Xosé Tomás
Xosé Tomás Díaz Teijo, coñecido como Xosé Tomás, nado en Betanzos[1] o 26 de outubro de 1971, é un ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor galego (catedrático de ensino medio).[2]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1971 ![]() Betanzos, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración, desenhar (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Galicia ![]() |
Ocupación | ilustrador, creador de banda deseñada, profesor de ensino secundario, autor de cómics, debuxante, director de escola ![]() |
Sitio web | xosetomas.es ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa tese de doutoramento sobre o papel interventor do ilustrador nos álbums infantís ilustrados.[3] É catedrático de inglés de ensino secundario no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal[4], do que tamén é director.[5]
A maioría da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil, onde traballou para editoriais como Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Anaya, Edebé, Rodeira, Baía Edicións, Parramón, Edicións Embora, Bromera ou Editorial Planeta. Ten feito viñetas cómicas para La Voz de Galicia e humor gráfico en Diario de Pontevedra/El Progreso, no Nós Diario, e nas revistas Tempos Novos, Revista Galega de Educación, Plis-Plas (Radio Galega). Traballou tamén o cartelismo didáctico con traballos para a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña, deputacións, concellos e outras entidades. Participou nas dúas etapas de Golfiño,[6] realizando pasatempos e as series Animalia e Luzbell. Conduciu diferentes obradoiros[7] sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene[8], ou no Salón do Cómic Viñetas desde O Atlántico da Coruña (no que foi autor galego convidado en 2018).
En 2009 participou con cómic no Proxecto Terra para o COAG[9]. Tamén colaborou nos números da serie Preventigirl do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.[10]
En 2009 participou na Feira do Libro da Habana, dentro da delegación da Xunta de Galicia. En 2010 deu un curso de ilustración a profesionais locais en Abuja (Nixeria), convidado pola embaixada de España[11], en colaboración con editoriais da cidade. En 2012 impartiu un relatorio no congreso de IBBY en Londres, convidado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (subsección do IBBY). En 2013 creou, xunto con Biblos Clube de Lectores, os obradoiros de ilustración e banda deseñada BIBLOS. En 2014 foi seleccionado pola Xunta de Galicia e a AGPI como ilustrador convidado á feira do libro de Frankfurt.
Publicacións
editar- Tolos (2008). Universidade da Coruña. ISBN 9788497493079. Álbum de BD realizado para a Universidade da Coruña no que cinco relatos breves nos presentan personaxes relacionados dalgún xeito coa vida universitaria: Formación, voluntariado, investigación, vocación.[12]
- Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño (2008). Concello da Coruña, Consellería de Cultura e Deporte (Xunta de Galicia), Deputación da Coruña, Ministerio de la Presidencia (Goberno de España), Xunta de Galicia. (Álbum)
- Nómades (2011). Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-392-2.[13] (literatura e debuxo)
- Manual de Escola (2016). ASP-G. 80 páxs. ISBN 978-84-938747-4-2. Prólogo de Francesco Tonucci e Xaquín Marín. (humor gráfico)[14]
- Animalia. 1. Verde (2018). Xerais, colección Merlín Cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-385-7. (banda deseñada infantil)[15]
- Animalia. 2. Branco (2019). Xerais, colección Merlín Cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-226-4. (banda deseñada infantil)
- Manual de Escola 2 (2019). ASP-G. 82 páxs. ISBN 978-84-949659-0-6. Prólogo de Fabricio Calvano e Miguelanxo Prado. (humor gráfico)
- Historias de Betanzos I (2013) e Historias de Betanzos II (2015)[16]. Concello de Betanzos.
- Lubell. O demo bombilla (2020). Con Diego Rosales. Galaxia. 68 páxs. ISBN 978-84-9151-419-0.
- Animalia 3. Azul (2021). Xerais, Merlín cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-846-3.
- Historias da Fraga Revirada (2021). Vigo: Galaxia. 198 páxs. ISBN 978-84-9151-615-6.
- Contos de seu (2022). AS-PG. 80 páxs. ISBN 978-84-949659-5-1.
- Animalia 4. Gris (2022). Vigo: Xerais, Merlín cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-146-2. ePub: ISBN 978-84-1110-168-4.
- Cando penso que te fuches (2023). AS-PG. Poemas glosando os de Rosalía de Castro. ISBN 978-84-126908-0-4.
Libros ilustrados por Xosé Tomás
editar- Ulloa, Cibrán (2004). O lume dos soños. Baía Ed. 216 páxs. ISBN 978-84-96128-75-X.
- Núñez, Toño (2006). O pirata metepata. Baía Ed. ISBN 978-8496526648.
- Regueiro, Conchi (2006). Un marciano neste mundo. Baía Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-96128-76-7.
- Vázquez Álvarez, David Daniel (2006). Orballo da mañá... Baía Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-96526-69-3
- Castilla, Gabriel (2007). O soñador. Baía Ed. ISBN 978-84-96526-99-0.
- Fernández Castro, Xosé Manuel (2007). Misterio en Guernica. Baía Ed. 64 páxs. ISBN 978-84-96526-99-0.
- Núñez, Toño (2007). O monstro dos Ancares. Galaxia. 56 páxs. ISBN 978-84-7154-008-9.
- Riveiro, Breogán (2007). O afundimento do Tiránic. Baía ed. 45 páxs. ISBN 978-84-96526-98-3.
- Vázquez Freire, Miguel (2007). Contos de Reis e de Nadal. Xerais, Col. Merlín. 120 páxs. ISBN 978-8497826327.
- Vázquez Freire, Miguel (2007). María é maior. Baía Ed., 34 páxs. ISBN 978-84-96893-26-9.
- Vázquez Freire, Miguel (2007). O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos. Rodeira. ISBN 9788483490235
- Iglesias, Arturo (2008). Carolina e os caracois. Baía Ed. 32 páxs. ISBN 978-84-96893-67-2.
- Martín, Paco (2008). Sabeliña e os ratos. Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-020-4.
- Solar, María (2008). Boa sorte. Baía Ed. 64 páxs. ISBN 978-84-96893-30-6
- Solar, María (2008). O tempo do revés. Baía Ed. 56 páxs. ISBN 978-84-96893-28-3.
- Castaño, Yolanda (2009). Cando eu saiba ler. Galaxia. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-171-3.
- Gonda, Araceli (2009). Flis-fli-ris-flás. Galaxia. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-246-8.
- Pita, Charo (2009). O arco da vella. Xerais, Col. Merlín. 40 páxs. ISBN 978-84-9782-978-6.
- Iglesias, Arturo (2010). Antón, si tal! 32 páxs. ISBN 978-84-92630-43-1.
- Solar, María (2011). Vou ter un irmán!!! . Galaxia. 28 páxs. ISBN 978-84-9865-371-7.
- Vázquez Freire, Miguel (2011). O souto escuro e perigoso. Xerais, Col. Merlín. ISBN 978-8499140971.[17]
- Lama, Xavier (2011). Os reloxos preguiceiros de Néboa (2011). Xerais, Teatro. ISBN 978-84-9914-210-4.[18]
- Tembrás, Dores (2012). O peizoque Roque. Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-438-7.
- Castaño, Yolanda (2012). Verdedades. Biblos. ISBN 978-84-15086-31-4.[19]
- Blanco, Concha (2013). Cos ollos do avó. Embora. 110 páxs. ISBN 978-84-92644-71-1.
- Blanco, Concha (2013). Quero que veñan meus pais! Embora. 112 páxs. ISBN 978-84-92644-72-8.
- Carballeira, Paula (3013). A burra Ramona. Baía Ed. 42 páxs. ISBN 978-84-9995-080-8.
- Leira Castro, Rocío (2013). Universo Pitágoras. Biblos. 72 páxs. ISBN 978-84-15086-33-8.[20]
- Vázquez Freire, Miguel (2013). Fadita fosca! Baía Ed. 48 páxs. ISBN 978-84-9995-074-7.
- Iglesias Fernández, Arturo (2014). Exeria: nos límites do mundo. ASP-G, Nos límites do mundo. 72 páxs. ISBN 978-8493874728.
- Núñez, Toño (2014). De como Chispo, o esquío, puido co frío. Galaxia. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-527-8.
- Castaño, Yolanda (2014). Coller as rendas. Xerais. Col. Merlín. ISBN 978-84-9914-806-9 (2ª ed. 2015).
- Gonda, Araceli (2014). Os amigos de Santi. Galaxia. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-528-5.
- Varela, Xosé Manuel e Varela, Icia (2014). O grilo Míllelo. Ed. Embora. 40 páxs. ISBN 978-84-92644-97-1.
- García Teijeiro, Antonio (2015). Palabras do mar. Ed. Embora. 40 páxs. ISBN 978-84-16456-03-1.
- Núñez Singala, Sabela (2016). O agasallo de Anya. Galaxia. 116 páxs. ISBN 978-84-9865-509-4.
- Tobaruela, Pere (2017). Catro pedras vellas. Baía. 88 páxs. ISBN 978-84-9995-229-1
- Loureiro, Ánxela (2018). Choiva de ras. Xerais. Col. Merlín. 136 páxs. ISBN 978-8491213680.
- Tomás, Xosé (2018). O día do globo. Quince300. Col. Pasatempo. 79 páxs. D.L. C-1436-2018
- López López, Xabier (2018). O segredo da vella librería. Galaxia. Col. Árbore Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9151-169-4
- Paz Limia, Jacobo (2018). O Gatipedro. Baía. Col. Conto x conto. 34 páxs. ISBN 9788499952857
- Paz Limia, Jacobo (2018). A meiga chuchona. Baía. Col. Conto x conto. 36 páxs. ISBN 978-84-9995-299-4
- Castaño, Yolanda (2019). Sementes viaxeiras. Embora. Col. Fardel dos soños. 48 páxs. ISBN 978-84-17824-05-1
- Alonso Diz, Miguel Anxo (2021). O país da choiva. Antela Editorial / Deputación de Ourense. 80 páxs. ISBN 978-84-09-33067-6
- Música Miúda (2022). Cambia o conto. Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-930-0
- Feijoo, Pedro (2022). Pequena historia de Vigo. Edicións Embora. 52 páxinas. ISBN 978-84-17824-81-5.
O escritor Manuel Guisande achegou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable, o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada en 2010 por Baía Edicións e que foi traducida ó castelán[21] e ó portugués.[22]
- Rodribico e a noite. ISBN 978-84-92630-51-6.
- Rodribico aprende a voar. ISNB 978-84-92630-52-3.
- Rodribico e o mar. ISBN 978-84-92630-53-0.
- Rodribico vai ao circo. ISBN 978-84-92630-54-7.
- Rodribico visita a cidade. ISBN 978-84-92630-55-4.
En castelán
editar- Vázquez Freire, Miguel (2007). El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo de los niños. Edebé. ISBN 9788423683727.
- Loureiro, Ánxela (2011). Lluvia de ranas. Planeta. ISBN 978-84-08-09898-0.
- Lourenzo González, Manuel (2013). Un fantasma en el colegio. Edebé. 168 páxs. ISBN 9788423681907.
- Torres, Elena e Iglesias, Arturo (2014). Caminando. Educación vial para el primer ciclo de educación infantil. Dirección General de Tráfico.[23]
- Vinyoli Sastre, Joan y Albert (2017). El gran libro de relatos de piratas y corsarios. Parramón, (Más allá del cuento). 112 páxs. ISBN 978-8434211506.
- Alonso Diz, Miguel Ángel (2016). Manual del bullyng. Nova Galicia Edicións. 57 páxs. ISBN 978-84-944321-4-9.
- Castro Maestre, María del Mar (2016). Manual de educación: Protocolo social para niñas y niños. Nova Galicia Edicións. 56 páxs. ISBN 978-8494432132.
- Marín, Rafael (2017). El tebeo mágico. Estudio Rosetta.[24]
- Alfeirán, Xosé e Tomás, Xosé (2020). Pequeña historia de A Coruña. Ed. Embora. ISBN 978-8417824280.
Materiais multimedia
editar- Flis-fli-ris-flas CDRom (Galaxia), www.cooperativasdegalicia.com
- A Estrada Dixital (Concello da Estrada)
- Portal Contidos Educativos (Consellería Educación - Xunta de Galicia)
- Dicionario Visual Interactivo (Consellería de Educación - Xunta de Galicia)
- Guía de primeiros auxilios (061)
- Prevenio (Protección Civil – Galicia)
- A Guerra das Bruxas (Edebé-Rodeira)
- Visita o teu Campus CDRom (Universidade da Coruña)
- CaminANDO (DGT - Ministerio del Interior)
Premios
editar- En 2010 a Asociación de Editores de Galicia concedeulle o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor álbum ilustrado do ano pola serie Rodribico.[25]
- En 2012 e en 2014 recibiu o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano.
- En 2013 foi Premio Frei Martín Sarmiento por Vou ter un irmán!!!, con María Solar, e en 2016 por A Burra Ramona, con Paula Carballeira.
- En 2016 o Concello de Betanzos concedeulle o Premio "Garelo" de Cultura, máxima distinción no municipio.
- En 2017 o Clúster Galego da Comunicación concedeulle o Premio Paraguas ao mellor libro infantil do ano.
- En 2021 foi Premio Frei Martín Sarmiento por Animalia 2. Branco.
- En 2021 finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego, por Pequeña historia de A Coruña.[26]
- Foi membro de varios xurados:
- XII Premio de Banda Deseñada "Castelao" - 2018 (Deputación da Coruña).
- XXV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do humor” 2021 do Museo do Humor de Fene.
- Premio Nacional de Ilustración 2022.
Notas
editar- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Autores - Tomás, Xosé". baiaedicions.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "XOSÉ TOMÁS. Ilustración, banda deseñada". DIVERXE. obradoiros creativos para centros de ensino. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Xosé Tomás". Vinetas desde o Atlántico. A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Persoal do centro". edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 29/04/2019. Consultado o 07/08/2019. Arquivado 29/04/2019, en Wayback Machine.
- ↑ "Xosé Tomás Teijo". tebeosfera.com.
- ↑ "Obradoiro de ilustración". culturagalega.gal. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ "Xosé Tomás". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ Mauleón, Amaia. "Arquitectos de Primaria". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-09-07.
- ↑ "Xosé Tomás Teijo - Ficha de autor en Tebeosfera". www.tebeosfera.com. Consultado o 2019-09-07.
- ↑ "Terminamos el curso en Abuja, Nigeria", maio 2010 (en castelán).
- ↑ "Tolos (2008) Álbum. BANDA DESEÑADA.GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Nómades". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Manual de escola. Eduga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ ""Animalia 1. Verde", de Xosé Tomás. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Xosé Tomás publica el segundo tomo de su cómic «Historias de Betanzos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-05-28. Consultado o 2019-09-07.
- ↑ "Crítica de «O souto escuro e perigoso», de Miguel Vázquez Freire, en Trafegando ronseis. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-05. Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Verdedades, de Yolanda Castaño". cadernodacritica. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Universo Pitágoras, de Rocío Leira Castro". cadernodacritica. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ "Los más pequeños ya pueden leer a Rodribrico en castellano". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015. Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "Rodribico tamén en castelán e portugués – Editorial". Consultado o 2019-09-06.
- ↑ "guía completa.pdf" (PDF). dgt.es. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ "'El tebeo mágico' plasma la fascinación infantil por el cómic". Diario de Cádiz (en castelán). 2018-05-08. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Mes de la ilustración en la Biblioteca de Galicia Xosé Tomás Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Xosé Tomás Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-06-03.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista en Baía Edicións, 2013.