Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-04-2011/Novas e anuncios
A Galipedia acada os 70.000 artigos
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/f/fa/Wiki8anos.png)
A Galipedia vén de celebrar o seu oitavo aniversario
O pasado 12 de marzo marcouse o reto de conseguir, nun só día, 500 artigos novos co gallo do aniversario da Wikipedia en galego. Finalmente, quedamos ás portas de atinxir a cifra: 451 artigos novos. Malia isto, o fito supuxo un notable incremento nos contidos desta enciclopedia libre, dado que o ritmo actual de creación é de 1.000 artigos ao mes. Vaites!, no que vai de ano é o segundo reto non superado por un chisco: tampouco conseguiamos este xaneiro as 5.000 edicións inicialmente propostas, quedamos en 4.540.
E o vindeiro reto? Aínda non se organizou nada.
Dúas semanas despois, o 26 de marzo, o artigo Pablo Sarasate convertíase no número 70.000, cifra que sitúa a Galipedia no posto 40 na clasificación de wikipedias por número de artigos, perseguidos polo newari a 600 artigos e co estoniano diante a máis de 13.000 artigos, difícil pillalos.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/38/451artgalip.png/600px-451artgalip.png)