Conchi Regueiro
María Concepción Regueiro Digón, nada en Lugo en 1968, é unha escritora galega de ciencia ficción, máis coñecida como Conchi Regueiro.[1]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Concepción Regueiro Digón 1968 (56/57 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, escritora de ciencia ficción |
Xénero artístico | Ciencia ficción |
Premios | |
Traxectoria
editarRegueiro é diplomada en traballo social e pedagoga, á vez que se dedicou á docencia en cursos de formación ocupacional permanente.[2]
A súa obra ten perspectiva feminista e recolle os estereotipos de xénero conservadores, intercalando obras en galego e en castelán.[3] En galego, a súa primeira publicación, en 2002, foi unha novela para adultos, Tempos agradables, pero continuou escribindo libros de literatura non realista, de ciencia ficción e fantasía para público infantil e xuvenil como Un marciano neste mundo (2004), O tesouro das ánimas (2011), e con incursións no terror como A herdanza do marqués (2009), e a súa continuación A cerna do segredo (2014).[4]
En castelán publicou narrativa para adultos, a recompilación La estirpe de Tordón (2005), que recolle dúas novelas curtas e dous relatos; e novelas de ciencia ficción, como Reclutas de guerras invisibles (2006) en formato web, escrita en forma de ucronia, estilo ó que tamén se achega nos contos «Erundina Salvadora», na edición de 2008 do Fabricantes de sueños e «El enemigo en casa» en Historias del Crazy Bar.[5][6] Publica a súa novela Vistas al río (2007) na Colección Mitilene de Ellas Editorial, melodrama con tinguiduras sociais, seguido de La moderna Atenea (2008), e Los espíritus del humo (2017).[7] Estas dúas últimas obras teñen en común a combinación dunha ciencia ficción clásica de raíz anglosaxoa, por unha banda, e por outro, a temática social da España de finais do século XIX.
Regueiro foi xurado nos 6º e 7º Premios Meiga Moira, de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións en 2014 e 2016 respectivamente.[8][9]
Obra
editar- En galego
- Tempos agradables (2002). Vigo: Ed. do Cumio. ISBN 9788482891613.
- Un marciano neste mundo (2004). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-96128-76-7.
- A herdanza do marqués (2009). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-92630-21-9.
- O tesouro das ánimas (2011). A Coruña: Baía. ISBN 9788496526457.
- A cerna do segredo (2014). A Coruña: Baía. ISBN 9788499951393.
- Meigallo_98h (2024). A Coruña: Baía. ISBN 9788499954516.
- En castelán
- La estirpe de Tordón (2005)
- Vistas al río (2007)
- La moderna Atenea (2007)
- Reclutas de guerras invisibles (2011)
- Historias del Crazy Bar y otros relatos de lo imposible (2012)
- Visiones 2016 (2016)
- Los espíritus del humo (2017)
- ¿Hogar? (2018). Café con leche.
Notas
editar- ↑ Robles, Lola (2 de outubro de 2008). "FANTÁSTIKAS: Sobre Conchi Regueiro". FANTÁSTIKAS. Consultado o 27 de novembro de 2017.
- ↑ Cid, Loli (9 de maio de 2011). "Conchi Regueiro". Consultado o 27 de novembro de 2017.
- ↑ "Lola Robles: Un mundo por delante de su lastre: escritoras españolas de ciencia ficción". www.barcelonareview.com. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Robles, Lola (4 de abril de 2010). "FANTÁSTIKAS: ENTREVISTA A CONCHI REGUEIRO SOBRE SU NOVELA "LA MODERNA ATENEA"". FANTÁSTIKAS. Consultado o 15 de xaneiro de 2018.
- ↑ "¡¡Ábrete libro!! - Foro sobre libros y autores • Ver Tema - LA MODERNA ATENEA, de Conchi Regueiro, en AJE". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "Sesión Especial del Taller de Literatura “Fantástikas”".
- ↑ "Invitada: María Concepción Regueiro Digón - Hispacón 2013". Hispacón 2013 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Héctor Cajaraville Araujo gaña o 7.º Premio Meiga Moira 2016 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións | ::Axenda cultural AELG::". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "Andrea Maceiras gaña o 6.º Premio Meiga Moira, de 2014 | ::Axenda cultural AELG::". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.