Íñigo Quintero
Íñigo Quintero Dolz del Castellar, nado o 12 de decembro de 2001 na Coruña,[1] é un cantante e compositor galego que colleu sona internacional grazas a unha soa canción, coa que chegou a ser número un mundial en Spotify.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 2001 (23 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia de farmacéuticos, de conviccións relixiosas católicas[3], con oito irmáns,[3] e viviu ata os doce anos en Pontedeume.[1][4] Estudou a escola e mais o bacharelato no colexio privado Peñarredonda, da Coruña, e logo marchou a Madrid a estudar un dobre grao de Dereito e Administración e Dirección de Empresas[4] na Universidade Villanueva,[1] unha universidade privada vencellada ao Opus Dei e con sede en Madrid. No primeiro curso, coincidindo cunha crise persoal, mudou a súa carreira por Psicoloxía e Maxisterio.[1] Musicalmente, aprendeu algo de piano en Pontedeume, pero ao mudarse á Coruña aos 12 non proseguiu no conservatorio. Porén, si continuou con clases nunha escola privada coruñesa.[4]
Creou en 2022 un par de cancións que distribuíu en Spotify e que non tiveron impacto. Pero a terceira, chamada Si no estás (Se non estás, en galego) popularizouse logo duns meses grazas a ser empregada como base sonora para vídeos de moitas outras persoas en Tiktok e grazas a unha campaña de promoción e márketing dos seus produtores e distribuidores, Acqustic e Believe.[2] Como resultado, Quintero conseguiu 27 millóns de subscritores en Spotify e que a súa canción fose a máis escoitada do mundo nesa rede,[1] superando os 330 millóns de escoitas (datos de decembro de 2023), así como máis de 100 millóns de reproducións en YouTube do vídeo (que é apenas un xogo de grafismos sobre a música).[5]
En outubro de 2023 fixo a súa primeira actuación profesional pública en Madrid, nun festival de Cadena 100.
Vida persoal
editarÉ afeccionado á vela deportiva.[6]
Discografía
editarSinxelos
editar- Si no estás (2022)
- Sobredosis (2023)
- Será por ti (2023)
- Sin tiempo para bailar (2023)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 A., P. (2023-10-24). "¿Quién es Íñigo Quintero? Todo lo que se sabe del gallego que ha llegado al top 1 mundial de Spotify con «Si no estás»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-10-24.
- ↑ 2,0 2,1 Colomé, Jordi Pérez (2023-10-20). "Cómo pasar de ser un desconocido a ‘top 4’ mundial: así se ha producido el misterioso éxito de Iñigo Quintero". El País (en castelán). Consultado o 2023-10-24.
- ↑ 3,0 3,1 "Íñigo Quintero: «Mi plan favorito es irme a mi casa en Pontedeume; allí hay mil cosas que hacer»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-12-04. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 V., P. (2023-11-03). "La historia oculta de Íñigo Quintero: una crisis personal durante el confinamiento le llevó a cambiar de rumbo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-11-03.
- ↑ Iñigo Quintero (27 de setembro de 2023). iñigo quintero - Si No Estás (Letra Oficial) (YouTube).
- ↑ Corral, Marta (2023-10-24). "Las raíces eumesas de Íñigo Quintero, el «vilancho» de la Penela que ha hecho historia en Spotify". Ferrol 360 (en castelán). Consultado o 2023-10-24.