Campo de Daroca
O Campo de Daroca é unha comarca de Aragón, en España, situada no suroeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Daroca.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Zaragoza ![]() | ||||
Capital | Daroca ![]() | ||||
Sitio web | comarcadedaroca.com ![]() |
Municipios
editarA comarca engloba aos municipios de Acered, Aldehuela de Liestos, Anento, Atea, Badules, Balconchán, Berrueco, Cerveruela, Cubel, Las Cuerlas, Daroca, Fombuena, Gallocanta, Herrera de los Navarros, Langa del Castillo, Lechón, Luesma, Mainar, Manchones, Murero, Nombrevilla, Orcajo, Retascón, Romanos, Santed, Torralba de los Frailes, Torralbilla, Used, Val de San Martín, Valdehorna, Villadoz, Villanueva de Jiloca, Villar de los Navarros, Villarreal de Huerva e Villarroya del Campo.
Xeografía
editarLimita ao norte coa Comunidade de Calatayud e o Campo de Cariñena, ao sueste coa comarca do Señorío de Molina (na provincia de Guadalaxara), ao sur coa comarca do Jiloca e ao leste co Campo de Belchite.
Parte do seu territorio está ocupado pola Reserva natural dirixida da Lagoa de Gallocanta.
Economía
editarA agricultura é o principal recurso económico, principalmente o cultivo de cereais, forraxes e vide.
Cultura
editarDo patrimonio artístico destacar a cidade de Daroca, que conserva as murallas medievais. Entre os espazos naturais destacar a lagoa de Gallocanta, a maior lagoa destas características de España e onde se concentran grandes cantidades de aves migratorias.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Comarca Campo de Daroca, en comarcaacomarca.com Arquivado 25 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Campo de Daroca (en castelán)