Xosefina de Leuchtenberg
Xosefina de Leuchtenberg, nada o 14 de marzo de 1807 en Milán (como Joséphine Maximilienne Eugénie Napoléone de Beauharnais) e finada o 7 de xuño de 1876 en Estocolmo, foi raíña de Suecia e Noruega entre 1844 e 1859, como consorte do rei Óscar I.[1]
![]() (1858) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1807 ![]() Milán, Italia ![]() |
Morte | 7 de xuño de 1876 ![]() Palácio Real de Estocolmo, Suecia (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Riddarholmskyrkan ![]() |
Rainha consorte da Suécia (pt) ![]() | |
8 de marzo de 1844 – 8 de xullo de 1859 ← Desideria Clary – Luísa dos Países Baixos → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | consorte, coleccionista de arte ![]() |
Outro | |
Título | Raíña consorte Duquesa Princesa Princesa (pt) ![]() ![]() |
Familia | Casa de Beauharnais (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Óscar I de Suecia (1823, 1823–) ![]() |
Fillos | Carlos XV de Suecia, Gustavo, duque de Uppland, Óscar II de Suecia, Eugênia da Suécia, Augusto, duque de Dalarna ![]() |
Pais | Eugène de Beauharnais ![]() ![]() |
Irmáns | Théodolinda von Urach Eugênia de Leuchtenberg Maximiliano de Beauharnais Augusto de Beauharnais Amelia de Leuchtenberg Carolina Clotilde de Beauharnais ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) ![]() Dicionário Biográfico Sueco (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Tamén foi Princesa de Bologne,[2] e Duquesa de Galliera e de Leuchtenberg.
Familia
editarEra a filla máis vella de Eugène de Beauharnais, primeiro duque de Leuchtenberg (concedido en 1817 polo rei Maximiliano I de Baviera) e de Augusta Amalia de Baviera (filla do rei Maximiliano I de Baviera e da princesa Guillermina de Hesse-Darmstadt).
Debía o seu primeiro nome á súa avoa paterna, a emperatriz Xosefina, e o seu terceiro ao emperador Napoleón Bonaparte.
Matrimonio
editarCasou con Óscar, o príncipe herdeiro de Suecia e Noruega, o 22 de maio de 1823,[1] no palacio de Leuchtenberg, en Múnic.
O 19 de xuño do mesmo ano celebrouse unha cerimonia en Estocolmo.
Probabelmente o matrimonio tiña tamén fins de lexitimación dinástica, pois Xosefina era descendente, por liña materna, de Gustavo Vasa. Así mesmo descendía a través da súa e nai do impopular rei Cristián II de Dinamarca.
Seis días despois de chegar a Suecia tivo que renunciar ao seu terceiro nome, Napoleona, debido a que Suecia se aliñara no bando contrario a Napoleón durante as guerras deste en Europa.
Levou consigo varias xoias espectaculares herdadas da emperatriz Xosefina, elaboradas en prestixiosas xoiarías de París. Esas xoias pertencen aínda hoxe en día á familia real sueca.
En 1824 foi vicerraíña de Noruega e tería que viaxar acompañando ao seu marido á capital dese país, Kristianía (actual Oslo). Alí viviría a parella uns cantos meses antes de volver a Estocolmo.
Á morte de Carlos XIV Xoán de Suecia, o seu esposo Óscar subiu ao trono, como Óscar I, e Xosefina converteuse en raíña de Suecia e Noruega.
Entre as súas actividades como raíña encontrábanse as obras de caridade. Manifestou gusto pola pintura e promoveu as reformas propostas polo seu marido.
Xosefina foi tan popular na corte como entre o pobo sueco, a pesar de conservar a súa relixión católica, aínda que consentiu educar os seus fillos na relixión luterana. Segundo rumores, a raíña defendeu, en 1860, unha nova lei de liberdade relixiosa. A lei antiga permitía crenzas diferentes soamente se o individuo nacera nelas, prohibindo unha conversión da fe luterana.
Non se sabe se tivo algunha influencia política durante o reinado do seu marido (e no do seu fillo), pero certamente actuou como conselleira do rei. En 1848 tentou evitar unha guerra en Schleswig-Holstein. E sería responsábel dun tratado entre Suecia, Noruega, Francia e a Gran Bretaña en 1855.
Na súa vida privada padeceu a infidelidade de Óscar, que tivo un romance extramatrimonial coa famosa actriz sueca Emilie Högqvist, e outra relación coa aristócrata Jaquette Löwenhielm.[3]
Morte
editarA finais do mes de maio de 1876, Xosefina xa estaba bastante enferma, falecendo o 7 de xuño dese ano en Estocolmo, á idade de 69 anos. As súas últimas palabras foron: «Eu estou indo para casa agora. Estou moi feliz». O seu funeral seguiu o rito católico. Está sepultada na Igrexa de Riddarholmen, de capital sueca.
Descendencia
editarCo seu esposo Óscar I tivo os seguintes fillos:[1]
Galería de imaxes
editar-
Josefinas klänning, Livrustkammaren.
(Vestido de Xosefina) -
Oscar I:s och Josefinas bröllopskläder, Livrustkammaren.
(Roupas da voda de Óscar I e Xosefina) -
Solfjäder som tillhört drottning Josefina, 1873.
(Abano que pertenceu á Raíña Xosefina, 1873) -
Minnesvärja tillverkad till 50-årsjubileet av drottning Josefinas landstigning i Sverige, 1873.
(Espada conmemorativa do 50º aniversario da chegada da Raíña Xosefina e Suecia, 1873) -
Drottning Sofias guldbröllopssläp.
(Manto bordado en ouro da voda da Raíña Sofía) -
Hovdamstecken med Josefinas spegelmonogram under kunglig krona av silver och briljanter, 1844-1876, Livrustkammaren.
(Monograma de Xosefina baixo a coroa real de prata e diamantes, 1844-1876)
Antepasados
editarPredecesor: Desideria Clary |
Raíña Consorte de Suecia e de Noruega 8 de marzo de 1844 – 8 de xullo de 1859 |
Sucesor: Luísa dos Países Baixos |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Darryl Lundy, Xenealoxía de Xosefina de Leuchtenberg (en inglés).
- ↑ Princesse de Boulogne 1807 en Oeuvres de Napoléon Bonaparte, Volume 4.
- ↑ Söderhjelm, Alma & Palmstierna, Carl-Fredrik (1944): Oscar I. Stockholm: Bonnier. Libris 22887 (en sueco).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosefina de Leuchtenberg |
Bibliografía
editar- Herman Lindqvist (2006): Historien om alla Sveriges drottningar Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Stockholm: Norstedts Förlag. ISBN 9113015249 / ISBN 9789113015248 (en sueco).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Darryl Lundy, Xenealoxía de Xosefina de Leuchtenberg en The Peerage (en inglés)