Lagoa de Gallocanta
A cunca da lagoa de Gallocanta está no centro do Sistema Ibérico, na provincia de Teruel, en Aragón España. É unha cunca endorreica que está pechada polas serras de Santa Cruz e Pardos polo Norte, a Serra Menera polo Sur e a Serra do Calderero polo Leste. Encóntrase a 1.000 m de altitude, ten 7,7 km de lonxitude e 2,8 km de anchura; a súa profundidade máxima pode atinxir 1,5 m, aínda que non sempre ten auga, pois sofre períodos chuviosos e secas.
Tipo | lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Gallocanta ![]() | |||
Parte de | Q50260691 ![]() ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Sistema Ibérico ![]() | |||
Localización | ||||
País da cunca | España ![]() | |||
División administrativa | Provincia de Teruel, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 990 m ![]() | |||
Profundidade | 1,5 m ![]() | |||
Dimensións | 2,8 (![]() ![]() | |||
Superficie | 14,4 km² 1.923,57221 ha ![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 543,35 km² ![]() | |||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 655 | |||
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 5.000.000 m³ ![]() | |||
Na zona atópanse outras lagoas de menor tamaño como as de Guialguerrero, La Zaida, a Lagunilla (Navajo del Prado de la Torre) e outras de menor entidade aínda. O conxunto forma unha etapa importante no paso de aves migratorias.
A lagoa está declarada como refuxio de fauna silvestre, zona de especial protección para aves (ZEPA) e figura na lista de Zonas Húmidas de Importancia Internacional, constituíndo un dos Sitios Ramsar en España.
As localidades que arrodean a lagoa son: Gallocanta, Berrueco, Tornos, Bello e máis Cuerlas.