Xisco Feijoó

músico galego

Francisco Javier Feijoó Álvarez, coñecido como Xisco Feijoó, nado en Vigo, é un músico, cantante e bailarín galego, cunha ampla traxectoria na música tradicional galega.

Modelo:BiografíaXisco Feijoó
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, cantante, bailarín Editar o valor en Wikidata

Sitio webxiscofeijoo.com Editar o valor en Wikidata
Instagram: xisco.feijoo Discogs: 7410834 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Vigo, sendo fillo de dous emigrantes do interior de Galicia. Seu pai é natural do lugar de Sistín do Mato, no concello lugués de Sober, mentres que súa nai Alejandrina é da Almuzara, en Boborás.[1][2] Durante máis de 30 anos percorreu as aldeas galegas realizando un labor de recuperación de conservación e recuperación da música tradicional galega.[3]

Entre 1996 e 2012 dirixiu a Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, en 1998 comezou a dar clases de canto na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD) de Vigo e en 2001 púxose á fronte da sección de canto da orquestra de folk SonDeSeu.[4]

Foi cantante durante varios anos do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, co que actuou en numerosos espectáculos en tres continentes, e dende 2013 forma parte do Pepe Vaamonde Grupo. Traballou con outros artistas de renome como Mercedes Peón, Carlos Núñez, Kepa Junkera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní e formou parte das compañías de danza `Nova Galega de Danza (SON) e Fran Sieira Compañía de Danza.[4] Traballou tamén na televisión, presentando a sección Músicas e Bailes Tradicionais do programa Luar da Televisión de Galicia entre os anos 1998 e 2004 e foi xurado do concurso "Vai de Baile” do histórico programa en varias tempadas.[4]

En 2021 presentou o seu primeiro álbum en solitario, titulado Peixe. Para a produción do disco, composto por 10 temas, rodeouse dos músicos Artur Puga, María Jorge, Carlos Quintá, Xan Pérez, Xosé Liz, José Manuel Díaz, Miguel Fraile e Iago Ramilo. Contou ademais coas colaboracións de Pablo Doval (Liño do Cuco), Fran Lucas (Coetus), Pepe Vaamonde, Natalie Haas, Alasdair Fraser, Rodrigo Romaní, Úrsula Rial, Aida Tarrío (Tanxugueiras), Alba Faro (SonDeSeu), Diego Calviño, Diego Cabaleiro e Iván Blanco (O Fiadeiro).[5][6]

Discografía

editar
  • Peixe (2021).
  1. "Metamorfose Xira "PEIXE", Xisco Feijoó cun Mar de Peixes". Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  2. "Xisco Feijoó Deslumbra en Entrevista Exclusiva con Diario de Vigo y 7MN Televisión al Presentar el Fin de su Gira “Peixe”" (en castelán). 28 de novembro de 2023. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  3. "Xisco Feijoó: "A nosa música tradicional está viva a día de hoxe, volve estar onde tiña que estar: na rúa"". Nós Diario. 26 de marzo de 2022. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Bio". xiscofeijoo.com. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  5. "Xisco Feijóo “Peixe”". 1 de outubro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  6. "Letras". xiscofeijoo.com. Consultado o 11 de outubro de 2024.