Xosé Aldea
Xosé Manuel Aldea Moscoso, nado en Vigo en 1964,[1] é consultor cultural e editor, na actualidade director de Ouvirmos.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xestor cultural, editor ![]() |
Traxectoria
editarTraballou como mecánico de Renfe en Ourense. Estableceuse en Bade (Vilamaior, Sarria) onde montou unha gandaría ecolóxica de carne coa súa muller. Socio fundador en 2003 e director da editorial e consultoría cultural Ouvirmos. Foi coordinador xeral e director da feira Culturgal desde 2013 a 2021 e forma parte do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asociación Galega de Empresas Musicais[2].
Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de A feira das mentiras, o macroespectáculo galego de Manu Chao, realizado en Santiago de Compostela. En 2007 foi administrador solidario de Lonxa Cultural[3], primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos.[Cómpre referencia] Coordinou por encargo da Xunta de Galicia a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016). Exerceu de director no Teatro Colón da Coruña na temporada 2017/2018. No ano 2019 realizou o deseño, conceptualización e xestión de Audacia: Festival de Artes e emprendemento[4] para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Director de Culturgal durante dez anos, correspondéndose con 9 edicións da Feira, de 2013 a 2021 ambas incluídas.
Para o Concello da Coruña exerce de asesor externo e coordinador de actividades no "2022. Ano Internacional María Casares". Na actualidade con Ouvirmos xestiona, ao gañar o respectivo concurso público, as actividades da Cidade da Cultura.
Premios
editar- Premio da crítica de Galicia, 2008 (modalidade de música). Ouvirmos Colección A Tiracolo.
- Premio á mellor iniciativa editorial, 2009. Ouvirmos Fotobiografías Sonoras. Asociación Galega de editores
- Premio ao mellor libro educativo, 2013. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Asociación Galega de editores.
- Premio á obra editorial do ano 2013, 2014. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Federación de Librarías de Galicia.
- Culturgal é seleccionado entre os tres mellores proxectos de industrias culturais e creativas do ano 2020 polo Ministerio de Cultura.[5]
Notas
editar- ↑ "Una editorial de aldea y global". El País (en castelán). 26 de xuño de 2012.
- ↑ "José Manuel Aldea Moscoso,Consultor cultural senior. CEO en Ouvirmos, Dtor. de Culturgal, Dtor técnico en Fundación Celso Emilio Ferreiro". LinkedIn (en castelán). (require rexistro (?))..
- ↑ "JOSE MANUEL ALDEA MOSCOSO: Companies and Positions". Infoempresa.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2022.
- ↑ Audacia, Festival de Artes e emprendemento
- ↑ "El Ministerio de Cultura y Deporte presenta los mejores proyectos de Industrias Culturales y Creativas 2020". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 11 de novembro de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Aldea |
Ligazóns externas
editar- Entrevista na TVG