Dominio euclidiano

anel conmutativo con división euclidiana

En matemáticas, máis concretamente en álxebra abstracta e teoría de aneis, un dominio euclidiano ou anel euclidiano (normalmente abreviado DE ) é un anel conmutativo no que se pode definir unha función euclidiana que permite xeneralizar a noción de división euclidiana habitual nos enteiros. Este algoritmo euclidiano xeneralizado pode usarse para os mesmos propósitos que o algoritmo euclidiano orixinal sobre o anel de enteiros: nun dominio euclidiano este algoritmo pódese usar para calcular o máximo común divisor de dous elementos calquera. En particular, o máximo común divisor de dous elementos sempre existe -o que xeralmente non é certo para un anel arbitrario- e pódese expresar como unha combinación linear deles (identidade de Bezout).[1] Ademais, todo ideal dun dominio euclidiano é principal,[2] o que implica que o teorema fundamental da aritmética pode ser xeneralizado: cada dominio euclidiano é un dominio de factorización única .[3]

Definición

editar

Un dominio euclidiano é un par   onde   É un dominio de integridade e   é unha aplicación   que reúne as dúas condicións seguintes:[4]

1. Para calquera   tal que   é certo que existen   para que

(1)

 ; \ tal que  , ou ben  

2 Para dous elementos calquera   :

(2)

 

os elementos   e   chámanse respectivamente cociente e resto, como na división habitual.

Algúns autores consideran que a segunda condición é redundante e pode omitirse da definición.[5]

Terminoloxía

editar

Varios autores fan referencia á función  , (que define un dominio euclidiano), con diferentes nomes: “aplicación (ou función) euclidiana”, “función de medida” (ou tamaño),[6] “grao” ou “función norma”.[7] Nalgúns contextos fálase da "norma euclidiana",[8] aínda que este nome pode levar a confusión coa norma vectorial que define a distancia usual.

É importante ter en conta que a función norma só toma valores enteiros, aínda que nalgún caso particular pode ampliarse   ao conxunto completo de números reais.

Exemplos

editar

Os seguintes son exemplos de aneis que son dominios euclidianos:

  • Se tomamos o conxunto de números enteiros   e como norma euclidiana tomamos o valor absoluto  , temos un dominio euclidiano, xa que   para todo   con  . Usando esta definición, a propiedade (1) é equivalente ao algoritmo de división habitual entre números enteiros.
  • En todo corpo   pódese definir unha norma euclidiana, tomando esta como a función constante  , xa que, para calquera elemento   e   de  , as dúas propiedades son satisfeitas dun xeito trivial, a saber:
  1. tomando   temos que  .
  2.  .
  • Considerando o anel de polinomios nunha variable   con coeficientes nun corpo   e como norma euclidiana a función
 
que a todo polinomio distinto de cero de   asigna o seu grao, o resultado é un dominio euclidiano.
  • no anel de enteiros gaussianos, se para cada elemento  , onde  , definimos a súa norma como  , temos un dominio euclidiano.

Os seguintes son exemplos de aneis que non son dominios euclidianos:

  • En xeral, o anel de polinomios con coeficientes nun anel   aínda que o propio   é un dominio euclidiano. Por exemplo   non é un dominio euclidiano aínda que   si o é. (A diferenza do caso xeral co exemplo no que o anel de polinomios si que é dominio euclidiano é que non temos definida unha norma que cumpra a condición requirida, que si cumpre a norma definida polo grao do polinomio).

Propiedades

editar

Nun dominio euclidiano, a identidade multiplicativa, o elemento  , sempre ten a menor norma posíbel, é dicir.  . Todas as unidades do anel teñen a mesma propiedade:  .[9]

Todo dominio euclidiano   cumpre as seguintes propiedades:

  1. 1,0 1,1 (Cohn 2012, p. 112)
  2. 2,0 2,1 (Artin 2010, p. 362)
  3. 3,0 3,1 (Artin 2010, p. 365)
  4. Gallian 2012, p. 337.
  5. Rogers, Kenneth (1971). "The Axioms for Euclidean Domains" 78 (10). Mathematical Association of America: 1127–1128. JSTOR 2316324. Zbl 0227.13007. doi:10.2307/2316324. 
  6. Gallian (2012) e Artin (2010) chámanlle «medida» (the measure) e «tamaño» (size function) respectivamente.
  7. Cohn (2012) refírese a ela como norm function.
  8. Por exemplo Jackson (1995).
  9. Jackson 1995, p. 145.
  10. Gallian 2012, p. 330.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar