Wladimir Peter Köppen, nado en San Petersburgo o 25 de setembro de 1846 e finado en Graz, Austria, o 22 de xuño de 1940, foi un xeógrafo, meteorólogo, climatólogo e botánico ruso de ascendencia alemá que desenvolveu a súa carreira científica en Alemaña e Austria. A súa grande contribución foi a clasificación climática de Köppen, aínda usada hoxe en día, con algunhas modificacións, para clasificar os climas da Terra, baseándose case en exclusiva nos datos de temperaturas e precipitacións.

Modelo:BiografíaWladimir Köppen

(1921) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Vladimir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1846 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xuño de 1940 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Graz (Alemaña nazi) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo
Universidade de Leipzig
Universidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía, meteoroloxía e Climatoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeógrafo, meteorólogo, botánico, científico da Terra, esperantista, climatólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDeutsche Seewarte (en) Traducir (1875–1919)
The Voeikov Main Geophysical Observatory (en) Traducir (1872–1875) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosElse Köppen, filla Editar o valor en Wikidata
PaisPeter von Köppen Editar o valor en Wikidata  e Alexandra Fedorovna Adelung Editar o valor en Wikidata
IrmánsFriedrich Köppen Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Köppen-186

Traxectoria

editar

De pais alemáns, naceu en Rusia e estudou en Crimea. Doutorouse en Leipzig en 1870 cun estudo sobre os efectos da temperatura no crecemento das plantas. En 1875 empezou a traballar no Observatorio Naval alemán de Hamburgo, onde se fixo responsable do seu servizo de predición meteorolóxica.

A partir de 1884 empezou a traballar nunha clasificación exhaustiva dos climas da Terra, empresa que non culminou ata o 1918, cando publicou a versión completa da súa clasificación, aínda que posteriormente el mesmo lle fixera varias modificacións, datando a última de 1936.

Tamén realizou estudos de paleoclimatoloxía xunta ao seu xenro Alfred Wegener, famoso pola súa teoría da deriva continental e colaborou co climatólogo alemán Rudolf Geiger na elaboración dos cinco volumes da súa obra Handbuch der Klimatologie (Manual de Climatoloxía, en tradución literal ao galego).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar