Galilea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Galilea (en hebreo, הגליל ha-Galil, "a provincia" ; en árabe, الجليل al-Jalil; en latín Galilaea, do grego antigo Γαλιλαία) é unha rexión do actual estado de Israel que conta cunha importante poboación árabe. Está situada entre o mar Mediterráneo polo oeste e o lago de Xenesaret (tamén chamado lago de Tiberíades ou mar de Galilea) e o río Xordán polo leste. Ten un relevo montañoso (teñen sona o Monte Tabor, Monte Merón) e un clima chuvioso, cunha pluviosidade ata 800 mm., e unha peculiar vexetación. Nazaret e Tiberíades son dúas cidades turísticas. A súa economía baséase na agricultura, a pesca e o turismo.
הַגָּלִיל (he) الجليل (ar) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Israel | ||||
Distrito | Distrito Norte ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Punto máis alto | Monte Merón (1.208 m) ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Lower_Galilee_map.svg/220px-Lower_Galilee_map.svg.png)
Historia
editarO rei asmoneo Alexandre Xaneo fíxose con ela no século I antes de Cristo. Dende antigo, foi considerada polas elites xudías de Xerusalén unha terra atrasada e afastada. Durante o período helenístico e romano creouse a cidade de Séforis como metrópole principal. Moitos movementos de liberación xudía tiñan nela o seu niño (caso de Xudas o Galileo). Moitos xudeus a abandonaron trala represión romana durante as guerras xudías. Bizancio potenciou a súa sona de Terra Santa. No ano 638 os árabes ocuparon a rexión. Os cruzados de Godofredo de Bouillon recuperárana para o cristianismo ata a vitoria de Saladino en Hattin. Non foi ata 1948 cando o novo estado de Israel se fixo coa zona.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galilea |