Campo de Cariñena
O Campo de Cariñena é unha comarca de Aragón, en España, situada no centro-oeste da provincia de Zaragoza, entre os ríos Jalón e Huerva. A súa capital é Cariñena.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Zaragoza ![]() | ||||
Capital | Cariñena ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 772 km² ![]() | ||||
Municipios
editarA comarca engloba aos municipios de Aguarón, Aguilón, Aladrén, Alfamén, Cariñena, Cosuenda, Encinacorba, Longares, Mezalocha, Muel, Paniza, Tosos, Villanueva de Huerva e Vistabella de Huerva.
Xeografía
editarLimita ao norte coas comarcas de Valdejalón e Zaragoza, ao oeste coa Comunidade de Calatayud, ao sur co Campo de Daroca e ao leste co Campo de Belchite.
Economía
editarDestacan os seus viños con denominación de orixe, obtida en 1935 e homologada en 1989. A superficie de cultivo de vide é dunhas 17.908 hectáreas e a produción de viño de 300.000 hectolitros.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Comarca do Campo de Cariñena, en comarcaacomarca.com Arquivado 25 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Campo de Cariñena (en castelán)