Wikipedia:Primeiro wikimaratón do audiovisual
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Facultade_de_Ciencias_Sociais_e_da_Comunicaci%C3%B3n_de_Pontevedra.jpg/220px-Facultade_de_Ciencias_Sociais_e_da_Comunicaci%C3%B3n_de_Pontevedra.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/28/J_Sellier_Vista_xeral_dos_Cantons_%281885-1900%29.jpg/220px-J_Sellier_Vista_xeral_dos_Cantons_%281885-1900%29.jpg)
O sábado 28 de novembro de 2015 vaise realizar o primeiro Wikimaratón do audiovisual.
Este evento está promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Galipedia. Nel traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados con todos os temas relacionados co audiovisual galego.
Un wikimaratón é unha reunión (presencial e virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Academia Galega do Audiovisual- e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.
Cando, onde e como
editarEsta actividade terá lugar o 28 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, situada no Campus da Xunqueira (como chegar?). Comezará ás 10:00 e vaise desenvolver durante toda a mañá (máis abaixo pode verse o programa).
Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir presencialmente. Así, amais de editar, é posible coñecer a outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto. Pero se non podes vir, tamén podes participar a distancia.
Programa de actividades
editar- 10:00-10:30 Benvida e presentación da xornada.
- 10:30-11:00 Que é a Galipedia? Filosofía, principios, organización, comunidade.
- 11:00-11:30 Como se edita a Galipedia? Introdución á edición co Editor visual.
- 11:30-11:50 Pausa para o café.
- 11:50-12:00 Repaso de obxectivos de edición e distribución de tarefas.
- 12:00-13:45 Edición dos artigos.
- 13:45-14:00 Revisión do traballo realizado e planificación do traballo restante.
Información para participantes
editarCuestións xerais
editarTanto se optas por achegarte ata Pontevedra, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.
E se aínda non tes un usuario, non esquezas crear unha conta antes: así poderás identificarte cun nome e non co enderezo IP do equipo desde o que te conectes. E aínda hai máis vantaxes.
Ah, e non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.
Se vas participar presencialmente, podes traer o teu ordenador portátil: así só terás que conectarte á rede sen fíos da Facultade para poder traballar, pero se non o queres traer, poderás traballar tamén nun dos ordenadores da aula de informática onde se vai realizar a actividade (limitado a uns 38 equipos).
Artigos propostos
editarPara coordinarnos, e non facer varias veces o mesmo traballo, o mellor é que antes de comezar a editar un artigo lle poñas o aviso {{En uso}} na páxina do artigo e a gardes. Logo anota na táboa de abaixo que estás a traballar con el e así todo o mundo saberá que xa está collido e distribuiremos mellor os esforzos. |
Artigos a mellorar
editarArtigo | Usuario | Notas | |
---|---|---|---|
1 | O bosque animado | (a encher) | (a encher) |
2 | Os luns ó sol | (a encher) | (a encher) |
3 | Trece badaladas (filme) | (a encher) | (a encher) |
4 | O lapis do carpinteiro (filme) | (a encher) | (a encher) |
5 | Carlos Sedes | (a encher) | (a encher) |
6 | Jorge Algora | (a encher) | (a encher) |
7 | Alfonso Zarauza | (a encher) | (a encher) |
8 | Sandra Sánchez | (a encher) | (a encher) |
9 | Apaga a luz | (a encher) | (a encher) |
10 | Era visto! | (a encher) | (a encher) |
11 | Historia do cine en Galicia | (a encher) | (a encher) |
12 | Piti Sanz | (a encher) | (a encher) |
13 | Pazo de familia | (a encher) | (a encher) |
14 | Urxa | (a encher) | (a encher) |
15 | Eloy Lozano | (Barto Fiallega) | (a encher) |
16 | [[]] | (a encher) | (a encher) |
17 | [[]] | (a encher) | (a encher) |
18 | [[]] | (a encher) | (a encher) |
19 | [[]] | (a encher) | (a encher) |
20 | [[]] | (a encher) | (a encher) |
Artigos a iniciar
editarArtigo | Usuario | Notas | |
---|---|---|---|
1 | Somos xente honrada | (a encher) | (a encher) |
2 | Stop motion | (a encher) | (a encher) |
3 | Carlos Iglesias Serrano | (a encher) | (a encher) |
4 | Daniel Monzón | (a encher) | (a encher) |
5 | Alejandro Marzoa | (a encher) | (a encher) |
6 | Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación | (a encher) | (a encher) |
7 | Kinetógrafo | (a encher) | (a encher) |
8 | José Pradera | (a encher) | (a encher) |
9 | The singing fool | (a encher) | (a encher) |
10 | Guillermo Represa | (a encher) | (a encher) |
26 | Carlos Asorey | (Usuario:Barto Fiallega) | (a encher) |
12 | Xavier R. Lourido | (a encher) | (a encher) |
13 | Miguel Insua | (a encher) | (a encher) |
14 | Pablo Barreiro | (a encher) | (a encher) |
15 | Miguel Ángel Trujillo | (a encher) | (a encher) |
16 | Belas dormentes | (Usuario:Barto Fiallega) | (a encher) |
17 | Clive Arrindell | (a encher) | (a encher) |
18 | Teresa Gimpera | (a encher) | (a encher) |
19 | A casa das belas adormentadas | (a encher) | (a encher) |
20 | Juan Pinzás | (a encher) | (a encher) |
21 | Xosé Morais | (a encher) | (a encher) |
22 | Celso Parada | (a encher) | (a encher) |
23 | María Liaño | (a encher) | (a encher) |
24 | Suso Bello | (a encher) | (a encher) |
25 | Marta Villar | (a encher) | - |
26 | Gallego / Galego | (a encher) | - |
27 | Sempre Xonxa en Petín | (a encher) | (a encher) |
28 | O baile das ánimas | (a encher) | (a encher) |
29 | Maldito bastardo! | (a encher) | (a encher) |
30 | Javi Camino | (a encher) | (a encher) |
31 | Linguas cruzadas | (a encher) | (a encher) |
32 | Xaime Fandiño | (a encher) | (a encher) |
33 | Dagon | (a encher) | (a encher) |
34 | Dhogs | (a encher) | (a encher) |
35 | Andrés Goteira | (a encher) | (a encher) |
35 | A Promesa | (a encher) | (a encher) |
36 | Querido Tomás (filme) | (a encher) | (a encher) |
37 | Alber Ponte | (a encher) | (a encher) |
38 | Fisterra, onde termina o mundo | (a encher) | (a encher) |
39 | Os outros feirantes (Miniserie de TV) | (a encher) | (a encher) |
40 | O sexo dos anxos | (a encher) | (a encher) |
41 | Novo cinema galego | (a encher) | (a encher) |
42 | Vaca Films | (a encher) | (a encher) |
43 | Emma Lustres | (a encher) | (a encher) |
44 | Alberte Branco | (a encher) | (a encher) |
Axuda para a edición
editarApúntate!
editarSe che apetece participar no wikimaratón, agradecémosche que te apuntes nesta sección editándoa (só tes que premer na ligazón "editar a fonte" de arriba) e engadindo abaixo a túa sinatura cos caracteres: ~~~~
- Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 14:35 (UTC)
- --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de novembro de 2015 ás 12:25 (UTC)
- Mayka Braña (conversa) 17 de novembro de 2015 ás 19:25 (UTC)
- Andrés Rozados (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 10:25 (UTC)
- Barto Fiallega (conversa) 25 de novembro de 2015 ás 10:09 (UTC)
- Beyonsana (conversa)
- Myanllo (conversa) 28 de novembro de 2015 ás 09:23 (UTC)
- --Alfonso mande 28 de novembro de 2015 ás 11:20 (UTC)
Galencontro
editarSe queres participar no galencontro que faremos despois da xornada, apúntate aquí para poder saber quen se vai a achegar e poder así organizarnos. Quedaremos para comer nalgún sitio, pero se non podes vir á comida, tamén podes apuntarte para vir tomar o café.
--Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 12:39 (UTC)
Resultados
editarDespois do remate do evento engadiremos nesta sección información sobre o seu desenvolvemento e os resultados acadados.
Mencións nos medios
editar- Máis presenza do audiovisual na Galipedia en La Voz de Galicia
- "Organízase a primeira wikimaratón do audiovisual galego", en Galicia Confidencial
- "O sábado 28 celébrase en Pontevedra o primeiro Wikimaratón do audiovisual", en Código Cero
- "Queres mellorar a Galipedia? Pontevedra acolle o primeiro Wikimaratón do Audiovisual", en Pontevedra Viva
- "Primeiro Wikimaratón do Audiovisual en Pontevedra", en Ocio en Galicia
- "Pontevedra acogerá el primer wikimaratón" en Faro de Vigo
- "Primeiro wikimaratón do Audiovisual" en Está cerca
- "O sábado 28 celébrase en Pontevedra o primeiro Wikimaratón do Audiovisual" en Cluster TIC Galicia
- Programa A Tarde na Radio Galega (a partir de 26:56)
- "Mañá celébrase o primeiro Wikimaratón do audiovisual galego", na web da CRTVG
- Páxina en Facebook da Academia
Desenvolvemento do wikimaratón
editarO pasado día 28 de novembro desenvolveuse o primeiro wikimaratón do audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, ata alí achegámonos Estevoaei e máis eu para contarlles algunhas cousas da Galipedia e axudarlles no que puidésemos.
Á charla asistiron entre dez e quince persoas, por riba da media destes eventos :), e o que fixemos foi dar unha charla de introdución á Galipedia e despois fixemos un pequeno obradoiro de edición co Editor Visual. Os asistentes participaron en todo momento facendo preguntas e comentando detalles e problemas que atopaban no proxecto, que facilitaron que as exposicións fosen máis amenas. Un dos problemas recorrentes foi o da limitación ó uso de imaxes con dereitos de autor, o fair use, que comentamos con detalle e espero que quedara claro (como idea anoto aquí facer ou revisar as páxinas da wiki que tratan o tema para que quede ben explicado). Tamén falamos doutros aspectos dos dereitos de autor relacionados con imaxes que se ceden a outros, este tema é complicado e hai que revisalo caso por caso pero achegamos algunhas formas de axeitar esas fotos a Commons, e tamén comentamos o sistema Wikipedia:OTRS.
Despois das charlas fixemos unha pausa para coller forzas e despois puxémonos a editar algúns dos artigos e a resolver as dúbidas que aínda quedaban.
Para rematar comentamos ós asistentes e á xente da Academia Galega do Audiovisual que se seguían interesados en traballar no tema do audiovisual, podería facerse un wikiproxecto sobre o tema e así facer un grupo de traballo e ter un espazo onde organizarse. Tamén falamos un pouco sobre a forma de conseguir algunha imaxe ou vídeos curtos de películas galegas antigas que poidan estar en dominio público.
Ó final foi unha xornada moi interesante e tamén bastante produtiva, esperemos que o wikiproxecto vaia adiante e que esta actividade continúe os vindeiros anos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2015 ás 00:48 (UTC)