Xuacu Amieva
Xuacu Amieva, nado en El Mazucu (Llanes) o 12 de outubro de 1954, é un gaiteiro español. Mestre de gaiteiros, distínguese polo traballo de recuperación do patrimonio cultural e musical asturiano, fundando un gran número de bandas e grupos folclóricos. Destaca tamén a súa creación musical, recoñecida mundialmente con prestixiosos premios como o Trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient ou os Premios Grammy.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1954 ![]() El Mazucu, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, gaiteiro ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarA súa vocación musical vén de familia, xa que a súa nai era cantante e tiña parentes que tocaban a gaita. En 1974 entrou a formar parte do grupo «Urogallos». Interesado pola música tradicional asturiana, participa en varios grupos folclóricos como "Raigañu", "Urogallos" e "Andecha Folklor d'Uvieu". Neles, realiza unha importante tarefa de recuperar tanto música como instrumentos populares como a rabel ou a bandurria asturiana, a [zanfona]] ou gaita de rabil, a trompa ou arpa de boca, a frauta traveseira de madeira, tarrañolas, castañolas vaqueiras, pitos, o "pandeiru cuadrau", a xipla, o tambor...
No seu afán por manter vivas as tradicións, creou en 1980 en Oviedo a «Escola de música tradicional», da que máis tarde abriu delegacións noutras partes da rexión debido á gran demanda. Nestas escolas naceron algunhas bandas de gaitas asturianas pioneiras, como a "Banda de los LLumerinos" ou a "Banda Gaites Naranco".
Ao mesmo tempo que mantivo viva a tradición musical de Asturias mediante a docencia, seguiu activo fundando grupos folk como "Beleño" e "Ubiña". En 1990 formou o grupo folk "Xuacu Amieva". En 1995 colaborou cos irlandeses The Chieftains no seu álbum "Santiago" tocando a canción "El besu". Esta obra gañou un premio Grammy en 1997.
Obra
editarDiscografía
editar- Método de gaita (1984)
- Onde l'agua ñaz (1986)
- Ubiña (1988)
- Xostrando (1989)
- Colaboración en Las cornamusas de Europa (1991)
- Lluna caldeá (1992)
- La gaita asturiana (1993)
- Colaboración coa canción El besu no álbum Santiago de The Chieftains (1995)
- Tiempo de mitos (1999)
- Al son del fueu (2003)
- Seis (2006)
Bibliografía
editar- Método de gaita (1984)
- Método de gaita asturiana (1998)
- La gaita asturiana. Método interactivo de enseñanza (2003)
Curtametraxes
editar- Mitos astures (1997)