Daydream Nation
Daydream Nation é un álbum da banda de rock alternativo estadounidense Sonic Youth, editado o 18 de outubro de 1988 a través do selo Enigma Records nos Estados Unidos e Blast First no Reino Unido. En xuño do ano 2007 lanzouse unha versión deluxe que inclúe o disco orixinal remasterizado e un segundo disco con temas ao vivo e versións.
Daydream Nation | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 18 de outubro de 1988 | |||
Gravación | xullo - agosto de 1988 | |||
Estudio(s) | Greene Street Recording, Nova York | |||
Duración | 70:47 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, noise rock | |||
Selo(s) | Enigma (Estados Unidos) Blast First (Reino Unido) DGC Records (reedicións) | |||
Produtor | Nick Sansano, Sonic Youth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O álbum é considerado a obra mestra da banda e trátase dunha peza fundamental na escena do rock alternativo, sendo un dos poucos álbums de rock elixidos pola Biblioteca do Congreso estadounidense para ser conservado no "National Recording Registry".[1]
No ano 2002, a publicación Pitchfork Media elixiuno o mellor disco da década na súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 80[2], e a Rolling Stone situouno no posto 329 na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos[3].
Formatos e edicións
editarO álbum lanzouse orixinalmente en CD, casete e dobre vinilo de 12 polgadas. Esta edición orixinal, de outubro de 1988, saíu en Estados Unidos (a través de Enigma), no Reino Unido (Blast First), Australia (AuGoGo), Países Baixos (Torso) e Grecia (DiDi Records) en vinilo; nos Estados Unidos, o Reino Unido e os Países Baixos en CD; e en casete nos dous primeiros países.
En 1992 Mute Records relanzou o disco en CD no Reino Unido, e os días 22 e 23 de novembro de 1993 DGC/Geffen reeditou o álbum en CD nos Estados Unidos e Europa, e en casete nos Estados Unidos.
En xullo do ano 2007 apareceu a versión "deluxe", a través do selo Geffen Records. Esta edición realizouse nos formatos de 4 vinilos de 12" e no de dobre CD.
Ademais destas versións oficiais, existe unha edición pirata editada en Rusia no ano 1991 pola discográfica AnTrop, aparecendo como un único vinilo de 12 polgadas[4].
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth (Thurston Moore, Kim Gordon, Lee Ranaldo e Steve Shelley).
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
1. | "Teen Age Riot" | Moore | Gordon, Moore | 6:57 | |||||
2. | "Silver Rocket" | Moore | Moore | 3:47 | |||||
3. | "The Sprawl" | Gordon | Gordon | 7:42 | |||||
18:26 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
4. | "'Cross the Breeze" | Gordon | Gordon | 7:00 | |||||
5. | "Eric's Trip" | Ranaldo | Ranaldo | 3:48 | |||||
6. | "Total Trash" | Moore | Moore | 7:33 | |||||
18:21 |
Cara 3 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
7. | "Hey Joni" | Ranaldo | Ranaldo | 4:23 | |||||
8. | "Providence" | Mike Watt | Watt | 2:41 | |||||
9. | "Candle" | Moore | Moore | 4:58 | |||||
10. | "Rain King" | Ranaldo | Ranaldo | 4:39 | |||||
16:41 |
Cara 4 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
11. | "Kissability" | Gordon | Gordon | 3:08 | |||||
12. | "Trilogy"
| Moore/Gordon
| Moore, Gordon
|
14:07
|
|||||
17:15 |
- Nalgunhas edicións do álbum, incluídas todas as dixitais, todas as partes de “Trilogy” están separadas nos seus propios cortes.
Edición de luxo
editarEn 2007 publicouse unha edición de luxo de Daydream Nation, con versións ao vivo de todos os temas do álbum, ademais de gravacións de estudio dalgunhas versións. O 17 de xullo de 2007 lanzouse unha versión de 4 vinilos.[5]
O lanzamento de catro vinilos da edición de luxo tiña unha listaxe de cancións lixeiramente distinta que a edición en CD. Os dous primeiros discos teñen os mesmos temas que o lanzamento orixinal en vinilo. Porén, a demo caseira de "Eric's Trip" está no final do cuarto disco, en vez de ao final do álbum orixinal.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Teen Age Riot" | 6:57 |
2. | "Silver Rocket" | 3:47 |
3. | "The Sprawl" | 7:42 |
4. | "'Cross the Breeze" | 7:00 |
5. | "Eric's Trip" | 3:48 |
6. | "Total Trash" | 7:33 |
7. | "Hey Joni" | 4:23 |
8. | "Providence" | 2:41 |
9. | "Candle" | 4:58 |
10. | "Rain King" | 4:39 |
11. | "Kissability" | 3:08 |
12. | "Trilogy: The Wonder" | 4:15 |
13. | "Trilogy: Hyperstation" | 7:13 |
14. | "Trilogy: Eliminator Jr." | 2:37 |
15. | "Eric's Trip (Home Demo)" | 2:27 |
Disco extra da edición de luxo | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "The Sprawl" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 8:27 | |||||||
2. | "'Cross the Breeze" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 5:54 | |||||||
3. | "Hey Joni" (Paradiso, Ámsterdam o 26 de marzo de 1989) | 3:38 | |||||||
4. | "Silver Rocket" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 4:19 | |||||||
5. | "Kissability" (Gravada para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn en agosto de 1988) | 2:19 | |||||||
6. | "Eric's Trip" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 3:05 | |||||||
7. | "Candle" (Cabaret Metro, Chicago o 5 de novembro de 1988) | 5:04 | |||||||
8. | "The Wonder" (Gravada no CBGB o 13 de decembro de 1988) | 4:02 | |||||||
9. | "Hyperstation" (Gravada no CBGB o 13 de decembro de 1988) | 6:14 | |||||||
10. | "Eliminator Jr." (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) | 2:38 | |||||||
11. | "Providence" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) | 1:47 | |||||||
12. | "Teen Age Riot" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) | 4:37 | |||||||
13. | "Rain King" (Gravada para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn en agosto de 1988) | 4:06 | |||||||
14. | "Totally Trashed" (Maxwell's, Hoboken, Nova Jersey o 9 de xuño de 1988) | 1:57 | |||||||
15. | "Total Trash" (Maxwell's, Hoboken, Nova Jersey o 9 de xuño de 1988) | 5:18 | |||||||
16. | "Within You Without You" (versión dos The Beatles, recompilatorio Sgt. Pepper Knew My Father, 1988) | Harrison | 4:58 | ||||||
17. | "Touch Me I'm Sick" (versión de Mudhoney, 7 polgadas compartido con Mudhoney, Sub Pop Singles Club, decembro de 1988) | Mudhoney | 2:33 | ||||||
18. | "Computer Age" (versión de Neil Young, recompilatorio The Bridge: A Tribute to Neil Young, 1989) | Young | 5:12 | ||||||
19. | "Electricity" (versión de Captain Beefheart, recompilatorio Fast 'n' Bulbous - A Tribute to Captain Beefheart, 1988) | Van Vliet, Herb Bermann | 2:46 |
Notas
editar- ↑ "2005 | View Registry by Induction Years | Recording Registry | National Recording Preservation Board | Programs at the Library of Congress | Library of Congress". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2020-07-05.
- ↑ "Pitchfork Media - Top 100 Albums of the 1980s". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2011.
- ↑ "Rolling Stone - 500 greatest albums of all time". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 29 de setembro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2011.
- ↑ Solarski, Matthew (4 de decembro de 2007). "Pitchfork: Sonic Youth Reveal Deluxe Daydream Nation Details". Pitchfork. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2007. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.