Jesús Rey-Alvite Feás
Jesús Rey-Alvite Feás, tamén coñecido como Jesús Alvite e Jesús Rey Feás, finado en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 1979,[1] foi un funcionario de prisións, escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 10 de outubro de 1979 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Familia | |
Pai | Jesús Rey Alvite ![]() |
Irmáns | José Rey-Alvite Feás ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo do xornalista Jesús Rey Alvite e de Concepción Feás Mourelle, e irmán do tamén xornalista Pepe Alvite. En setembro de 1932 foi nomeado correspondente en Santiago de Compostela do xornal Diario de Pontevedra[2]. En decembro de 1933 foi elixido Secretario da Comisión Organizadora da Homenaxe ao Secretario do Comité de Autonomía, Enrique Rajoy Leloup[3]. Desde febreiro de 1934 estivo empregado en Madrid na secretaría persoal do avogado e vogal do Tribunal de Garantías, Basilio Álvarez[4]. Separadas pola guerra civil, foi empregado en dúas etapas diferentes do Corpo Xeral de Prisións, desenvolvendo o traballo en prisións como no Penal de El Dueso (Cantabria)[5]. O 24 de abril de 1956 foi nomeado socio de honra da compostelá Unión Protectora de Artesáns[6]. Continuou coa publicación das guías que por mor das Festas do Apóstolo Santiago facía anualmente o seu pai. Faleceu aos 71 anos, mentres retransmitía por Radio Galicia a súa columna habitual[7].
Colaborou con diversos medios de comunicación galegos, como La Voz de Galicia (da que foi delegado en Santiago), El Correo Gallego, El Ideal Gallego e Radio Galicia. Tamén foi correspondente en Santiago do xornal madrileño La Tarde desde agosto de 1948[8].
Unha rúa compostelá leva o nome Irmáns Rey Alvite en lembranza súa e do seu irmán José.
Vida persoal
editarCasou con Francisca Díez García (falecida o 7 de decembro de 1953), coa que tivo a María del Carmen Matilde e a María Concepción[9].
Obra escrita
editar- Sombras de presidio (1936)[10].
- Homenaje al fundador de estas publicaciones, Jesús Rey Alvite (1943). Impreso na Litografía e Imprenta de Roel, A Coruña; 67 páxinas.
- Congreso luso-hispano-americano de anatomía celebrado en Galicia: brillante sesión de clausura (1943). Artigo publicado no número 3 da revista pontevedresa Finisterre.
- Congreso luso-hispano-americano de anatomía celebrado en Galicia (1944). Artigo publicado no número 4 da revista pontevedresa Finisterre.
- Dos periodistas y un locutor: ¿1944, año Jacobeo? (1944). Artigo publicado no número 6 da revista pontevedresa Finisterre.
- Juegos Florales en Compostela (1945). Artigo publicado no número 21 da revista pontevedresa Finisterre.
- La nueva Plaza de Abastos de Santiago de Compostela: una obra modelo del contratista Don Raymundo Vázquez (1945). Artigo publicado no número 22 da revista pontevedresa Finisterre.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 11-10-1979, p. 55.
- ↑ El Compostelano, 9-9-1932, p. 4.
- ↑ El Compostelano, 28-12-1933, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-1-1934, p. 10.
- ↑ La Noche, 5-1-1949, p. 3.
- ↑ La Noche, 24-4-1956, p. 2.
- ↑ El País, 19-11-2008, nun reportaxe firmado por José Precedo.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-8-1948, p. 2.
- ↑ La Noche, 8-12-1953, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 30-3-1936, p. 2.