Juan Pinzás
Juan Pinzás Cerqueira, nado en Vigo o 26 de novembro de 1955[1] é un guionista, produtor e director de cinema galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1955 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou no Instituto de Estudos Electrónicos de Vigo para logo marchar a Madrid, onde rodou filmes en Super 8. O cineasta Ismael González Díaz contratouno como actor e axudante de dirección, co que conseguiu produción para a curtametraxe Opus I Homo Hominis. En 1982 fundou xunto á súa esposa Pilar Sueiro a produtora cinematográficas PS Films (Pilar Sueiro Films), así como Atlántico Films en 1984.[2]
En 1986 conseguiu dirixir a súa primeira longametraxe, La gran comedia, con Rosalía Dans, José Luis López Vázquez e Luis Escobar. Tardaría cinco anos en poder realizar o seu segundo filme.[2]
En 2000 converteuse no único director español que se adheriu aos postulados artísticos do Dogma 95 cos que rodou unha triloxía de filmes iniciada con Era outra vez.[2]
É o pai do compositor de bandas sonoras Juan Manuel Sueiro.[1]
Filmografía
editarLongametraxes
editar- 1985: La gran comedia. Exhibida no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
- 1991: O xogo das mensaxes invisibles,[2] con Antonio Ferrandis, adaptación da novela de Álvaro Pombo El hijo adoptivo. Premio Glauber Rocha ao Mellor Filme no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz.
- 1995: La leyenda de la doncella. Colón de Prata do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva.
- 2000: Era outra vez. Primeiro filme da triloxía Dogma.
- 2002: Días de voda, segundo filme da triloxía Dogma. Mellor director e actor (Javier Gurruchaga) nos Premios ACE.
- 2005: O desenlace, última da triloxía Dogma. Premio Especial do Xurado de LaCinemaFe (Latin American Cinema Festival), mellor actor nos premios ACE José Sancho, mellor guión no Miami Latin Film Festival.
- 2009: Las imágenes perdidas. La otra mirada (documental no que participaron Paul Naschy e Javier Gurruchaga).
- 2013: New York Shadows.[3] Con Lindsey Ireland e Javier Gurruchaga).
Curtametraxes
editarEn Super 8 (1977-1980)
editar- Mónica
- Aconteceu en Galicia
- O derradeiro Fiana
- Amanece en Vigo
- Reflexión
- Ensueños
En 35 mm
editar- Opus I Homo Hominis (1981), mención especial no Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxes de Bilbao.
- Augurio
- Virginal
- Vestida de fiesta
- Una historia gallega
- El tubo de rayos catódicos
- Cien puntos para Julián Pintos
- La tercera mujer
- Añoranzas
- Juego decisivo
- La esfera
- Gula
- Mujer, mujer
- Carmín
- Hechizo
- El rito
- Muñeca de azul
- Cinefilia
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía na páxina oficial da produtora Atlántico Films.