Xoán o Evanxelista
San Xoán o Evanxelista foi un dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Escribiu o Evanxeo de Xoán e as tres epístolas de Xoán. Atribúellese tamén o libro da Apocalipse.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 ![]() Galilea, Israel ![]() |
Morte | 98 ![]() Éfeso, Turquía ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | evangelist (en) ![]() ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século I ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 27 de decembro ![]() |
Símbolo iconográfico | Aguia ![]() |
Compañeiro profesional | Santiago o Maior: Fillos de Zebedeo ![]() |
Familia | |
Pais | Zebedeo ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Enciclopedia Católica The American Cyclopædia ![]() |
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/6c/El_Greco_034.jpg/220px-El_Greco_034.jpg)
Traxectoria
editarSegundo a tradición Xoán seria o máis novo dos doce apóstolos. Tiña probablemente cerca de vinte e catro anos cando foi chamado por Xesús. Era solteiro e vivía cos seus pais en Betsaida. Era pescador e traballaba xunto co seu irmán Santiago, e probablemente tamén con André e Pedro.
Nos libros da Biblia ponse de manifesto a admiración de Xoán por Xesús. Este chamoulle Fillo do Trono e máis adiante Discípulo Amado. Segundo o Novo Testamento, Xoán foi o apóstolo que seguiu con Xesús a noite que foi preso e o acompañou até a morte na cruz. Cristo encomendoulle o coidado de María, a súa propia nai. Na biblia protestante Xesús non sería o único fillo de María, senón o máis vello e por iso tería a responsabilidade de coidar de súa nai tras da morte de Xosé.[1].
Máis adiante Xoán estivo fortemente ligado a Pedro nas actividades iniciais do movemento cristián, chegando a ser un dos principais dirixentes da Igrexa de Xerusalén. É tradición que predicou na Asia Menor, especialmente en Éfeso. De todos os doce apóstolos, Xoán foi o máis destacado teólogo. Morreu de morte natural en Éfeso, no ano 103, cando tiña 94 anos. Cóntase que a súa sepultura estaba baleira cando foi aberta polo emperador Constantino para edificarlle unha igrexa.
Notas
editar- ↑ CRISTIANO, P. Jesus teve irmãos? Arquivado 08 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Ministério CACP, Centro Apologético Cristão de Pesquisas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán o Evanxelista |