William Moulton Marston
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O doutor William Moulton Marston, nado o 9 de maio de 1893 e finado o 2 de maio de 1947, coñecido polo pseudónimo de Charles Moulton, foi un psicólogo, teórico, inventor e autor de cómics que creou o personaxe Wonder Woman.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1893 ![]() Saugus, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 2 de maio de 1947 ![]() Rye, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | Cancro de pel ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Ferncliff ![]() |
Educación | Universidade Harvard ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Psicoloxía e banda deseñada ![]() |
Ocupación | guionista de cómics, escritor, psicólogo, guionista ![]() |
Empregador | Universidade Americana Universidade Tufts ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Holloway Marston ![]() |
Parella | Olive Byrne ![]() |
Nai | Annie Dalton-Marston (Moulton) ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Marston tiña unha relación amorosa coas psicólogas Elizabeth Holloway Marston e Olive Byrne, vivía simultaneamente con ambas e tivo varios fillos con elas. Ambas mulleres influíron na creación da personaxe.
Traxectoria
editarEn 1915, Marston casou coa súa compañeira Elizabeth Holloway, en 1925 comezou unha relación con Olive Byrne, unha estudante de psicoloxía alumna súa; a relación tiña a aprobación da súa muller e, de feito, a moza foi vivir co matrimonio. Entre 1928 e 1933 Marston tivo dous fillos coa súa esposa e tres fillos con Byrne. Para manter a aparencia, a parella de Marston adoptou legalmente os fillos de Byrne. Cara ao exterior presentáronse como unha familia convencional cunha coidadora. Os nenos non souberon a verdade ata 1963, cando Holloway lles revelou que o seu pai adoptivo era o seu pai biolóxico.
Despois da súa morte, as súas dúas mulleres seguiron vivindo xuntas. Olive estivo na casa coidando os nenos mentres Elizabeth traballaba como profesora universitaria; a convivencia durou ata a morte por causas naturais de Olive Byrne en 1985.
Educación e carreira
editarEstudou na Universidade de Harvard, licenciouse en 1915 e foi máster en dereito en 1918. En 1921, completou os seus estudos de doutoramento no campo da psicoloxía. Despois de ensinar na American University en Washington DC e na Universidade de Tufts, Massachusetts, Marston viaxou á Universal Studios, en California, en 1929 onde traballou durante un ano como director de servizos públicos.
Ao rematar os seus estudos investigou os conceptos de «vontade» e «poder» e os seus efectos na personalidade e no comportamento humano, tamén estudou a conciencia as cores, as emocións primarias e os síntomas corporais. Os seus descubrimentos foron unha valiosa contribución ao campo da psicoloxía.
Detector de mentiras
editarMarston é o creador do primeiro dispositivo funcional para detectar mentiras, grazas á súa adaptación de instrumentos para medir a presión arterial no corpo e outros cambios corporais. A súa invención é a base do polígrafo desenvolvido por John Augustus Larson.
O modelo teórico DISC
editarWilliam Moulton Marston fixou o seu interese psicolóxico nas persoas «normais» ou típicas. Estaba interesado nos retos diarios das persoas comúns. Non lle interesaba a conduta psicótica ou a enfermidade mental, quería desenvolver unha unidade de medida da «enerxía mental», é dicir «entender e describir o comportamento humano normal» de acordo a como cada persoa distribúe, manexa, exterioriza esta enerxía mental en 4 «direccións»:
- Dominio.
- Influencia.
- Submisión.
- Conformidade.
Pronto se daría conta de que o comportamento das persoas correspondía a unha destas categorías e de que as relacións humanas atravesaban este patrón. Máis adiante suma un quinto eixo, o do Autocontrol emocional, relacionado co «Equilibrio entre Emoción e Racionalidade», moi asociado ao que hoxe coñecemos como a Intelixencia emocional.
En 1928 publicou Emotions of Normal People e aínda que escribira acerca do modelo DISC catro anos antes, foi neste libro onde presentou formalmente a Teoría DISC. En 1931 publicou un segundo libro acerca da teoría, Integrative Psychology. A Teoría DISC foi un dos primeiros intentos de aplicar psicoloxía a persoas ordinarias, fóra dun ámbito puramente clínico.
Historietista de Wonder Woman
editarEn 1941, Marston, baixo o pseudónimo de Charles Moulton, creou o cómic Wonder Woman para DC Cómics: unha princesa amazona que era a protagonista do seu propio cómic e non a parella do heroe.
Marston atopábase convencido de que as mulleres eran máis honestas e máis confiables que os homes e de que podían traballar máis rápido e con maior precisión. Ao longo da súa vida, avogou pola causas das mulleres da época, postulou que hai unha noción masculina de liberdade que, é inherentemente anárquica e violenta, e unha noción feminina oposta baseada no «encantamento amoroso» que leva a un estado ideal de submisión en que se ama a autoridade.
A súa visión crítica de certos estereotipos de xénero na cultura popular é expresado nun artigo de 1944 publicado en American Scholar:
Nin sequera as mulleres queren ser mulleres mentres o noso arquetipo de femineidade careza de forza, fortaleza e poder… O remedio obvio é crear un personaxe feminino con toda a forza de Superman máis todo o encanto dunha muller bela e boa (Marston, 1944). [1]
Cinema
editarEn 2017 a etapa da súa vida na que creou Wonder Woman foi levada ao cinema na película Professor Marston and the Wonder Women, o papel protagonista foi interpretado por Luke Evans.
A película trasládanos ao campus universitario feminino de Radcliffe (que máis tarde se integrou en Harvard) a principios dos anos vinte, onde o profesor Marston ensinaba a recentemente incorporada materia de psicoloxía mentres a súa muller, Elizabeth, igual de brillante que el, tíñase que conformar con traballar ao seu lado sen dereito a unha praza propia por culpa da discriminación de xénero.
Unha das máis famosas frases do profesor Marston tamén está incluída na película, case a modo de epílogo: «Se o home ten unha natureza anárquica e violenta e a muller cariñosa e protectora, entón elas deberían gobernar o mundo».[2]
Notas
editar- ↑ "Wonder Woman: Mitología, feminismo y ¿'bondage'?". ELMUNDO (en castelán). 2016-03-23. Consultado o 2019-04-29.
- ↑ Martínez, Beatriz (2018-02-08). "Así fue la vida poliamorosa del creador de Wonder Woman". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-16.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Martinez. B (2018). El pais, así fue la vida poliamorosa del creador de Wonder Woman https://elpais.com/elpais/2018/02/07/tentaciones/1517994536_386884.html
- B.B Borges (20016) Madrid. "Wonder Woman: Mitología, feminismo y ¿'bondage'?", ELMUNDO. https://web.archive.org/web/20190412203043/https://www.elmundo.es/cultura/2016/03/23/56e9aa0f46163f261c8b45bd.html
- https://elpais.com/elpais/2018/02/07/tentaciones/1517994536_386884.html
- https://www.elmundo.es/cultura/2016/03/23/56e9aa0f46163f261c8b45bd.html