Xosé Manuel Budiño
Xosé Manuel Budiño, nado en Moaña en 1969, é un músico e gaiteiro galego.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (55/56 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Traxectoria
editarA comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participa na banda de gaitas Xarabal e en 1991 funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle.
En 1996 presenta o seu proxecto en solitario Paralaia. Para as actuacións contou con Leandro Deltell (Batería, percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki, mandola), Xabier Díaz (acordeón) e Pablo Alonso (clarinete baixo).
No seu álbum Fulgor (2019), Budiño interpreta por primeira vez coa súa voz as melodías das cancións.[1] Neste álbum mestura elementos da música tradicional galega coa electrónica ou o pop.
A carreira musical de Budiño permitiulle levar a música galega polo mundo, con actuación en cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Frankfurt, Milán, Glasgow ou Cidade de México.
Discografía
editar- 1997 - Paralaia
- 2000 - Arredor
- 2004 - Zume de Terra
- 2004 - Colabora no disco do cantautor Xil Ríos Vai e ven como frautista no tema "Alalá o meu mare"
- 2007 - Home (coas colaboracións de Xoel López, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Jorge Pardo e Jacky Molard)
- 2010 - Volta
- 2013 - Sotaque
- 2019 - Fulgor
Notas
editar- ↑ "«Fulgor», la brillante metamorfosis de Budiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-02. Consultado o 2023-02-22.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Manuel Budiño |