Lopezsuarez
Dámosche a benvida á Galipedia, Lopezsuarez!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]()
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 24 de setembro de 2021 ás 02:10 (UTC)
Data de nacemento de Íñigo Quintero
editarOla, :) Moitas grazas por editares o artigo de Íñigo Quintero. Corrixín a data de nacemento que puxeches aínda que ben pode ser que ti teñas razón. Eu puxen unha fonte onde se dá esa data de nacemento, 2001 (fonte da que me fío algo, pero non completamente). Se ti atopas fontes que digan que é 2000, por favor, achégaas e corrixe o dato.
Con respecto a de onde é o paisano, pois... na Galipedia séguese ese estándar: de cadaquén dise o estado onde naceron, agás cos galegos. Creo que quizais tería máis sentido que no caso dos galegos precisásemos máis (e dixésemos coruñés, neste caso), pero bueno... o estándar é o que é e non o imos mudar agora. Por iso revertín ese cambio teu.
Se tes calquera dúbida, aquí estou. :) Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 25 de outubro de 2023 ás 06:26 (UTC)
- @Xabier Cid: dis "na Galipedia séguese ese estándar: de cadaquén dise o estado onde naceron, agás cos galegos"; @Lopezsuarez: procede a modificar o artigo seguindo ese estándar. Ah, pero ti dis "o estándar é o que é e non o imos mudar agora. Por iso revertín ese cambio teu." Soa contraditorio. Se o estándar é indicar que as persoas galegas son galegas, a edición de Lopezsuarez está ben feita. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 25 de outubro de 2023 ás 06:53 (UTC)
- Ola, @Estevoaei :) Ou eu entendín moi mal, ou Lopezsuarez mudou de galego a español. Ou iso foi o que quixen reverter. :) Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de outubro de 2023 ás 18:32 (UTC)
Chauchina
editarBoas, o artigo Chauchina, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 8 de febreiro de 2025 ás 12:14 (UTC)
- @MAGHOI Vai marcar todos eses artigos como curtos? Digo isto para parar... Lopezsuarez (conversa) 8 de febreiro de 2025 ás 12:16 (UTC)
- Ola, @Lopezsuarez. Grazas por participares na Galipedia. Aínda que, seguramente, temos bastantes artigos nesas mesmas condicións, quizais é mellor amplialos algo máis antes de ter un feixe de artigos con tan escaso contido. Non che parece? Un saúdo. MAGHOI (conversa) 8 de febreiro de 2025 ás 12:18 (UTC)
Churriana de la Vega
editarBoas, o artigo Churriana de la Vega, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 8 de febreiro de 2025 ás 12:16 (UTC)
- @MAGHOI Pensei que un bosquexo sería mellor que ningún artigo. Pero se as vas marcar todas, non creo que necesites unha máis. Lopezsuarez (conversa) 8 de febreiro de 2025 ás 12:17 (UTC)
- Ola. de novo. @Lopezsuarez. En todo caso, se pretendes seguir, cómpre que lles coloques o marcador de que son só bosquexos. Saúdos. MAGHOI (conversa) 8 de febreiro de 2025 ás 12:20 (UTC)