Xosé Mosquera Pérez
Xosé Mosquera Pérez, nado no Carballal (antigo concello da Enfesta) o 18 de setembro de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1965, foi un profesor galeguista.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1895 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 30 de decembro de 1965 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, actor ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDirixiu o grupo de teatro Cativezas (1923-1925). Popularizou o personaxe "O vello dos contos" na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia (1932-1936), co que fixo campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936. Militante do Partido Galeguista, en febreiro de 1936 abandona o Partido con Manuel Beiras para unirse á Dereita Galeguista. Foi un dos promotores da Misa de Rosalía.
Na posguerra foi redactor de La Noche. En 1946 saíu á venda a Casa da Matanza por 100.000 pesetas. Mosquera coñeceu a noticia por medio de Xesús Rey-Alvite e, xunto con Manuel Beiras e Camilo Agrasar foron a Padrón para negociar coa dona da casa[1]. Ao darse conta de que non tiñan medios suficientes para comprala, Mosquera decidiu pedirlle axuda económica ao seu amigo José Villar Granjel[2] e contoulle a intención que tiña de adquirir a casa para convertela nun símbolo de galeguidade e para fundar un Padroado composto por galegos ilustres que conservasen a casa e a memoria de Rosalía.
O 15 de novembro de 1947 Mosquera convocou en Santiago un grupo de antigos galeguistas (Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Luís Iglesias Iglesias, Fermín Bouza-Brey, Paulino Pedret Casado, Felipe Cordero Carrete, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Beiras García, Xaime Illa Couto, Antonio Fraguas Fraguas e Xesús Ferro Couselo) e constituíron o Padroado Rosalía de Castro co propósito de facerse cargo do inmoble e de transformar a casa nun verdadeiro museo rosaliano, con biblioteca especializada, aberto ao público. Dúas semanas despois faleceu José Villar Granjel e legou a súa metade da casa ao Padroado. Mosquera estaba gravemente endebedado co pago da súa metade da casa, débeda que pagou o Centro Galego de Bos Aires, conseguindo así que toda a casa fose propiedade do Padroado. Como agradecemento colocóuselle unha placa ao lado do Mausoleo de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres. Foi presidente do Padroado. Foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1952.
Vida persoal
editarCasou con Dolores Souto e foi pai de Dolores Mosquera Souto.
Notas
editar- ↑ García Domínguez, Raimundo (1999). Papeis de Borobó. A cantora do Sar: da man de Rosalía e co seu patronato. Padrón: Fundación Rosalía de Castro. pp. 115–116. ISBN 84-87668-11-9.
- ↑ "La Casa de Rosalía". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2015. Consultado o 26 de abril de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Mosquera Pérez |
Bibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Xosé Mosquera Pérez. O vello dos contos. Santiago de Compostela: Asociación de Veciños Ruta Xacobea de San Paio da Sabugueira. 2012. ISBN 978-84-940055-4-1.
- Agís Villaverde, Marcelino (2019). Xaime Isla Couto: Entre o ‘Galiza ceibe’ e o ‘Venceremos nós’. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía de 1969 (PDF). Fundación Isla Couto / SEPT. ISBN 978-84-7337-067-7.