DC Comics
DC Comics é unha editorial estadounidense de banda deseñada. Forma parte de DC Entertainment,[1] unha das empresas que conforman Warner Bros. Entertainment, a cal á súa vez é propiedade de WarnerMedia. Foi fundada en 1934 baixo o nome National Allied Publications, para logo tomar o nome de DC Comics en 1937. As iniciais «DC» son unha abreviatura de Detective Comics, un dos primeiros títulos emblemáticos da compañía.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/3d/DC_Comics_logo.svg/250px-DC_Comics_logo.svg.png)
Entre algúns das súas personaxes máis senlleiras atópanse Superman, Batman, Wonder Woman, Catwoman, Flash, Cyborg, Lanterna Verde, Aquaman, Green Arrow, Supergirl, Batgirl, Batwoman, Black Lightning, Jonah Hex,Shazam e grupos de heroes como Liga da Xustiza, Sociedade da Xustiza de América, ou Teen Titans, Green Lantern Corps. Entre o material non relacionado co seu universo heroico están Watchmen, V de Vendetta, The Sandman e moitos outros, polo xeral baixo o subselo editorial como Vertigo ou Milestone Media. A súa sede principal atopábase historicamente na cidade de Nova York, mais dende 2015 mudaron as súas oficinas á cidade de Burbank, California.[2]
Notas
editar- ↑ Melrose, Kevin (10 de outubro de 2009). "DC Entertainment - what we know so far". Comic Book Resources. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2009.
- ↑ Hoovers (ed.). "DC COMICS INC. Company Information".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: DC Comics |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)