Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-03-2011/Novas e anuncios
A Galipedia celebra o seu oitavo aniversario
A Galipedia leva 8 anos de andaina na rede
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/f/fa/Wiki8anos.png)
O 8 de marzo a Galipedia fixo oito anos de vida! O noso aniversario vén precedido polo da nosa irmá maior, a Wikipedia en inglés, que cumpriu unha década en xaneiro. Neste pasado xaneiro os usuarios da Galipedia bateron a plusmarca de edicións nun único día realizando ata 4.540 edicións en artigos e páxinas. Malia isto, non se conseguiu o reto inicial que se fixara: acadar as 5.000 edicións.
Historia da Galipedia
A Wikipedia en galego apareceu o 8 de marzo de 2003. Nese mesmo día, rexistrouse o usuario máis antigo, ILVI. Axiña comezou a traballar na que sería a primeira versión da Portada. E non sería ata catro días despois cando creou o primeiro artigo da base de datos: ou. Logo seguiría con outras entradas como cal, ciencias experimentais, ciencias humanas, ciencias ocultas, ciencias aplicadas e botánico.
Meses despois rexistrouse Agremon e converteuse no primeiro administrador galego da Wikipedia en galego. El mesmo emprega por vez primeira o termo Galipedia para referirse amigablemente ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, mentres tanto, a Galipedia vai sendo citada por algunhas páxinas web de xornais e outras entidades, que se interesan polo labor realizado nela.
A Galipedia nestes intres |
---|
A Galipedia execútase na versión 1.44.0-wmf.16 (fbbe3b2) de MediaWiki. |
Ten 218.539 artigos e 536.924 páxinas en total. |
Fixéronse 6.959.303 edicións. |
Hai 37 ficheiros cargados. |
Existen 152.085 usuarios rexistrados, incluíndo 6 administradores. |
Esta información era correcta o 13 de febreiro de 2025 ás 15:35 (UTC). |
Celebración
Durante as datas conmemorativas, e como vén sendo habitual, a Galipedia lucirá un logo especial que reflicta o acontecemento. Tamén aparecerá unha nota na parte superior das páxinas animando a calquera a unirse ao reto proposto, detallado a continuación.
Reto
Nesta ocasión, o reto inicialmente proposto é chegar aos 70.000 artigos válidos. Máis concretamente, está organizada para o sábado 12 de marzo a denominada maratón galipédica, que nun principio propón a creación de 500 artigos novos cun mínimo de 15-20 liñas. Os que queiran participar, poden inscribirse tamén nesta páxina para poder levar unha camiseta como agasallo polo labor realizado.
- Podedes facer un seguimento de todo o que se está a argallar en Wikipedia:A Taberna (novas)#Galipedia vai cumprir 8 anos.
E o vindeiro mes...
... resumiremos o que deu de si este fito galipédico. Veremos se cumprimos o reto. Ánimo a todos e adiante!
O dos 2.000.000 de edicións para cando se pensou? Creo que se fixeron mal os cálculos. É meramente imposíbel telas para o día de aniversario. --Atobar (conversa comigo) 20:12, 2 de marzo de 2011 (UTC)
- Pois vai ser que si! --Toliño Fala aquí comigo 20:18, 2 de marzo de 2011 (UTC)
Retirado. Tomei os datos directamente da Taberna e non me dei de conta de que era inviable. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:21, 2 de marzo de 2011 (UTC)
E o reto dos 500 artigos é para facer nun só día, como quedamos na conversa sería o día 12, ¿podes cambiar iso tamén?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:46, 4 de marzo de 2011 (UTC)
Feito! Queda o sábado 12, logo. --Toliño Fala aquí comigo 10:37, 5 de marzo de 2011 (UTC)
- Incluín tamén o das camisetas. --Toliño Fala aquí comigo 10:40, 5 de marzo de 2011 (UTC)
- Moi ben, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:33, 6 de marzo de 2011 (UTC)
Presenza nos medios:
- "A Galipedia, versión en galego da Wikipedia, cumpre hoxe oito anos de vida", Xornal de Galicia, 8 de marzo de 2011.
- "A Galipedia cumple mañá oito anos" La Voz de Galicia, 7 de marzo de 2011.
Xa non está o aviso do aniversario e do reto do día 12 no comezo das páxinas, ¿xa se quitou ou hai algún problema?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:13, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Eu sigo véndoo aí. De feito, modifiqueino esta mañá porque onte puxera "Hoxe, 8 de marzo, celebramos..."; agora pon "O pasado 8 de marzo...". --Toliño Fala aquí comigo 14:16, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Si, si que está. É que pola mañá entrei co Internete Exploter e non aparecía. Non sei o que lle faría, boeno, éche o que hai, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:13, 9 de marzo de 2011 (UTC)