o acusaban de ser un "one-hit wonder". Durante este tempo, contribuíu coa canción "Deadweight" á banda sonora da película A Life Less Ordinary (1997).
Beck contribuíu ao proxecto de trip hop experimental Forest for the Trees, do seu colaborador Carl Stephenson e que empezara en 1993. O proxecto editou un álbum autotitulado no ano 1997, ao que lle seguiu un EP en 1999. Beck colaborou con voces faladas, harmónicas e outros instrumentos.
Mutations e Midnite Vultures
editarNo ano 1998 Beck editou o álbum Mutations. Aínda que o disco foi orixinelmente programado para ser lanzado polo selo Bong Load Records, Geffen interveu e publicouno en contra dos desexos de Beck. O artista tratou entón de anular os contratos con ambas discográficas, e estas demandárono por incumplimento de contrato. O litixio prolongouse durante anos, e ata o día de hoxe aínda non se sabe se está completamente resolto.
Mutations foi producido por Beck e Nigel Godrich (frecuente produtor e colaborador de Radiohead) e foi gravado en dúas semanas, durante as cales Beck gravou un tema cada día, producíndose 14 cancións. Mutations alonxouse da desidade electrónica de Odelay e amosa unhas maiores influencias do folk e do blues. O álbum está formado por temas vellos, algúns deles do ano 1994.No ano 1999, Beck gañou o Grammy á mellor interpretación de rock alternativo por Mutations.
En novembro, Geffen editou editou o agardado Midnite Vultures, que foi promocionado por unha extensa xira mundial. Para beck foi o regreso ás enerxéticas actuacións que foran a súa marca rexistrada anos atrás. O escenario incluía unha cama vermella que descendía do teito para a canción "Debra", e a banda de xira estaba complementada por unha sección de metais. Midnite Vultures foi nomeado ao Grammy ao mellor álbum, premio que finalmente levaría Two Against Nature de Steely Dan.
Sea Change
editarNo 2001 o EP Beck, formado por caras-b da època de Midnite Vultures, foi editado. O EP estivo só dispoñible a través da páxina web do artista, é só foron fabricadas 10 000 copias.
No ano 2002 Beck lanzou o álbum Sea Change, que, ao igual que Mutations, foi producido po Nigel Godrich. Este converteuse no primeiro álbum de Beck en entrar no top 10 estadounidense, acadando o número 8. O disco tivo moi boas críticas, levándose 5 estrelas da Rolling Stone e quedando no segundo posto na enquisa de críticos do ano 2002 de Pazz & Jop.
Sea Change foi concibido ao redor dun único tema: o fin dunha relación. O álbum conta con arranxos de cordas feitos polo pai de Beck, David Campbell, e a unha densa mestura sónica que lembra a Mutations. A pesar de que se editaron algúns sinxelos para a radio, nungún deles estivo dispoñible para o público comercialmente. En agosto do 2002, antes da edición do disco, Beck comezou unha xira acústica en solitario en pequenos teatros e salas, durante a cal tocou varias cancións do álbum a piques de saír. A xira realizada tras o lanzamento contou con The Flaming Lips como abreconcertos e banda de acompañamento de Beck.
Unha canción que Beck compuxo xunto con William Orbit, "Feel Good Time", foi gravada pola cantante pop Pink para a banda sonora da película do 2003 Charlie's Angels: Full Throttle. Beck tamén versionou o tema de Bruce Haack "Funky Lil Song" para Dimension Mix, un álbum tributo dedicado ao pioneiro da música electrónica Bruce Haack e ao seu selo Dimension 5 Records, que o seu amigo e colaborador produciu en beneficio da organización Cure Autism Now.
Guero e The Information
editarNo ano 2004 Beck regresou ao estudio para gravar o seu sexto álbum cunha grande discográfica. O disco, Guero, foi producido por The Dust Brothers e Tony Hoffer, e conta coa colaboración de Jack White de The White Stripes, marcando un regreso ao son da época Odelay. O álbum foi publicado no mes de marzo do 2005 e tivo boas críticas na meirande parte da prensa popular, como Rolling Stone e The New York Times. Pitchfork Media non o recibiu de forma tan entusiasta, ao igual que as revistas Q, Dusted e Mojo.
Guero estreouse no número 2 das listas da Billboard, ao vender 162 000 copias na súa primeira semana, sendo a mellor cifra de vendas de Beck e a súa mellor posición en listas. Editáronse tres sinxelos do álbum: o primeiro, "E-Pro", foi ben recibido pola comunidade rock mainstream, sendo habitualmente pinchado nas radios; "Girl" escoitouse menos nas principais radios, pero si bastante nas independentes e universitarias; "Hell Yes" sería o terceiro e derradeiro sinxelo do disco.
O 1 de febreiro do 2005, Beck editara un EP con catro remesturas de temas de Guero realizadas por artistas independentes que usan sons de varias consolas de videoxogos de 8 bits como a Game Boy. O EP, GameBoy Variations, conta cos temas "Ghettochip Malfunction" ("Hell Yes") e "GameBoy/Homeboy" ("Que' Onda Guero"), remesturados pola banda 8-Bit, e con "Bad Cartridge" ("E-Pro") e "Bit Rate Variation in B-Flat" ("Girl"), remesturados por Paza {The X-Dump}. Este EP apareceu cun número da revista Nintendo Power. Tamén nese tempo Beck editou A Brief Overview, un álbum promocional retrospectivo con temas de Guero, Sea Change, Mutations, Midnite Vultures e Odelay. O 26 de decembro do 2005 lanzouse o álbum de remesturas Guerolito, formado por todos os temas de Guero remesturados por aclamados músicos.
O seguinte álbum de estudio do artista, The Information, producido por Nigel Godrich, lanzouse o 3 de outubro do 2006. O disco tardou máis de tres anos en realizarse e foi descrito como "quasi hip-hop". Este viña cunha folla de adhesivos que se usaban para "realizar a túa propia portada". Debido a isto, The Information foi descalificado pola Official Chart Company para entrar na lista británica de álbums, pero nos Estados Unidos deulle a Beck o seu terceiro top 10 na lista Billboard 200, acadando o número 7. O primeiro sinxelo estadounidense, "Nausea", apareceu na radio o 5 de setembro do 2006. No Reino Unido o primeiro sinxelo foi "Cellphone's Dead".
O 21 de agosto do 2007 lanzouse en iTunes "Timebomb", un sinxelo que non aparecía en ningún álbum, e o 2 de novembro publicouse unha edición limitada en vinilo de 12", cunha versión instrumental do tema na cara-b. No mes de decembro anunciouse que "Timebomb" fora nomeada a un Grammy na categoría de melllor interpretación vocal de rock en solitario.
Modern Guilt, traballo de produción, Record Club e Song Reader
editarNo mes de febreiro do 2008, Beck dixo nunha entrevista coa Rolling Stone que estaba traballando nun novo álbum e que agardaba editalo a finais dese ano. A principios de marzo revelouse que o seu produtor sería Danger Mouse. O sinxelo "Chemtrails" estivo dispoñible no MySpace e na páxina de Beck e a principios de xuño interpretou varios temas do álbum nunha actuación en The Echo, Os Ánxeles. Modern Guilt foi lanzado no mes de xullo polo selo Interscope en Norteamérica e por XL Records no resto do mundo. Unha versión completamente acústica do disco, gravada no Xapón, apareceu como vídeos na web do artista en 2009.
Nunha entrevista en agosto do 2010 con Pitchfork Media, Beck revelou que quería editar polo menos unha canción antes do final do verán. Este feito levou a que compuxese cancións para a banda ficticia Sex Bob-omb na banda sonora da película Scott Pilgrim vs. the World.[12] Beck tamén colaborou con Philip Glass,[13] Jack White,[14] Tobacco de Black Moth Super Rainbow,[15] Jamie Lidell,[16] Seu Jorge,[17] Childish Gambino,[18] e The Lonely Island.[19]
Song Reader, un proxecto de Beck lanzado en decembro de 2012, son 20 cancións presentadas só só como partituras, coa esperanza de que músicos emprendedores graven as súas propias versións.[20] A idea de Song Reader xurdiu quince anos antes, pouco despois do lanzamento do Odelay.[5] Cando enviou un libro de partituras transcritas para ese álbum, Beck decidiu tocar a través del e interesouse polo mundo antes do son gravado. Pretendía manter os arranxos o máis abertos posible, recrear a sinxeleza dos estándares e preocupouse de crear só pezas que puidesen encaixar no Great American Songbook.[5] En 2013 Beck comezou a realizar concertos especiais Song Reader con diversos invitados e anunciou que estaba a traballar nun disco de material de Song Reader con outros músicos, así como posiblemente nunha recompilación de versións de fans.[21]
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Golden Feelings | 1993 | Sonic Enemy |
Stereopathetic Soulmanure | 1994 | Flipside |
Mellow Gold | 1994 | DGC Records |
One Foot in the Grave | 1994 | K Records |
Odelay | 1996 | DGC Records |
Mutations | 1998 | DGC Records |
Midnite Vultures | 1999 | DGC Records |
Sea Change | 2002 | Geffen Records |
Guero | 2005 | Interscope Records |
The Information | 2006 | Interscope Records |
Modern Guilt | 2008 | Interscope Records |
Morning Phase | 2014 | Capitol Records |
Colors | 2017 | Capitol Records |
Hyperspace | 2019 | Capitol Records |
Notas
editar- ↑ George-Warren, Holly and Romanowski, Patricia. (2001). The Rolling Stone Encyclopedia of Rock & Roll. New York: Fireside, 1136 pp.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Cavanagh, David (xullo de 1997). "The Devil Inside". Q. London: Bauer Media Group. pp. 92-99.
- ↑ Kemp, Mark (17 de abril de 1997). "Beck: The Rolling Stone Interview". Rolling Stone. No. 758. New York City: Wenner Media LLC. pp. 58-64, 94, 97. ISSN 0035-791X
- ↑ Lewman, Mark (8 de abril de 1994). ""Loser" Takes All". Entertainment Weekly. No. 217. New York City: Time Inc. p. 14. ISSN 1049-0434
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Lee, Dan P. (2012-12-23). "Listening to Beck: The Artist on His New Album, Which Isn’t Really an Album At All". Vulture (en inglés). Consultado o 2025-01-16.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Interviews: Beck: 15 Years". Pitchfork. 2013-06-27. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Brown, Mark (9 de outubro de 1996). "Beck Lives Through the Hype That Would Have Killed Most Losers". The Orange County Register. Santa Ana: Freedom Communications. ISSN 0886-4934
- ↑ 8,0 8,1 Dunn, Jancee (11 de xullo de 1996). "Beck: Resident Alien". Rolling Stone. No. 738/739. New York City: Wenner Media LLC. pp. 50–51, 53. ISSN 0035-791X
- ↑ Healy, Mark (9 de decembro de 1999). "Beck: Notes on a Full-Grown Man". Rolling Stone. No. 827. New York City: Wenner Media LLC. pp. 38-40. ISSN 0035-791X
- ↑ "CNN - Beck, Jamiroquai big winners at MTV Music Awards - September 5, 1997". web.archive.org. 2017-12-15. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ Browne, David (14 de febreiro de 1997). "Beck in the High Life". Entertainment Weekly. No. 366. New York City: Time Inc. pp. 32–35. ISSN 1049-0434
- ↑ "Beck and Michael Cera team up on 'Scott Pilgrim' soundtrack". EW.com (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Listen to Beck's Epic 20-Minute Philip Glass Remix". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Beck to Release New Single on Jack White's Third Man Records, Hear Clips Now | News | Pitchfork". web.archive.org. 2013-07-06. Archived from the original on 06 de xullo de 2013. Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Beck to Guest on New Tobacco Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Listen: Beck Remixes Jamie Lidell". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Red Hot + Rio 2 Tropicália Tribute Compilation Tracklist Revealed, Collaborations Abound". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Even Beck Can’t Save Childish Gambino’s Messy ‘Silk Pillow’". Spin. 2012-05-31. Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Listen to Beck's Collab With the Lonely Island". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Beck Explains 'Song Reader,' An Album Fans Perform Themselves". Npr. Consultado o 16 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Beck Working on “Song Reader” Record; Reveals “Morning Phase” Details". The Future Heart (en inglés). 2013-11-21. Consultado o 2025-01-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beck |